Venres, 27 de Xullo de 2007

Dicide “aaa”

Simpons abrindo a boca
Abride a boca… ¡chega a peli dos Simpson! ¿Quen se vai resistir a vela? Eu non :P
¡É a primeira vez que Matt Groening se lembra do meu aniversario (e aínda non estou morto)!

8 comentarios realizados

a gravatar

1. FIZ escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 1:44

Marcus…Se non me lembro mal, unha vez dixérame teu irmao Xurxo que cumprías anos o mesmo día que eu. É dicir . HOXE. ¿É certo?..Si é así. PARABÉNS Compañeiro. Deséxote o mellor, Moita sorte e SAUDE. (Confírmamo,,non quero mete-la pata).

Eres a terceira persoa coñecida que coincide no noso aniversario. Ti, Carlos Castro e Alfredito do corullón.
PARABENS POS 4.
Unha aperta. De Hoxe nun ano.

a gravatar

2. Brigantium escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 9:36

Feliz cumpreanos pois! :)

a gravatar

3. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 9:42

Fiz, parabén a ti tamén.

Coincidimos en aniversario con Jay Maynard (¡ese si que é friki!), Julian McMahon, Manuel Vázquez Montalbán, Chilavert ¡e Bugs Bunny!

a gravatar

4. O Breogán de Gáidil escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 10:41

Parabéns, meu. Mira que imos vellos…

a gravatar

5. Raquel escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 13:05

Felicidades Marcus!!! Agardámoste na redacción cos brazos abertos e cos chupitos preparados para brindar cunha botella de “licorca”. Os pasteis póñoos eu.
Por certo, entradas para a peli dos Simpson? Sen fallo. Pero… que máis se lle regala a un friki coma ti?

a gravatar

6. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 13:11

Raquel, para os frikis coma min non hai agasallo que sirva, porque xa miramos nós de facernos coas frikadas que nos interesan :P
Iso si, de cando en vez me sorprenden con frikadas das boas (aínda lembro cando me deron un tarro coa forma de Kenny McCormick) pero é moi difícil sorprender a quen hoxe en día ten as cousas máis abraiantes á distancia dun click de rato.

a gravatar

7. riki escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 14:37

PArabens MArcus e Fiz, e a Chilavert tamèn aínda que non mereza moito jajjaa
coidenseme compadres¡¡¡¡
PD: dalle unha aperta a xurxo

a gravatar

8. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2007 ás 16:33

Riki, grazas pola parte que me toca e dareille a aperta ó meu irmán, que a este ritmo si que vai parecer o de Juana Chaos, porque xa leva 2 semanas no hospital e aínda non o operan ata a semana que vén (¡¿por qué non haberá reforzo de persoal no verán?!).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios