Sábado, 28 de Xullo de 2007

Esquío dramático

Hai pouco máis dun mes que comentei en Código Cero o fenómeno do esquío dramático (dramatic chipmunk), creado por un vídeo que xa está considerado por moitos coma os 5 mellores segundos da Internet:

Incluso inspirou moitas versións, como as que se recompilan no seguinte vídeo en YouTube (no que tamén se pode ver o vídeo orixinal do que se sacaron os populares 5 segundos):¿Por qué escribo esto agora? Pois porque estes días vestín nun par de ocasións unha camisola coa seguinte imaxe e xente que coidaba que estaba á última non se decatou da coña:
Camisola do esquío dramático
Si, xa sei que son un friki, ¿pasa algo? :P

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Xaime escrito o 29 de Xullo de 2007 ás 2:00

Es o meu heroe

a gravatar

2. IaRRoVaWo escrito o 29 de Xullo de 2007 ás 14:14

Mola!! Eu quero unha camisola así!!

a gravatar

3. Marcus escrito o 29 de Xullo de 2007 ás 15:35

Xaime, iso aínda non é nada. Lembro cando andaba pola Coruña coa camisola do Xabarín Club… ¡cómo me miraban os cativos pola rúa! (¿pensarían que eu era unha encarnación humana do porco bravo?) :P
Teño xa olladas unhas cantas camisolas frikis para a miña colección, e terei que poñelas por aquí para que se vexa que para algunhas cousas non teño vergoña.

a gravatar

4. marcus.es » South Park remata coas estrelas de YouTube escrito o 4 de Abril de 2008 ás 19:28

[...] que deixen en paz a Britney Spears, o Star Wars Kid, o que canta Chocolate Rain, o do Numa Numa, o esquío dramático, o panda que esbirra, o ninja negro, o bebé que ri… e no último episodio de South Park lles [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios