Extreme Pamplona

1 de enero, 2 de febrero, 3 de marzo, 4 de abril, 5 de mayo, 6 de junio, 7 de julio, ¡San Fermín! A Pamplona hemos de ir… a botar unha partida ó Extreme Pamplona. Trátase dun xogo en Flash no que hai que fuxir dun touro (ou do que corresponda segundo o país no que nos atopemos) saltando os obstáculos.

O xogo é moi divertido e lémbrame moito ó Prince of Persia (salvando as distancias), pero o que non entendo é por qué Rexona (a marca da que está facendo publicidade o xogo) non saca este tipo de cousas en España (ó igual que Axe non lanza aquí tódalas campañas caralludas de Lynx). De feito, aquí tampouco vin o seguinte anuncio que tamén vai dos San Fermíns:




1 comentarios realizados
1. marcus.es » Zapping de despedida escrito o 30 de Xullo de 2007 ás 0:06
[...] Tamén falei de VirtualNES e Extreme Pamplona, así como comentei que se pode ver a televisión no ordenador con Zattoo e PeerTV, e a frikada absoluta foi a das personiñas de peto, a Tiny Pocket People. ¿Son ou non son un invento orixinal? Aínda que non sei se a xente apertará ou estrangulará ós bonequiños en cuestión. [...]