O Paciente de Inglés
Finalmente operaron ó profesor de Inglés favorito dos nenos do Pino durante o curso pasado, que aínda será paciente do CHUS durante os vindeiros días, xa que a colecistectomía laparoscópica foi un pouco dificultosa, pero polo menos xa pasou a espera que estaba rematando coa paciencia de Xurxo, e agora só lle queda recuperarse da intervención para poder pasar un verán tranquilo (e agardemos que mesmo poida vir para casa durante a fin de semana).
Iso si, a enfermeira que está a coidar do meu irmás estes días coido que é un pouco rariña, e sospeito que pode estar emparentada connosco dalgún xeito ![]()
Para os morbosos, en YouTube hai vídeos que explican cómo é a operación que lle practicaron a Xurxiño:
ACTUALIZACIÓN: O venres 3 de agosto é a data na que Xurxo Eschofil fuxe da prisión do CHUS. Xa está en Melide, para desgraza de tódolos habitantes da vila ![]()






4 comentarios realizados
1. FIZ escrito o 1 de Agosto de 2007 ás 1:39
MOITO ÁNIMO XURXO.
UNHA APERTA.
2. Manuls escrito o 1 de Agosto de 2007 ás 12:48
Felicidades por ese novo traballo en GZNacion
3. Marcus escrito o 1 de Agosto de 2007 ás 13:23
¡Ostras! Manuls, grazas por avisar, pois o texto o mandei o domingo e non me avisaron da data de publicación.
4. riki escrito o 1 de Agosto de 2007 ás 14:44
alegramonos que todo vaia ben marcus, que caña o video macho jajaja, nin o doctor beltrán alnglofilo, “the basic thenics of the laparoscopic cholecystectomy…” da visicula que dirian os vellos non?