Zapping en directo… ¡Yes!

¡Menudo programón! O directo de Zapping do pasado venres foi apoteósico, e iso que agora o programa non se emite para toda Galicia, polo que ten moitísimo mérito.
De feito, a xente tardou bastante en chegar, e parecía que a acollida era un tanto fría (ou sexa, que non chegaron 15 minutos antes do programa, como pediran Txury e Antón) pero durante a emisión, cando un botaba a vista atrás podía ver como se duplicara a asistencia en poucos minutos chegando a un cento de oíntes.
Para os habituais ó programa este directo tivo como principal atractivo que serviu para dar a coñecer a 2 novos colaboradores: Vítor, da Escola de Portugués, e Alberta, da Escola de Italiano.
Sen máis voltas, déixovos que o comprevedes coa gravación do programa que fixo Galiciandreamer:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Ah, as páxinas que recomendei foron peliculasonline.org, yendit.com, tovideos.com e sinlamula.com.
Trala gravación celebrouse o concurso Oínte Zapping do Ano 2007 (OZA 07) con moita participación e diversión, que consistía en 5 probas nas que nos tiñamos que bater os concursantes en eliminatorias:
- Unha partida ós chinos (¿alguén chama chineses a este xogo?)
- Abotoamento de camisa coa man esquerda (os zurdos deben empregar a dereita)
- Lanzamento de lonxitude de oso de aceituna
- Carreira de inflamento de globos ata que esbouren
- Competición de velocidade en tragar unha rebanada de pan de molde
O campionato foi duro, e os históricos do programa fomos caendo pouco a pouco (¡faltaba Rochy!), ata que quedaron dúas competidoras moi duras de roer: Begoña e Alberta (si, ¡Miss Salento!). Estas finalistas se bateron nun Trivial Zapping con preguntas curiosas sobre o programa de radio, gañando Begoña por goleada (algo normal, xa que Alberta non é unha oínte habitual de Zapping, principalmente por ser unha recén chegada).
Concurso aparte, o encontro no directo foi moi gratificante por poder ver en persoa a xente que só coñeces pola voz, os SMS ou os comentarios nos blogs. Por unha banda estivo moi ben que se achegaran algúns oíntes de zonas fóra da cobertura de Radio Coruña e Radio Nordés (auténticos incondicionais que seguen agora o programa grazas ó podcast), e tamén para poder verlle a cara a xente coma Brigantium e o mesmísimo Coiote, que supoño que calquera día será Invitado Ñe, pois tralo concurso estivo comentando que coleccionaba cousas do Coiote da Warner e que mesmo ten o taxi todo tuneado con imaxes do popular animaliño televisivo. ¡Enorme!




15 comentarios realizados
1. Brigantium escrito o 1 de Xullo de 2007 ás 0:24
YESSSSSS!!!
Graciñas por aturarme e encantadisíssísísímo de coñecerte!
Varias cousas:
A web esa tan enorme de trens da que che falaba onte é http://www.tranvia.org/index.php , non sei se é que tiñas unha interese profesional, ten un arquivo fotográfico inmenso e uns comentarios nos foros con aportacións impresionantes de xente coma o usuario Canyailla en xeral ou Zoltan no que respecta ás ifraestruturas galegas, por poñer un exemplo. Hai un fío bastante considerable sobre o ferrocarril en Galicia.
Por outra parte comentarche que hoxe visitei oi Fnac dapraza de Lugo por primeira vez e quixera sinalar como dato anecdótico as faltas ortográficas na cartelería en Galego coma “extranxeiros” ou “héroes” no canto de estranxeiros ou heores.
E volvendo á festa de onte esquecéuseme (que raro) facerche “in person” tres preguntas fundamentais:
1. De que coñeces ou como deron contigo Zipi e Zape?
2. Sabes o nome da túa sintonía?
3. Por que miañan os presentadores cando saúdas? Eu pensaba que formaba parte da canción.
Por certo, moloume a túa entrada, fuches o único que fixeches algo distinto, eses movementos cos brazos…¿tíñalo ensaiado? ¡mazo funki! XD
2. Brigantium escrito o 1 de Xullo de 2007 ás 0:25
P.D. Pero se saio eu na foto! Marditos roedores!
3. Marcus escrito o 1 de Xullo de 2007 ás 13:00
Brigantium:
1- Eu empecei en Zapping coma oínte, dun xeito semellante a Roly. Mandáballes correos e como lles interasaba o que poñía neles, ficháronme.
2- A sintonía de Tecnoloxía é o Also Sprach Zarathustra (Así falou Zaratustra) pero nunha versión de Eumir Deodato
3- Na versión de Deodato hai momentos nos que aparecen uns sons que parecen gatiños miañando. Mazo friki.
4. mitxinho escrito o 1 de Xullo de 2007 ás 23:39
Gran cronica, a mi en la foto no se me ve (me tapa una cabeza), pero se ve a mis acompañantes.
Me alegra poder poneros cara, e intentare participar a partir de ahora
5. Suevo escrito o 1 de Xullo de 2007 ás 23:40
Moi boas páxinas as que recomendaches.
Eu tiña gañas de ver o programa en directo pero esqueceuseme completamente
6. patricagiao "patroubles" escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 0:21
Graaaaaaaaaaande!!!!
me quedo la fotico de recuerdo
este año si que se me ve en ella!!!
lo que no me explico es mi relación con la barra del chiringuito que siempre me toca quedarme en ella ¿?¿?
biquiños
7. Brigantium escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 1:09
1- Agora (maldita sexa) lembro que xa lera algo diso en http://zappingyes.blogspot.com/
2- Graciñas, xa lles mandara un correo preguntándolle por varias sintonías e non foron capaces de contestarme nin á tú nin á de Academia de Italiano, e en http://zappingyes.blogspot.com/
fai cousa dun ano, Zítony dicía o mesmo, que non se lembraba.
3- Mazo funki! XD
Non me contestaches ao da entrada que fixeches no directo
8. Marcus escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 1:26
Brigantium, a miña entrada foi pura improvisación. O único que tiña preparado era o da listaxe de webs.
Sobre o PuchiPuchi (o xoguete ese que emula o papel-burbulla), cando saia procurarei estrealo en Zapping en directo
9. frente zitonista. escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 1:37
Gran programa; he de decir que me gustó mucho ponerle cara a los dos nuevos academicos de este año. Viva miss Salento…Y viva Fernanda grande como siempre!!! Que hariamos sin ella.
Un saludo para toda la gente que acudió al directo.
P.D: Tengo algunos videos del directo que podrian interesarte marcus. Si quieres mandame un correo y hablamos del tema.
10. patroubles escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 3:39
videosssss!!!
arghhhh!
claro que interesan….!!!!
poned los cuadritos a los que no quieran salir y pal youtube o similar, pliiiiiiiiiiissssssss!!!
11. Jose - Ferrol escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 11:46
Yo fui por primera vez al directo y además de ponerle cara a txury y anzony (que por cierto son una gente de puta madre) también me encantó ponersela a otra gente como alberta, fernanda y a tí tb Marcus!! Por cierto,tio, ya me dirás dónde comprar los llaveros esos de las bolitas que deben de ser enormes!! jeje un saludo y necesito más fotos!!!!!! Que sólo saqué un par d ellas (yo era el q estaba apoyado en la columna de detras de la tuya con un vaquero corto y sudadera marron, y que a veces me ponia a tu lado para sacar fotos con el movil…)
ABUR!
12. Marcus escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 11:50
José, los llaveros de bolitas saldrán en octubre y ya informaré en el blog y en Zapping sobre los mismos, pues me da en la nariz que se van a convertir en una fiebre tipo Tamagotchi.
13. Jose - Ferrol escrito o 2 de Xullo de 2007 ás 13:21
Gracias Marcus!! estaré atento a las noticias q des…
14. Ari escrito o 16 de Xullo de 2007 ás 10:00
15. Marcus escrito o 16 de Xullo de 2007 ás 10:18
Ari, el problema de ver y no oir puede ser por muchas cosas. La más chorra es tener un número de colores configurado que no le mole al codec de vídeo instalado: o sea, que si tienes el monitor configurado a 32 bits de color puede pasarlo a 16 bits e igual te va bien.
Siempre puedes volver a pasarte por la web de DivX a reinstalar el plugin para tu navegador, por si acaso.