Domingo, 24 de Xuño de 2007

Tolo polo theremin

Durante a Chuza-Excursión Coruñesa descubrín o que era iso do theremin, e o difícil que é tocalo, polo que acabo de flipar ó ver unha versión do Crazy de Gnarls Barkley con tal instrumento:
Entereime da existencia do vídeo dende BoingBoing e supoño que nos vindeiros días se converterá nun dos vídeos máis vistos en YouTube, pois ten pinta que o theremin pode rexurdir memeticamente ;)
Eu cando menos vexo que ten moito mérito emular a voz do vocalista de Gnarls Barkley do curioso instrumento musical que parece máis axeitado para cousas como a intro de Star Trek (que, pese ós rumores, non se realizou cun theremin). Iso si, para botar unhas risas está moi ben o combate entre as sintonías dos Simpson e Star Trek cun teclado, un theremin e un embudo:

Sábado, 23 de Xuño de 2007

Canción nipona super-friki

Novo disco de Shoko Nakagawa
A cantante nipona Shoko Nakagawa vén de lanzar un novo disco no que recompila versións de cancións de series de animación, entre as que destaco Romantikku Ageru Yo:
¿Lembrades a canción? ¡Pois claro que si! Trátase da miña canción favorita para as noites de carallada :P
Ver a versión en galego ▼

Venres, 22 de Xuño de 2007

Novo trailer da peli dos Simpson

Os Simpson
En Vaya Tele poñen hoxe o novo trailer da peli dos Simpson:
¡Menudo 27 de xullo nos espera!

La Sexta Noticias en 1977

A semana pasada, La Sexta quixo celebrar o aniversario do referendum da Constitución de 1977 facendo unha homenaxe a aquel momento dende os seus informativos. Así, recrearon cómo sería un informativo de La Sexta se a canle existise naquelas datas, e o mellor de todo foi o prognóstico do tempo, co gracioso Javier Gómez emulando a Mariano Mediana coa súa pizarra:
Javier Gómez imitando a Mariano Medina
Tamén estivo simpático ver a Mamen Mendizábal maqueada en plan retro, e nun decorado sumamente cutre. Parece mentira que a televisión fose antes así (e que non dese pena). Pensar que unha televisión local de hoxe ten máis medios que a Televisión Española de hai 30 anos dá calafríos.
Convídovos a ver o vídeo do programa homenaxe, achegado dende a nova web de La Sexta Noticias:
Ver o vídeo ▼

Xoves, 21 de Xuño de 2007

On-da-vi-tal… ¡xaaaaaa!

gañador do concurso de KamehamehaSon Goku causou furor, pero que aínda queden frikis por aí que hoxe en día fagan concursos para ver quen fai mellor a técnica da Onda Vital (kame-hame-ha) me parece a rehostia (xuntaron a 60 participantes).
Aquí tendes a final deste ano:
O tío que vai vestido de Ryu debe de estar a facer algo de trampa (a técnica de Ryu é o Shoryuken, moi semellante á Onda Vital, pero non é o mesmo). Ah, e na semifinal os tíos aínda flipaban máis:
¡Están tolos estes neocelandeses!

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios