Venres, 31 de Agosto de 2007

Blog Day 2007

Blog Day 2007Outro ano máis hai que celebrar o Blog Day recomendando 5 blogs alleos e non relacionados, ou sexa, espazos que non pertenzan ó blogroll nin a usuarios habituais, para promover a blogosfera e evitar a endogamia. Iso fai así que a tarefa sexa complicada e que as recomendacións non sexan todo o boas que deberían, pero eu lánzome a recomendar 5 cadernos dixitais:
-Carallo World: é un espazo para a carallada, que coincide en moitos contidos co meu blogue, pero que se gañou a miña recomendación só pola publicación da seguinte tira:
patacas galegas por ebay
-O Blog de Paula García: non debería recomendar este blogue porque xa falei do mesmo cando saíu na Galega, pero a información canina das últimas semanas valéronlle a miña atención. Velaquí unha mostra dos cadeliños:
Paula cos cadelos
Porcographic-Monkeyzen: Blog moi preocupado polo deseño, que conta cunha boa sección sobre orixinais camisolas como as de Porcographic ou a de Nerdy Shirts inspirada en Street Fighter II
-Smashing Magazine: blog en inglés no que amosan elementos do deseño gráficos dignos de mención. Amosan así recompilacións de iconas, seleccións de blogs con bo deseño ou amosan páxinas web de erro (404) moi orixinais. Alí atopei a seguinte imaxe de Neil Duerden (menuda paciencia teñen que ter algúns deseñadores):
Imaxe de Neil Duerden
-Testosterona: debe de ser un dos blogs cun nome que mellor indica a súa temática, pois destaca por empregar calquera desculpa para por imaxes de mozas cachondísimas, pero de cando en vez nos sorprende con imaxes como a seguinte:
Orxía en directo
¿A que parecen fotografías tomas durante unha orxía sexual? Pois non é o que parece.

E ata aquí o Blog Day 2007. Agardo que as miñas recomendacións fosen do voso agrado, aínda que procurarei recomendar moitas máis webs durante o ano (iso de agardar ó 31 de agosto para ligar a outros espazos só o fan os blogueiros preguiceiros).

5 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » Buh, neno, ¡xa hai CoruBlogs! escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 20:45

[...] Uns cantos blogueiros coruñeses levan tempo argallando un punto de encontro para os blogs da cidade, e tras moitas voltas inician un agregador de blogs turcos que responde o nome de CoruBlogs (que estivo a piques de chamarse Cascarilleiros). Poderiamos dicir que este lanzamento coincide co Blog Day 2007 (coido que hoxe e a data oficial da estrea) e Nacho de la Fuente comenta que xa hai uns 30 blogs listados. Cando o número medre un pouco máis a cousa vai ser un desfase, pero polo momento o sistema nos permitirá saber que hai un lugar de referencia para os blogs coruñeses, unha web que moitos non dubidarán en chamar kel por Marcus | escrito en Internet Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | [...]

a gravatar

2. PALOMA escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 13:16

graciñas desde monkezen por incluirnos !!!

se coñeces dalgunha outra tenda chula de camis :) xa sabes… dinos que aqui estamos para o q faga falta :P

bicasos!

a gravatar

3. Paula García escrito o 1 de Setembro de 2007 ás 16:02

Grazas por poñer o meu blog, e a foto dos meus cadeliños Pitufo e Flor.

Un saúdo desde Boiro.

Paula.

a gravatar

4. iNo escrito o 2 de Setembro de 2007 ás 1:11

Igualmente moitas grazas pola túa referencia, agradécese levar esta sorpresa ó entrar a un blog que leo habitualmente e atoparse con isto, saúdos.

a gravatar

5. Marcus escrito o 2 de Setembro de 2007 ás 3:03

De nada a todos, e grazas a todos vós por facer uns blogs dignos de mención. Canto máis contribuamos á blogosfera, máis rica será, e iso irá en beneficio para todos.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios