Domingo, 26 de Agosto de 2007

Salva á porrista, salva ó portadista

A edición británica de FHM vén de lanzar unha edición especial con 4 portadas diferentes da serie Heroes:
as catro portadas de FHM
¿É preciso que diga que xa encarguei a seguinte?
Portada de FHM debuxada por Tim Sale
Pois a verdade é que a porrista en plan Jessica Rabbit e a fotografía de Masi con Hayden non me calaron tan fondo coma o debuxo de Tim Sale… ¡que é máis friki!
A edición especial da revista supoño que se replicará nos EE.UU., pero en España non se arriscarán nin a meter as reportaxes no interior da revista, porque aquí o seguemento de Heroes é moi desigual. Iso si, a Hayden Panettiere xa pode saír nas revistas esas sen problemas porque cumpriu os 18 anos este verán, aínda que non lle viría mal antes que lle entrase algo de sentidiño na cabeza.

¿Qué sabes de Rusia?

A televisión de cando en vez agasállanos con grandes momentos coma cando o embaixador ruso lle preguntou a unha candidata a Miss España aquilo de “¿que sabes de mi país?” e á rapaza só lle faltou dicir que facían unhas ensaladillas caralludas :P
A historia tende a repetirse e no concurso Miss Teen USA deste ano a candidata de Carolina do Sur tivo que responder a unha pregunta de Aimee Teagarden na que dicía “Enquisas recentes amosan que a quinta parte dos norteamericanos no saben situar EE.UU. nun mapamundi. ¿Por qué cres que pasa isto?“:

Si, si, a resposta é a hostia: “Creo que os norteamericanos son incapaces de facelo porque algunha xente no noso país non ten mapas, e eu penso que a educación, por exemplo, en Sudáfrica e Iraq, calquera lugar, por exemplo, e creo que eles poderían, a nosa educación aquí, nos EE.UU. , debería axudar ós EE.UU., ou debería axudar a Sudáfrica e debería axudar a Iraq e ós países asiáticos, e así poderiamos ser quen de fornecer o noso futuro“. ¿Un pouco confusa a tradución? Vaia, pero é que a rapaza constrúe as oracións así de ben… sobra dicir que non gañou o concurso, ¿verdade? Pero a xente a vai a lembrar nos EE.UU. como nós lembramos á Miss Melilla de 2001:

ACTUALIZACIÓN: Xa hai unha camisola dedicada á Miss Carolina do Sur adolescente.

Sábado, 25 de Agosto de 2007

¿Morreu Fidel?

Fidel Castro retratado en PerezHilton.comO rumor que máis se escoita durante esta xornada é que Fidel Castro morreu e que as autoridades cubanas están a agardar ó mellor momento para facer o anuncio oficial. A min esa historia lémbrame remotamente á morto doutro dictador que coñeciamos ben por aquí :(
Unha das webs que fala con máis insistencia do tema é a de PerezHilton (si, esa que se dedica a pintarraxear coñas sobre fotografías de famosos), que leva hora asegurando a morte do dictador. Ás 4 da tarde en Miami (2 da mañá en España) na web din que a súa información é 100% real mentres o resto dos medios publican informacións nas que se asegura que Castro se está a recuperar dunha intervención cirúrxica, pero o certo é que as últimas imaxes do líder cubano en Granma son do mes de xuño. Durante o transcurso do día sairemos de dúbidas, pero quedan claras certas cousas:

  • PerezHilton.com debe de estar a sacar unha chea de cartos por mor do rumor (en base a publicidade)
  • Temos un exemplo de libro de teoría conspiratoria/bulo, xa que mentres non haxa unha proba de vida de Fidel Castro ninguén pode tapar a boca dos que din o contrario
  • Seguimos sen saber qué será de Cuba trala morte de Fidel (¿democracia?)

Algún día teño que mirar eu de soltar algunha exclusiva destas por aquí (non fagades suxestións, que xa sei a nova que tedes todos na cabeza…), a ver se cola :P

Venres, 24 de Agosto de 2007

Nokia N95 vs iPhone

Agora que Manolo Gago volveu das súas vacacións quería dedicarlle unha entrada neste blogue falando do seu desexado Nokia N95, pois en Cnet enfrontaron ós dous terminais dun xeito bastante polémico, coma podedes ver no seguinte vídeo:
Para os que non pillen moi ben o inglés explicarei que Veronica Belmont compara os teléfonos en 5 categorías que relato:

  • Atractivo: estou dacordo coa puntuación: 3-5 a favor do iPhone
  • Navegación: a verdade é que a interface de uso do iPhone é revolucionaria, polo que tamén merece un 4-5
  • Características: nesta sección non coincido en absoluto, pois a diferenza é moi pequena en favor do N95: 5-4
  • Conectividade: temo que aquí a señorita Belmont mete a gamba por confundir os problemas de infraestruturas nos EE.UU. coas prestacións dos terminais e só dá un 4-3, cando o N95 ten Wi-Fi e HSDPA, ou sexa, que é un dos móbiles con mellor conectividade que existen no mercado (o que pasa é que en EE.UU. non tódolos operadores traballas coas mesmas frecuencias de 3G, de xeito que o N95 non vai igual de ben con tódalas compañías)
  • Calidade de son: non os puiden comparar, pero o feito de que o iPhone estea pensado para a música lle vale unha mellor valoración: 4-5

Temos así que o resultado final é de 20-22, ou sexa, que o iPhone superaría ó N95 (comparando os resultados de 3 editores do mesmo medio o resultado final é 56-59, o que indicaría un resultado aínda máis axustado).

Pero, ¿por qué me parece que a comparativa é moi desigual? Sexamos serios, ¿as características globais do móbil só valen a quinta parte da puntuación? ¿Cando un compra un coche valora a suma da potencia e o consumo co mesmo peso que a cor? Está claro que a comparativa está moi sesgada. Hai que recoñecer que o N95 supera en todo ó iPhone agás que ten unha pantalla un pouco máis pequena e resulta menos atractivo exteriormente, pero por outra banda… ¡ten botóns! Os botóns para a marcación de números telefónicos ou coma reprodutor multimedia é moito máis cómodo que fozar cunha pantalla táctil.
Logo, a cámara do N95 é moitísimo mellor que a do iPhone, ¡e permite gravar vídeo! Ademais, o iPhone non ten MMS nin 3G. Co iPhone practicamente só se poden ver documentos mentres que co N95 se poden editar. E non esquezamos o GPS do N95, que nun principio pode parecer irrelevante, pero que pode ser unha prestación que co tempo se converta nun elemento a ter en conta.
Non esquezamos que o N95 acepta tarxetas de memoria, o que resulta moi interesante, e poida que nos vindeiros meses se venda un modelo con 8 Gb de disco que competiría con unllas e dentes co iPhone.

De facer a mesma comparación que no vídeo eu daría as seguintes puntuacións:

  • Atractivo: 4-5
  • Navegación: 5-4
  • Características: 10-6
  • Conectividade: 5-3
  • Calidade de son:4-5

Con estas contas o resultado final sería 28-23, ou sexa, que poría por diante o N95, o que non quere dicir que eu fose a mercar un móbil ou o outro. Continúo a pensar que son terminais moi caros, e que mentres as tarifas planas de datos no móbil non sexan asequibles será difícil tirar proveito dos mesmos. Se Yoigo tivese cobertura en toda Galicia ou o Habla y Navega de Vodafone non limitase a velicidade despois do primeiro Gb de transferencia sería outro cantar. Ou sexa, que para o Nadal haberá que repetir estas elucubracións… agardando que con distintas conclusións ;)

Xoves, 23 de Agosto de 2007

EE.UU. tamén ten talento

As actuacións en Britain’s Got Talent deixaban en total evidencia á merda española de Factor X que só destacou por a canción friki do cinturón, e un dos finalistas británicos, Damon Scott, fíxonolo pasar moi ben parodiando a Michael Jackson con seu mono Bubbles, pero na versión norteamericana a cousa aínda foi mellor. Vede aquí os vídeos da final no que actuaba Terry Fator:
Tralo comezo country, unha imitación de Roy Orbison feita por un sapoconcho me deixou coa boa aberta:
Pero, ¿por qué mola tanto o tío se a versión británica era moito máis divertida? Pois porque Damon Scott só movía ó monicreque, mentres que Fator é ventrílocou, ou sexa, ¡que está cantando el! Para aprecialo mellor recomendo ver a súa versión de Unforgettable:
Incluso se atreve a imitar a Dean Martin:
¿É ou non é todo un maestro este talentoso norteamericano? Como diría Rockefeller: “¡toma Moreno!“.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios