Nokia N95 vs iPhone
Agora que Manolo Gago volveu das súas vacacións quería dedicarlle unha entrada neste blogue falando do seu desexado Nokia N95, pois en Cnet enfrontaron ós dous terminais dun xeito bastante polémico, coma podedes ver no seguinte vídeo:
Para os que non pillen moi ben o inglés explicarei que Veronica Belmont compara os teléfonos en 5 categorías que relato:
- Atractivo: estou dacordo coa puntuación: 3-5 a favor do iPhone
- Navegación: a verdade é que a interface de uso do iPhone é revolucionaria, polo que tamén merece un 4-5
- Características: nesta sección non coincido en absoluto, pois a diferenza é moi pequena en favor do N95: 5-4
- Conectividade: temo que aquí a señorita Belmont mete a gamba por confundir os problemas de infraestruturas nos EE.UU. coas prestacións dos terminais e só dá un 4-3, cando o N95 ten Wi-Fi e HSDPA, ou sexa, que é un dos móbiles con mellor conectividade que existen no mercado (o que pasa é que en EE.UU. non tódolos operadores traballas coas mesmas frecuencias de 3G, de xeito que o N95 non vai igual de ben con tódalas compañías)
- Calidade de son: non os puiden comparar, pero o feito de que o iPhone estea pensado para a música lle vale unha mellor valoración: 4-5
Temos así que o resultado final é de 20-22, ou sexa, que o iPhone superaría ó N95 (comparando os resultados de 3 editores do mesmo medio o resultado final é 56-59, o que indicaría un resultado aínda máis axustado).
Pero, ¿por qué me parece que a comparativa é moi desigual? Sexamos serios, ¿as características globais do móbil só valen a quinta parte da puntuación? ¿Cando un compra un coche valora a suma da potencia e o consumo co mesmo peso que a cor? Está claro que a comparativa está moi sesgada. Hai que recoñecer que o N95 supera en todo ó iPhone agás que ten unha pantalla un pouco máis pequena e resulta menos atractivo exteriormente, pero por outra banda… ¡ten botóns! Os botóns para a marcación de números telefónicos ou coma reprodutor multimedia é moito máis cómodo que fozar cunha pantalla táctil.
Logo, a cámara do N95 é moitísimo mellor que a do iPhone, ¡e permite gravar vídeo! Ademais, o iPhone non ten MMS nin 3G. Co iPhone practicamente só se poden ver documentos mentres que co N95 se poden editar. E non esquezamos o GPS do N95, que nun principio pode parecer irrelevante, pero que pode ser unha prestación que co tempo se converta nun elemento a ter en conta.
Non esquezamos que o N95 acepta tarxetas de memoria, o que resulta moi interesante, e poida que nos vindeiros meses se venda un modelo con 8 Gb de disco que competiría con unllas e dentes co iPhone.
De facer a mesma comparación que no vídeo eu daría as seguintes puntuacións:
- Atractivo: 4-5
- Navegación: 5-4
- Características: 10-6
- Conectividade: 5-3
- Calidade de son:4-5
Con estas contas o resultado final sería 28-23, ou sexa, que poría por diante o N95, o que non quere dicir que eu fose a mercar un móbil ou o outro. Continúo a pensar que son terminais moi caros, e que mentres as tarifas planas de datos no móbil non sexan asequibles será difícil tirar proveito dos mesmos. Se Yoigo tivese cobertura en toda Galicia ou o Habla y Navega de Vodafone non limitase a velicidade despois do primeiro Gb de transferencia sería outro cantar. Ou sexa, que para o Nadal haberá que repetir estas elucubracións… agardando que con distintas conclusións ![]()






10 comentarios realizados
1. Manuls escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 20:53
Non é bastante simple a elección, eu como fanboy de Apple elixiría o iPhone sin dudalo, pero que non sexa 3G tírame moito para atrás, ademais da calidade da camara, que é moi pouca. Cousas que si ten o N95, que é 3G e ten 5MPx na camara, con autofocus e todo… polo que non sei, se teño o diñeiro para mercar un, seguramente pillaria o N95… aínda que o iPhone mola moito!!
ARGGHH! MERDA!!
2. BitSpain escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 21:48
Nosotros hace un par de días hemos publicado algo menos técnico, con adjetivos como “racional” para el N95 e “irracional” para el iPhone.
3. magago escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 21:50
Coincido contigo en todo, Marcus, agás nunha cousa: o do teclado. Eu creo que o iPhone debe permitir escribir con máis facilidade que os teclados típicos de móbil, que son unha tortura…, e xa non digo unha crónica, senón mensaxes máis curtas.
Polo demáis, obxectivamente o n95 é moito mellor. Pero xa sabemos que Apple é a única empresa informática capaz de pórlle prezo á emoción, o cal ten tamén moito mérito.
4. Marcus escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 22:41
#1 Manuls, nótase que o Campo Distorsionador da RealidadeTM de Steve Jobs ten moito efecto en ti. Si, o iPhone é moi molón, pero ata que o teñas diante e o uses varias horas non podes saber se vale o que hai que pagar por el. A min paréceme unha pasada de reprodutor multimedia, pero coma teléfono teño as miñas dúbidas (iso de non mandar MMS, non gravar vídeo e non ter 3G). Supoño que cando lancen un iPhone 2.0 será a rehostia.
#2 BitSpain, tedes moita razón coa irracionalidade do iPhone, pero nun par de semanas coñeceremos os plans de lanzamento do terminal en Reino Unido, Francia e Alemaña, e igual parten de contratos de tarifa plana de datos xunto cun prezo competitivo. Se o iPhone custase menos de 200 euros (o que sería posible se forzan a pillar un consumo mínimo mensual de 49 euros, por exemplo) si podería ter éxito en Europa, pero se o N95 contase cunha boa subvención por parte dalgunha operadora tamén se vendería coma churros.
#3 Manolo, cando defendo as teclas estou a destacar a sensación de feedback que ten premer un botón… ¡o tacto! Eu fago moitas cousas co móbil a cegas (coma activar o espertador) e iso sería moi difícil cunha pantalla táctil. Tamén parece que a pantalla do iPhone está a presentar problemas (perde a sensibilidade por zonas e cousas polo estilo).
Defendo así os botóns multimedia do N95, pois podes estar escoitando música a través de Bluetooth e deste xeito podes pasar de canción sen sacar o móbil do peto
5. Apple iPhone vs Nokia N95 | Trebellos escrito o 26 de Agosto de 2007 ás 13:30
[...] Visto en Marcus.es. Máis información: CNET - Apple iPhone vs Nokia N95. Máis novas sobre: Apple, Revisións, Telefonía [...]
6. el podcastero enmascarado escrito o 26 de Agosto de 2007 ás 20:23
Co iPhone, podes pasar de canción sin saca-lo mobil do peto (premendo no boton dos auriculares).
A puntuacion penso que está en escala do 1 o 5, asi que puntuar 10-6, sáese do mapa.
E o iPhone tamén ten wi-fi. Y EDGE, parece ser que forma parte do estandard 3G (iPhone 3G ready, jajaja)
Irracionalidade: ter un móbil con todo a última, 5mpx, 3G, GPS, etc… e non usar a mitade das cousas. ¿Usades muitos a videoconferencia 3G?
Muito millor que teña catro cousas peladas pero que as poida usar ata o mais torpe.
En outras palabras, saco unha foto cojonuda de 5mpx, e mandoa por MMS tamaño avatar do mesenger!!
O grande fallo do iPhone, é que está diseñado para os EEUU, onde a xente usa o mobil pa e-mails, cando en europa damoslle mais os SMS, pero eso é por causa das timofónicas.
Boto de menos o consumo da batería, está claro que os 5mpx, o 3G, GPS e pantalla super-brillante do iPhone an de tirar ben dela.
7. Marcus escrito o 26 de Agosto de 2007 ás 20:49
Podcastero, o EDGE (EGPRS) é unha versión tuneada do GSM/GPRS non do UMTS (aínda que teoricamente estean relacionadas), o que algúns chaman de coña 2.75G, e é unha tecnoloxía pensada só coma temporal, mentres o 3G non é popular, pero que en Europa só se empregou por parte dalgunha operadora en nalgún país. O normal aquí foi pasar de GPRS a UMTS e agora hai xente que xa conta con HSDPA (e os móbiles coma o Nokia N95 xa teñen tal tecnoloxía). Ou sexa, que meterlle ó iPhone tecnoloxía 2.75G cando hai terminais 3.5G parece unha tomadura de pelo. Intentar vender un móbil cunha conectividade con máis de 2 anos de retraso… (lembremos que hai case 2 anos nos que mos móbiles de promoción das distintas operadoras contan con 3G en España).
Aínda así, para a meirande parte dos usuarios españois o que é todo un pao e non poder mandar MMS nin gravar vídeo, pois somos un dos países do mundo con máis uso de tales prestacións. A videoconferencia non a usa nin diola, pero mandar fotos por MMS ou rulalas por Bluetooth é algo que está a ter moito éxito en España (aínda que dardou en calar).
Vaia, que como ben dis, se nota moito que o iPhone está deseñado para os EE.UU. onde a telefonía móbil está mooooi verde.
Sobre a puntuación 10-6 o fixen porque, como xa indiquei, non me parecía atinado colocar case tódalas prestacións nunha única puntuación, polo que incrementei o peso de tal sección coma se fosen dúas, pois o resultado dun 10-6 non é igual que o dun 5-3
8. el podcastero enmascarado escrito o 27 de Agosto de 2007 ás 18:33
Gizmodo.es:
“Y por cierto, es el mejor teléfono que utilizado nunca, a años luz de Nokias, Sony, Samsungs y demás morralla. Porque eso es lo que parecen esos teléfonos después de probar un bicho de estos: morralla.”
9. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2007 ás 20:09
Podcastero, na mesma liña recomendo ver o vídeo que poñen hoxe en ElPaís.com no que se ve a xente probando o iPhone na rúa.
Eu o que digo é que a interface do iPhone é caralluda, pero as súas prestacións son deficientes. Se quitas a interface, está á altura do Nokia 9500 Communicator (refírome á conectividade) que saíu en 2004, polo que sospeito que se trata dun terminal que entra polos ollos pero que logo non permite un uso produtivo (agás que chames produtivo a usalo coma reprodutor multimedia).
De tódolos xeitos, mentres non se saiba o prezo que terá en Europa prefiro aparcar as miñas críticas, porque de ser un terminal barato ata me pensaría a súa compra. Lembremos que a Xbox 360 e a PS3 son moito mellores que a Wii e todos sabemos a que está vendendo de puta madre
10. Marcus escrito o 28 de Agosto de 2007 ás 12:23
Martín Varsavsky dá no seu blog moitas razóns polas que non mercar un iPhone, que veñen a ser as que argumento sempre, pero nesta ocasión veñen da boca de alguén que usou o iPhone durante semanas. Confirma as miñas sospeitas: mola os primeiros días porque é revolucionario, pero hai mellores alternativas.