O meu uso de Gmail
En Abadía Digital atopo un meme que considero interesante, pois pregunta polo uso que se fai de Gmail, xa que ó tratarse dunha conta de correo case ilimitada, ten predisposición a encherse de lixo.
Neste momento o meu uso é do 46%:

Recoñezo que supero moitas veces o 50%, pero baleirando a papeleira e eliminando os contidos do cartafol para o spam manteño a capacidade a raia.
Non levo moito tempo usando Gmail de xeito intensivo pois, aínda que tiña a conta de correo dende 2004, paralelamente empregaba outras contas alternativas, pero agora veño máis práctico centralizar as contas en Gmail, pois así evito ocupar xigas de disco en varios ordenadores. Ademais, buscar correos vellos en Gmail é máis rápido que, por exemplo, no propio ordenador empregando Outlook Express ou Thunderbird, polo que agardo que non falle moito o servizo de correo electrónico de Google.
Supoño que a meirande parte da xente ten poucas mensaxes no correo, pois non fan un uso profesional do mesmo, aínda que tamén sospeito que algúns teñen a caixa do correo petada de vídeos e presentacións de PowerPoint (é o que pasa cando non borras o que mandan os colegas en plan coña), pero supoño que esta última tendencia estará en perigo de extinción grazas a YouTube, Slideshare e servizos semellantes.
Veña, botade a lingua a pacer. ¿Qué uso do Gmail (ou o correo que usedes) facedes?






11 comentarios realizados
1. Suevo escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 16:30
joder, eu non chego nin de coña as tuas porcentaxes, na conta persoal que uso habitualmente o 12% (343 MB) e practicamente sen borrar ningún.
2. Manuls escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 16:35
Eu agora estou usando o 20% (540mb) e bueno, contando que o 95% dos emails son texto plano… pois teño bastantes emails ahi
3. Marcus escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 16:52
Manuls, coido que diches no cravo. Eu recibo moito correo en HTML, que ocupa moitísimo máis que en texto plano.
Entre outras cousas, recibo unha chea de boletíns, e borro bastante, pero eses ficheiros ocupan un carallo.
De feito, teño menos de 14.000 mensaxes en Gmail, ou sexa, cuns 100 Kbytes de media por mensaxe.
Precisamente ese elemento é o que me fai criticar sempre as tarifas con límite de transferencia (especialmente no móbil) xa que recibo moito tráfico, e iso sería como pagar polas chamadas telefónicas recibidas… unha carallada.
4. IaRRoVaWo escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 17:34
Eu uso moito o GMail, recibo, máis ou menos, 10 mails ao día (sen contar spam que xa vai directo para o cartafol Spam) e teño un sistema (que xa contarei cal é algún día no meu blog) para ordenar e organizar os mails que recibo, ademáis elimino os mails que xa non preciso, non os deixo da bandexa de entrada.
Agora mesmo acabo de borrar todo o Spam e a Papalera e…
Estás utilizando 257 MB (9%) de tu cuota total de 2894 MB.
5. Marcus escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 17:48
IaRRoVaWo, eu tamén teño unha chea de filtros en Gmail, de xeito que a meirande parte do correo se etiqueta e arquiva automaticamente.
Iso si, o sistema anti-spam, aínda que a cague de cando en vez, funciona moi ben, cousa que non podo dicir doutras solucións que empreguei no pasado.
6. brigantium escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 18:06
Ola!
Este é un tema que facía tempo que che quería comentar…que pensas sobre a privacidade do GMail?
Sobre o que teño ocupado na conta de GMail…pouco, un 1% vintepico MB, a que vai para marcus.es é a que emprego habitualmente, de hotmail, pois…pouco máis, tamén uso a conta de alumnos.uvigo.es que é bastante maliña e tan só deixa 10 MB.
Saudiños
7. brigantium escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 18:06
Por certo, din que o de R esta bastante ben…que opinas?
8. Marcus escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 19:11
Brigantium, eu non me preocupo da privacidade de Gmail, pois a verdade é que só a invaden para amosar publicidade personalizada… e iso o fai unha máquina. Iso si, se levas negocios internacionais deberías utilizar un sistema de correo seguro e encriptado:P
Sobre o correo de R… non gusto nada de el. De feito, leo as contas de R dende Gmail (podes configurar que descargue o correo de varias contas de correo POP3… ¡incluso as da Universidade de Vigo!).
Para min hoxe, ou usas Gmail ou usas un programa de xestión de correo electrónico de escritorio. Esta última opción é normalmente a mellor, e se tes correo IMAP xa non digo nada, pero o certo é que dá máis traballo e precisa de certo coñecemento do que fas, polo que o deixaría para xente con necesidades concretas.
9. brigantium escrito o 30 de Agosto de 2007 ás 22:07
De acordo, graciñas polo consello, aínda que do correo encriptado debéchesmo dicir antes
XD
O tema é que polo que me contaron uns profesores cando aceptas os termos do contrato con GMail estas autorizando non só que os teus datos sexan lidos senón tamén que non che aseguren que os vaian borrar - é curioso a mensaxe que aparece cando se elimina unha mensaxe - xa que GMail se rexe polo lexislación dos EE. UU. do inefable G.Bush.
Pola contra Hotmail acepta a lexislación europea, motivo polo cal xa foi multado, precisamente, por invadir a privacidade dos usuarios.
Fixeime que no blog de Andrés Milleiro tamén hai unha entrada ao respecto sobre o tema da privacidade en GMail.
Non sei se é certo todo esto que che conto, evidentemente son profesores da miña Universidade (que non da miña carreira), aos cales, aínda que non me caían moi ben lles concedo bastante crédito.
Perdón polo tocho, a ver se ti me podes comentar algo máis.
Saudiños
10. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 1:12
Brigantium, o de Gmail é certo, como tamén é certo que cando subes un vídeo a YouTube estás a darlle os dereitos do mesmo a Google. Esas cousas en Europa non se sosteñen legalmente, pero en EE.UU. é outro cantar.
O que hai que preguntarse é: ¿qué vai querer mirar Google no meu e-mail? Se a resposta é “nada” non tes de qué preocuparte, se tes outra resposta que dar… ¡¿qué fas usando un enderezo correo electrónico público?!
Nun principio Gmail pon esas cláusulas de acceso ós teus correos porque utiliza esa información para amosar publicidade, e tamén pide o permiso para poder comprobar que non fas un uso fraudulento do seu espazo de disco (así poderían evitar que o Gmail se convertese nunha rede P2P). Iso si, hai ter en conta que, aínda que Google non queira entrar no teu correo… ¡o Goberno dos EE.UU. pódeo facer! E iso si que preocupa a moita xente (velaí a chave do problema). Os que escoitaran falar algunha vez de Echelon ou Carnivore saben a qué me refiro
11. brigantium escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 15:13
Pois a iso último me refería eu tamén, o de lle dar o visto e prace o goberno dos EE. UU., que esta en tan boas mans…
Saudiños