Martes, 31 de Xullo de 2007

O Paciente de Inglés

Unha das enfermeiras do meu irmánFinalmente operaron ó profesor de Inglés favorito dos nenos do Pino durante o curso pasado, que aínda será paciente do CHUS durante os vindeiros días, xa que a colecistectomía laparoscópica foi un pouco dificultosa, pero polo menos xa pasou a espera que estaba rematando coa paciencia de Xurxo, e agora só lle queda recuperarse da intervención para poder pasar un verán tranquilo (e agardemos que mesmo poida vir para casa durante a fin de semana).
Iso si, a enfermeira que está a coidar do meu irmás estes días coido que é un pouco rariña, e sospeito que pode estar emparentada connosco dalgún xeito :P
Para os morbosos, en YouTube hai vídeos que explican cómo é a operación que lle practicaron a Xurxiño:

ACTUALIZACIÓN: O venres 3 de agosto é a data na que Xurxo Eschofil fuxe da prisión do CHUS. Xa está en Melide, para desgraza de tódolos habitantes da vila :P

¡Os ordenadores atacan!

Nokia anuncia o N95 alertando de que os portátiles están a atacar ós humanos por ter celos do atractivo terminal de telefonía móbil. Hai unha versión dunha mociña no seu dormitorio:
E outra nunha praia:
Dedícolle esta entrada no blog a Manolo Gago :P

Pinups For Pups

O tema do abandono de blogs e animais coa chegada do verán fíxome reflexionar sobre o tema e levoume á web Pinups For Pups.
Portada de Pinups For Pups
Dende alí protenden animar á xente a non abandonar ás súas mascotas, e achegan fondos coa venda de merchadising con imaxes de modelos de calendarios acompañadas de cans e cadelos.

Dende a Asociación as rapazas participaron en campionatos de bolos solidarios e organizaron campañas de promoción da adopción de Pitbulls (supoño que cada vez que sae no Telexornal unha nova dunha agresión por un can hai unha vaga de abandonos das razas caninas consideradas perigosas).

Eu gustei especialmente das fotografías de Amanda MacKay:
Imaxe do calendario de Pinups For PupsAmanda MacKay cos seus cadelosAmanda MacKay cun dos seus cadelos
Non só me molou a rapariga, senón tamén os cadeliños, pois me lembraron ós que teño na casa. Pero volvendo á moza teño que recoñecer que me sorprendeu que fose á presentadora que xa tiña visto en algúns clips sobre o Tokyo Game Show (onde fixo unha reportaxe super-friki nunha tenda de electrónica na que incluso vendían consolas clásicas) chegando a cubrir os típicos encontros de tolambráns que se disfrazan dos seus personaxes favoritos:
Iso si, cando a revista Soak quixo falar do E3 de 2006 tivo doado elixir a imaxe para ilustrar o artigo:
Amanda MacKay na revista Soak
O máis alucinante do asunto é que debe de ser unha das poucas veces nas que unha moza en bikini adorna un artigo sobre temática tecnolóxica e non está fóra de lugar porque, ¿non resulta algo raro que revistas coma T3 ou Stuff sempre poñan a modelos lixeiras de roupa para amosar os chismes electrónicos que analizan?
Non me estou a queixar do machismo das revistas de tecnoloxía, senón que quero destacar que prefiro que empreguen a figuras coma Amanda MacKay, Olivia Munn (actual presentadora de Attack of the Show) ou Morgan Webb (presentadora de X-Play e ¿proximamente de Webb Alert?), pois xa son do gremio ;)

Luns, 30 de Xullo de 2007

Non abandonedes os vosos blogues no verán

Dende o blog de Andrés Milleiro entérome da tira de hoxe de Mauro Entrialgo para a web de El País:
Mauro Entrialgo insta a non abandonar o blog no verán
¡Snif! ¡Xa me estou a emocionar! Non abandonedes o blog no verán, condenados. Como moito escribide menos, pero hai que seguir coidando estas hortiñas que temos na Rede para que os cultivos non se boten a perder.
Ah, e recordade manter fresquiños os ordenadores, que no verán tamén é moi normal que os discos duros rematen no inferno :(

Zapping de despedida

O pasado venres pasei pola emisora de Radio Coruña para o programa de despedida de tempada de Zapping, agardando contar coa presenza do Dr. Albertito House, que ó final non chegou a tempo, polo que estiven a facer o carallán un rato con Txury e Antón, o que sempre resulta divertido, e grazas ó podcasteiro xa o podedes escoitar dende na Rede:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Sobre as miñas recomendacións de navegación durante o programa, reitero que Up-Beat é un xogo viciosísimo (coma o Gridlock de Antón), como podedes comprobar a continuación:
Amosa xogo ▼

Tamén falei de VirtualNES e Extreme Pamplona, así como comentei que se pode ver a televisión no ordenador con Zattoo e PeerTV, e a frikada absoluta foi a das personiñas de peto, a Tiny Pocket People.
Tiny Pocket People
¿Son ou non son un invento orixinal? Aínda que non sei se a xente apertará ou estrangulará ós bonequiños en cuestión.

En fin, que ata despois do verán non teremos máis Zapping, e haberá que aguantar o mono coas gravacóns dos programas vellos. Iso si, este ano serviu para achegar novos colaboradores e oíntes, o que estivo moi ben. Entre Alberta, Vítor e o Coiote coido que xa sumaron unha tempada de luxo, ¿non si?

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios