O boletín do PP de Melide
En vista de que o Boletín que publicou a pasda semana o PP de Melide está a dar que falar (e moitos non o leron), recollo aquí unha dixitalización das súas páxinas (pois non está na web dos Populares de Melide):












Póndense ver as distintas páxinas picando sobre elas, e tamén se poden descargar todas xuntas nun ficheiro PDF.
De falar do polémico documento teño que comezar dicindo que estou moi a favor da súa existencia. Dado que Melide non destaca pola penetración da Internet, a existencia destes boletíns (tanto dos partidos como das asociacións de empresarios) ten unha función de dinamización social, e chama ó debate, aínda que na súa meirande parte teñan os mesmos defectos:
-maquetación nefasta, fóra de toda norma e de difícil lectura
-ortografía mala tanto en español coma en galego, que se podería evitar con só picar os textos dende o Word co corrector ortográfico instalado
Este boletín non é unha excepción, e así resulta moi díficil de ler grazas a que non se respectan as marxes, se abusa das maiúsculas, se fai un baile de tamaños de tipografías moi amateur, se empregan fondos degradados e escuros que reducen a lexibilidade, as fotografías presentan uns niveis de gris moi dispares (dá a impresión de que se maquetou en cor para logo imprimir en branco e negro) e os contidos están cheos de faltas ortográficas que nalgunha ocasión meten medo. Pero todo iso é a aparencia, que de seguro que non preocupa a moita xente (eu non podo evitar tal por deformación profesional).
Se nos metemos en fariña teño que dicir que se agradece que publiquen informacións coma os resultados electorais, os soldos dos concelleiros, o nomeamento de Ángeles Vázquez coma deputada provincial e agradecementos ós votantes, detalles que xa merecían a edición do boletín, que promete ser trimestral, e que sae no medio das festas do San Roque (polo que ten moito máis impacto que posibles réplicas futuras).
Agora ben, hai detalles que se poden considerar algo torpes, pois poderían estar a tirar pedras contra o seu propio tellado, xa que se mencionan asuntos coma o PXOM (rexeitado por algo), a radio municipal, a depuradora (xa comprometida en 2004), a praia fluvial de Furelos (que xa se declarara non apta para o baño en 2002), a Casa da Cultura… e logo un par de elucubracións un tanto ridículas coma mencionar 2 iniciativas nas que se elixen a 7 concellos galegos e 9 concellos coruñeses para certas actividades e non se inclúe a Melide entre a elite.
No caso das Cidades Dixitais poderiamos dicir que é unha iniciativa que leva anos funcionando, e se Melide non entrou e por motivos doados de entender (tampouco me consta que en anos anteriores Melide fixera nada para entrar no programa iniciado en 2004).
Sobre o de considerar que Melide non é un concello dinamizador coido que non é algo do que acusar a ninguén, senón que só e un expoñente do atraso que está a ter a vila e habería que traballar en recuperar posicións, pero pouco se pode facer nuns meses para levantar a unha área deprimida (e dubido que se poida facer en anos).
De tódolos xeitos, finalmente a xente non analizou en profundidade os contidos do boletín, senón que quedou coa páxina 11, na que se fan un par de malas caricaturas realizadas mediante un burdo recorte fotográfico no que rin do bipartito e dunha concelleira do BNG. Algunhas persoas amósanse ofendidas coas ilustracións, pero eu coido que estas cousas hai que saber levalas ben, pois non deixan de ser humor (moi lonxe, por exemplo, do caso de El Jueves), aínda que se agradecería que se molestasen en debuxar en vez de facer unha motaxe tan cutre. O texto de apoio tampouco concreta o suficiente como para que todo dios saiba quen son os tres señoritos dos que están a falar.
O que si se podería botar en cara é que estes textos satíricos estean sen asinar, coma o resto dos contidos do boletín agás a última páxina (unha carta de agradecemento de Ángeles Vázquez).
Para rematar repito que gusto moito de que se editase o boletín, e aínda que certos contidos me parezan demagóxicos, considero que é un xeito lícito para chamar ó debate ós melidenses, tanto nas cafeterías da vila coma nos comentarios deste blog ![]()




33 comentarios realizados
1. Laura escrito o 21 de Agosto de 2007 ás 22:03
Non tivera a oportunidade de ler o boletín así que me puxen a elo e saco unhas cuantas conclusións:
1- Hai algunha que outra falta de ortografía que manca nos ollos, nin que costara tanto mirar nun diccionario se hai algunha dúbida ou como ben dis, Marcus, pasarlle o corrector.
2- Ánxeles nomeada deputada provincial, despois de tanto criticar a Soqui polo mesmo e según ela non facer nada por Melide. Haber o que fai ela agora…
3- Tenme gracia o do polígono, que din que non está a herba segada. Eles segárona antes das eleccións, pouco antes, porque a miña intención era cenar o día de San Xoán nunha das mesas que hai cerca do Camiño de Santiago e non poidemos por mor da herba…
4- Primeiro querían a autovía, logo non e agora volven a querela. A ver se se aclaran…
5- Personalmente paréceme ben que quitaran a caseta de información turística (¡por fin sei o que era!) da praza do antigo instituto. ¿Non haberá máis sitios onde poñela ca nesa praza?
6- Ata onde eu sei as festas do San Roque non se anunciaban moito antes dos 15 días…
7- ¿4 anos sen problemas na praia fluvial? Fai uns cuantos que en teoría non se pode bañar un por mor duns vertidos…
8- Na segunda páxina titulada “O Futuro” falan dun respeto hacia o novo equipo de goberno, pois ben, paréceme de moi mal gusto as caricaturas (non só para o mencionados) se non para todo o pobo de Melide e sobre todo unha falta de respecto. E digo eu que co seu tempo libre podrán ir donde lles pete, incluído ás festas.
Con todo esto chego a unha sóla conclusión: Seguramente nunhas cousas terán razón, noutras está claro que votan pedras contra o seu propio tellado pero… ESTO NON É FACER OPOSICIÓN!
2. Capullito de alhelí escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 1:13
Estou de acordo coa análise estética do boletín que fai Marcus, e coa evidente demagoxia -por non dicir hipocrisía- que se debulla destas páxinas. A min chamoume a atención unha frase, cando se fala dos soldos, que di (transcríboa textualmente, con faltas de ortografía incluídas): “…eses 10.000 € tivo que darllos -xuntos con outros 20.000 euros- a Manuel Prado para que a votase como alcaldesa”. Eu penso que se trata dun erro de redacción como outros tantos deste boletín, coa particularidade de que, nesta ocasión, se acaba facendo unha acusación gravísima de soborno. Non sei o que opinades, pero creo que isto pode ser denunciable e levarse aos xulgados, a non ser que o PP teña probas de que Socorro Cea lle pagou 30.000 euros a Manuel Prado a cambio do seu voto, tal e como se afirma no texto. Como supoño que tales probas non existen, estamos diante dun claro caso de calumnia (Wikipedia: La calumnia es un delito que consiste en la imputación a una persona de haber cometido un hecho constitutivo de delito siendo dicha afirmación falsa). O feito de que o redactor ou redactora do boletín fose tan groseiro/a, vulgar e zafio/a como para escribir isto sen intención de calumniar non o/a exime do delicto. A falta de sinatura sentaría no banco dos acusados ao PP de Melide.
3. Marcus escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 1:52
Capullito, coido que os 30.000 euros se refiren unicamente ó soldo de Manolo, pero segundo a redacción do texto algúns entenden que se fala de cartos aparte, o que se trata de demagoxia política. Non habería que darlle máis importancia ó asunto.
4. Capullito de alhelí escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 12:17
Marcus, sei perfectamente a que se refiren os 30.000 euros do texto. Pero está redactado e maquetado de tal maneira que dá a entender outra cousa ben distinta. Ti e máis eu inferimos un determinado significado, pero hai moita xente de Melide, especialmente de idade algo avanzada, que non vai descodificar o texto como fixemos nós. E, sinceramente, creo que o PP redactou con malicia para que ese sector da poboación inferise ese significado pervertido.
Polo demais, eu non lle dou importancia, pero asegúroche que o tema podería chegar perfectamente aos tribunais cun máis que probable fallo en contra do PP.
5. Marcus escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 13:26
Capullito, tes razón no asunto da redacción confusa, pois eu mesmo participei nunha discusión na que tiven que sacar do erro que ti mencionas.
O raro é que non dixeran que o voto de Manolo custara 120.000 euros (pois estará 4 anos de tenente de alcaldesa)
6. Julian escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 14:32
Por Deus, boteille un ollo asi por riba ó documento pdf (pois o boletin teño a sorte de non telo na casa) e a verdade é que dan ganas de chorar. Penso que o feito de estar na opossicón veulle ben ó PP, agora danse conta das atrocidades que cometeron duranet máis de 15 aniños (logo se din). Eso de responsabilizar ó goberno entrante das obras que se fixeron durante a súa lexislatura é de xuzgado de garda, por non dicir que botaron 5 anos tentando desviar a Autovía de Melide e agora queren respostas en 3 meses (un pouco de cordura). Pero independentemente do contido político-satírico desta montaxe propagandística, penso que o peor de todo para min é de que unha posible alcaldesa e corporación política, ten o peito de sacar á rúa unha publicación con esa redacción e faltas de ortografía a tutiplen (permítaseme). Da vergoña e impotencia estar nas mans durante tanto tempo de xente que non é capaz de redactar una misiva ou comunicado sen falatas de ortografía e que se expresa como o cú. Algún día se teño tempo analizarei minuciosamente punto por punto o contido do panfleto en cuestión.
7. Capullito de alhelí escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 17:51
¿Cando Ánxeles tiña un soldo de 50.000 euros ao ano como alcaldesa, tamén caían os cartos do ceo?
8. coche escrito o 22 de Agosto de 2007 ás 22:46
penoso
9. Capullito de alhelí escrito o 23 de Agosto de 2007 ás 0:21
¡¡E aínda haberá que aplaudirlle por renunciar ás dietas!!
10. Castelao escrito o 23 de Agosto de 2007 ás 22:03
¿Qué foi o que mudou dende que Castelao dixera aquelo de que mexan e dicimos que chove?
Non entendo que tipo de progreso podemos obter con ex-gobernantes coma estes, vaia calaña.
11. Castelao escrito o 23 de Agosto de 2007 ás 23:57
Aínda recordo aqueles tempos nos que o ‘noso alcalde’ D. Miguel Pampín Rúa, anunciaba por Radio Melide a noticia de que a autovía pasaría máis preto de Agolada que de Melide, e anunciabao como unha boa noticia para Melide, porque, evitabanse as expropiacións de terreos (¡manda moito carallo!), pero o mellor de todo foi que a entrevista comenzou pola definición do que é unha autovía “é unha carretera, pero mais grande e con dous carriles en cada sentido”, menos mal que temos xente así para que nos ‘abra os ollos’, ah! por certo a entrevista lla facía Anxeles Mejuto.
12. LUISMA escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 19:37
Ben, parece que o que conseguiu o boletín foi calmar os ánimos. Por un lado PP asimiu erros neste boletín, polo que os seus afíns se tranquilizaron, e por outro, demostrouse que a oposición ó bloque (nin teño en conta ó psoe que xa oposita sobre si mesmo) vai a ser nefasta, e nada que fagan gañarán sobradamente as próximas eleccións. Polo que os afiliados a este partido tamén están calmos.
13. un escrito o 24 de Agosto de 2007 ás 22:18
no rasques la cabeza si no te pica
14. Luisma escrito o 25 de Agosto de 2007 ás 13:17
non pretendas ser o que non es
15. LUISMA escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 16:40
Algunha primicia antes da charla de hoxe?
16. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 17:32
¿De qué charla falas, Luisma?
17. LUISMA escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 17:52
http://www.melide.org
Dunha sobre o estado das contas e das obras. Teño pensado asistir, así que xa vos informarei, é ás 10 no carlos.
18. LUISMA escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 18:03
Imaxino que será unha especie de reacción ó burdo ataque do PP. Eu persoalmente considero necesario informar sobre o estado no que se atoparon o concello (xa que nós, parte interesada, descoñecemos demasiados datos). Tanto das contas, das obras coma os proxectos. Iso si, sentiríame defraudado si entran no xogo do PP ou si se dedican a continuar co clima da campaña electoral. É dicir, lanzar acusacións sobre o pasado en lugar de propor solucións para o futuro. Esta é unha das asignaturas pendentes da política española, por iso a miña desconfianza, aprender do pasado para mellorar o futuro…
19. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 18:50
Transcribo aquí a convocatoria:
Unha mágoa que non o soubese ante, que igual aínda me animaba a ir
Nestes casos é cando boto en falta que non haxa ninguén que vaia cunha cámara de vídeo, ou que publique toda a información dun xeito esquemático e ordeado.
20. LUISMA escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 20:40
Certo é Marcus, si dan un folleto explicativo cos datos ou algo así enviareicho para que o publiques, eu o máximo que podo facer é un video calidade cámara oculta co teléfono-cámaradefotos-cámaradevideo-videoconsola-axendaelectronica-que non cumple ben ningunha das súas funcións :).
A verdade é que eu aínda me enterei hoxe… e na web aparece publicado con data de onte…
21. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 20:51
Luisma, o que pasa é que unha cousa así non se anuncia dun día para outro. E unha web que se actualiza pouco e non ten RSS tampouco se pode considerar un xeito de difundir nada urxente.
Sobre o vídeo, simplemente é unha idea para o futuro, pero os eventos de interese público deberían gravarse e editarse (a xeito de resumo) para a súa difusión pola Rede, de xeito que, por unha banda queden aí e, por outra, se poidan enterar do que pasou os que non asistiron.
Ten en conta que despois é moi normal falar de orella e así non se poden contrastar as información (e de rumores xa deberiamos estar cansos).
22. HOLA escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 7:43
Para Marcus:la cosa no se anunció de un día para otro.Si sintonizas radio melide,hace por lo menos una semana que lo anunciaban a todas horas;pegaron panfletos por el pueblo y también había buzoneo.Y la web se actualiza rápido cuando interesa.Y en Dez Tv se supone que emitirán el vídeo-no íntegro,claro.Y eso de falar de orella se podía evitar difundiendo por la red la grabación completa,sin cortes.Así ganamos todos.
Para Luisma:según los anuncios en radio y los panfletos,de lo que se trataba era de hablar del pasado-como dices tú-;lo que no sé es si también hablarían del futuro.
No falo de orella porque a estas horas todavía no me explicó nadie como fué la charla.Yo no estuve,asi que espero que en este foro sean lo más realistas posible.Lo que si me parece bien es que hubieran dado un folleto explicativo,imparcial,claro,que de lo que se trata es de conocer el estado real del concello,no de poner lo que les interesa a un bando o a otro.
Saludos
Saludos
23. LUISMA escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 9:11
Bos dias, é certo, houbo unha grabación íntegra (ou case) do acontecemento.
Vou resumir rápidamente xa que teño moita presa o máis salientable.
1.- Manolo (psoe) pode ser unha gran persoa, pero está non está no seu sitio, cústalle expresarse. O bo é que é consciente das súas limitacións e asume o seu papel.
2.- Esta foi a intervención substanciosa e clarificadora, por unha banda falou de obras a medio rematar, débeda, e proxectos/logros.
En canto obras sen remetar: polideportivo (reparación): 60000€; residencia da 3ª idade: 360000 € (paga kintana) e a máis gorda de todas, casa da cultura, hai invertidos ata o de agora case 1 millón de € e para rematala necesítanse case 2 €.
En canto a débeda: 190 millóns en débeda bancaria, 50 de auga, 20 e pico de luz e 250 en facturas, na súa meirande parte a empresas melidenses.
Proxectos: rematar o saneamento (aquí tamén hai que invertir uns 60000 €), arranxar o polideportivo (non comentou nada da piscina climatizada que está a medio arranxar…), rematar a casa da cultura, arranxar o rio furelos (120000 €) e pagar as multas a medio ambiente, patrimonio…
Isto é o que recordo asñi as presas. Marcho.
Ah!, debín ser eu o único que se enterou o día antes pois había un montón de xente, é máis a metade da xente estivo de pé…
ah!, fáltame o punto 3:
3.- PP: á saída do acto atopeime co máis destacable do acto: a cuadrilla do PP (4 ou 5 dos segundóns) vixiando o que dicían (lícito) e quén asistía… continúan coas actitudes fascistas e caciquís, ainda non se decataron de que están na oposición, sen oficio e sen poder, e precisamente están ahí por ese tipo de actitudos ASQUEROSAS. E como sigan así estarano, afortunadamente, por moitos anos. Négome a soportar este tipo de actitudes, négome, iso non é outra cousa que terrorismo sen violencia (ou terrorismo sicolóxico). O que pasa é que agora tamén é terrorismo sen poder, polo que, mnal que lles pese, non conseguen xa nada con él!
24. josemi escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 12:10
QUENES ERAN ESES SEGUNDONS? E SE E LICITO COMO DIS PORQUE CHE MOLESTA, NON SON VECIÑOS DE MELIDE?
25. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 12:23
#22 “Hola”, grazas pola información. Como teño comentado eu vou a Melide as fins de semana, polo que teño difícil sintonizar a radio municipal melidense. O buzoneo supoño que comezaría despois da fin de semana, e coido que non chegou á miña casa (non me comentaron nada sobre o tema). Para min a fonte de información sobre Melide é a Internet, lendo a prensa dixital e as webs e blogs, polo que loxicamente non gusto de que na Internet se anuncie un evento dun día para outro.
Sobre a edición do vídeo, dígoo porque hai que resumir: na Rede nin dios ve un clip de 1 hora de duración. As suspicacias sobre a posible manipulación do vídeo non terían sentido xa que só amosan unha versión dos feitos (outra cousa sería que fose un debate entre as distintas forzas no Concello).
#23 Luisma, grazas por informar dos datos. Estou flipando cos números. Agardo que publiquen algo en papel.
Se son verdade os 510 millóns de pesetas de débeda iso sumarían 3 millóns de euros, o que sería o 58% do presuposto anual do Concello, polo que parece bastante máis elevado do que viñan a dicir anteriormente, pero coido que está bastante por debaixo do máximo permitido (¿o 110%?).
Uff, e sobre a Casa da Cultura coido que paga a pena tirar con ela e facer outra noutro sitio… ¡¿vanse tirar un total de 3 millóns de euros nunha obra innecesaria?!
A ver se nos seguintes días podemos ver algún documento no que se constate todo o publicado na xuntanza informativa. Aínda que o importante agora non sería ver se o dito corresponden co que nos dicían no pasado, senón se co paso do tempo a débeda vai reducíndose (aínda que supoño que ata as vindeiras eleccións non escoitaremos nada do asunto).
26. David escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 13:13
La verdad es que los datos marean. Yo grabé con mi reproductor de mp3 la intervención de Soqui (no llegué para la de Manolo). El sonido es deficiente pero audible. Si Marcus no tiene inconveniente, se lo paso y lo pone en el blog.
27. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 16:24
Jeje, ¡marchando ese audio!
28. LUISMA escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 16:44
David, pena do audio de Manolo, con tódolos meus respetos, estaría ó nivel do da “droja no colacao”
Marcus, a min o máis incrible da casa da cultura paréceme que tiñamos xa unha. Que sentido ten tirar unha obra en bo estado e a pleno funcionamento para ampliala? non sería máis lóxico facer unha casa da cultura/auditorio noutro lugar? asegúrovos que máis barato sairía.
Tamén Soki comentou algo sobre o abraiante boletín do PP
Por certo, outros datos significativos: hai 2 orquestras e 2 bandas que ainda non cobraron o san roque pasado. hai unha factura de 6000 € polos seguintes conceptos: 1000 camisetas e 1000 medallas (non puxen ceros de máis, non)
Josemi, o normal é que a esta charla acuda toda xente da vila que lle interese o situación do seu concello, chámalle pp, psoe, bng, babé, olegario (d.e.p.)… pero os únicos que se quedaron ó pe da porta de saída en pose matón foron os do Pp, o das intencións é de colleita propia, como decía DobleM (manolomanuel) “dos y dos no son cuatro”
29. LUISMA escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 16:52
Marcus, a casa da cultura cos case 3 millóns de € será unha obra do calibre do pazo de congresos. Se calculamos 2 utilizacións anuais para estes recintos, durante un periodo, por exemplo de 20 anos, sáenos que cada apertura de portas custa un total de 75.000 €. ¿Alguén posúe o dato do unbral da pobreza e dos españois que están por debaixo del? sería curioso saber cantas familias sacaría de apuros esta morea de cartos.
Cales son as dimensións x alto x longo do pazo de congresos. ¿cantos paralelepípedos de dimensións 10 m de longo x 10 m de ancho x 2.6 m de alto collen dentro?
30. josemi escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 18:55
DI OS NOMES E NON XENERALICES
31. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 19:13
Luisma, a Casa da Cultura tiña bastantes usos no seu día, dende concertos e obras de teatro ata exposicións. A min non me parece normal que non teñamos na vila un lugar decente para facer conferencias, presentar libros… ¡ou dar charlas informativas! (facelo no Carlos paréceme algo triste)
Supoño que no seu día decidirían obrar a Casa da Cultura porque así a Deputación daba os cartos, e para unha obra nova non faría tal. O que pasa é que no seu día estimaron mal o custo da obra, porque te teren feito ben as contas estou seguro de que non terían obrado nada. Iso si, agora ninguén é responsable de facer mal os informes técnicos pertinentes.
O asunto lémbrame ó do polideportivo ou o da piscina: ¿por qué non se depuran nunca as responsabilidades?
32. LUISMA escrito o 2 de Setembro de 2007 ás 11:28
Certo Marcus, a casa da cultura no seu momento tiña unha gran actividade, o que pasa é que a remodelación que se está a realizar ten como obxetivo adicar prácticamente a totalidade da superficie a un auditorio. O resto das actividades que se realizaban na casa da cultura fanse agora no multiusos (instituto vello). O auditorio é necesario, eu diría que imprescindible. ¿pero un auditorio de 3 millóns de €?
Tés razón co das responsabilidades, para min ese é o cancro deste país, que a política e o funcionariado non teñan un funcionamento máis similar ó da empresa privada (nese aspecto)…
33. marcus.es » Chega aos fogares melidenses a revista O Cruceiro escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 20:52
[...] semellante (pois non tivo presenza na publicación, aínda que se lle gardou un espazo). Coido que xa vai un ano dende o anterior boletín (e quedaron sen páxina web durante ese tempo), polo que deberían reavivar o debate con algunha [...]