Domingo, 29 de Xullo de 2007

Neira Vilas homenaxea a Broz

Acabo de ver na edición en liña do Correo que Neira Vilas vén de dedicarlle unha columna ó melidense Xosé Manuel Broz:

En Melide con Broz (XOSÉ NEIRA VILAS, ESCRITOR)

A pouco de instalarme en Galicia souben de Xosé Manuel Broz, profesor de Historia, Xeografía e Debuxo, investigador, pintor cofundador e actual director do Museo da Terra de Melide, fundado en 1978. Hai uns dez anos visiteino. Xa nós andabamos dándolle feitío ó noso pequeno museo etnográfico de Gres, a partir de pezas que nos ían doando os veciños. Broz, home xeneroso, púxose á nosa disposición para colaborar. E comezou obsequiándonos un trebello que se utiliza no proceso do liño: un sarillo, ó que engadiu varios nobelos de fío. Dende entón fun a Melide máis dunha vez, pero non nos vimos. Falabamos por teléfono. Pedinlle indagar sobre a presenza de Curros naquela vila, en 1904, pero non quedara testemuña ningunha da súa visita.

Contoume que quería conseguir un local máis amplo, e que se vendía o antigo Hospital de Peregrinos. Lugar ideal. Había que restauralo. En total era unha cantidade da que non dispoñía. E foi casa por casa, da vila e arredores, e en longos meses de xestión logrou o seu propósito. Os veciños, ademais da achega en diñeiro deron máis pezas museables. Contou, ademais, cunha modesta achega da Dirección Xeral de Patrimonio.

O novo museo áchase na Praza do Convento. Inaugurouse en 2002. En tres plantas alberga achados arqueolóxicos dos castros dos arredores, capiteis e sartegos funerarios medievais, mostras de oficios e tradicións… Broz, por outra parte, publicou un libro sobre a historia da comarca e outro titulado Sentispíritus de Melide (unha historia novelada de 600 páxinas). Ademais, dirixe o Centro de Estudos Melidenses que edita un Boletín (que ten á beira de 200 páxinas) que vai polo número 18.

Todo este facer, que anima e realiza Broz, é continuación daquela voluminosa Terra de Melide que nos anos da República publicara o Seminario de Estudos Galegos, desaparecida coa guerra que estalou en 1936.

Descoñecía que o afamado escritor tivese algún tipo de relación con Broz, aínda que supoño que o importante do texto no é que se coñezan, senón que o traballo que fixo Broz pola conservación e difusión da cultura melidense acade algún tipo de recoñecemento, de xeito que as novas xeracións saiban que as cousas non saen da nada, senón dun longo e duro traballo.

Sábado, 28 de Xullo de 2007

Esquío dramático

Hai pouco máis dun mes que comentei en Código Cero o fenómeno do esquío dramático (dramatic chipmunk), creado por un vídeo que xa está considerado por moitos coma os 5 mellores segundos da Internet:

Incluso inspirou moitas versións, como as que se recompilan no seguinte vídeo en YouTube (no que tamén se pode ver o vídeo orixinal do que se sacaron os populares 5 segundos):¿Por qué escribo esto agora? Pois porque estes días vestín nun par de ocasións unha camisola coa seguinte imaxe e xente que coidaba que estaba á última non se decatou da coña:
Camisola do esquío dramático
Si, xa sei que son un friki, ¿pasa algo? :P

Venres, 27 de Xullo de 2007

¡Melide musical!

Berrogüetto
Vaia, o outro día xa pasaron pola vila de Melide os de Milladoiro, para animar o cotarro, e agora farán o mesmo os de Berrogüetto, segundo lin en Xornal.com:

Berrogüeto e algúns dos finalistas do concurso Nsaio no Camiño, mañá en Melide

  • Ao concurso presentáronse máis dun cento de maquetas de grupos noveis galegos.

A vila coruñesa de Melide, acolle mañá o quinto concerto que se inclúe no Concurso Musical Nsaio no Camiño, organizado pola dirección xeral de Xuventude da Vicepresidencia. O director xeral de Xuventude e a delegada provincial, Tereixa Novo, presentaron esta mañá en Melide, estas actuacións.

O concerto terá lugar mañá, a partir das dez da noite, na praza da Alameda de Melide. Os asistentes poderán disfrutar coa música celta dun dos grupos máis coñecidos e de máis éxito no panorama musical galego, Berrogüetto. Tamén actuarán os tres grupos galegos que chegaron á final do concurso de maquetas na modalidade de música folk. Trátase da formación “Guezos”, que mestura música folk con tintes de rock, “Coandeira”, que interpretan música tradicional e “Sonhos”, de música galego portuguesa.

Nsaio no Camiño

Este concerto é o quinto, o penúltimo que terá lugar dentro do I Concurso de Nsaio no Camiño, que organiza a dirección xeral de Xuventude xunto coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, co obxectivo de lanzar a carreira profesional de novos valores musicais.

De feito, desenvolver unha carreira musical profesional será o premio que acadará o artista ou grupo que resulte gañador do I Concurso Musical Nsaio no Camiño. O certame, que pretende ser un referente musical a nivel estatal, desenvólvese a través de seis concertos nos que participan os quince concursantes finalistas, de cada unha das modalidades. As actuacións teñen lugar en varias vilas galegas polas que discorren os distintos Camiños de Santiago polo que o concurso xa recalou en Mondoñedo, Fisterra, Verín e O Grove.

Tras o concerto de Berrogüetto de mañá en Melide, só falta o que terá lugar en Lugo o vindeiro 15 de setembro, que contará con Los Suaves como grupo invitado. Será no transcurso deste concerto cando se dará a coñecer o nome do gañador dunha carreira discográfica.

Vaia, a min faríame máis graza que en vez de Berrogüetto viñesen os Suaves, pero supoño que os que busquen música cañeira pasarán polo Rock e Motos de Palas de Rei.

Dicide “aaa”

Simpons abrindo a boca
Abride a boca… ¡chega a peli dos Simpson! ¿Quen se vai resistir a vela? Eu non :P
¡É a primeira vez que Matt Groening se lembra do meu aniversario (e aínda non estou morto)!

Mércores, 25 de Xullo de 2007

¿Quén conduce hoxe?

Chica de la tele amósanos un anuncio dun coche que censuraron en Nova Celandia, pero que eu coido que en España non tería ningún problema en emitirse porque é divertidísimo:
Lémbrame á película de La Guerra de los Rose, pero aínda que adore a Danny DeVito admito que rin moito máis vendo o anuncio que cando vin a película de Michael Douglas e Kathleen Turner.
Sobreo o coche, o Toyota RAV4 non parece moi coñecido en España, aínda que conta con outros anuncios moi simpáticos:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios