Zapping en directo… ¡Yes!

¡Menudo programón! O directo de Zapping do pasado venres foi apoteósico, e iso que agora o programa non se emite para toda Galicia, polo que ten moitísimo mérito.
De feito, a xente tardou bastante en chegar, e parecía que a acollida era un tanto fría (ou sexa, que non chegaron 15 minutos antes do programa, como pediran Txury e Antón) pero durante a emisión, cando un botaba a vista atrás podía ver como se duplicara a asistencia en poucos minutos chegando a un cento de oíntes.
Para os habituais ó programa este directo tivo como principal atractivo que serviu para dar a coñecer a 2 novos colaboradores: Vítor, da Escola de Portugués, e Alberta, da Escola de Italiano.
Sen máis voltas, déixovos que o comprevedes coa gravación do programa que fixo Galiciandreamer:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Ah, as páxinas que recomendei foron peliculasonline.org, yendit.com, tovideos.com e sinlamula.com.
Trala gravación celebrouse o concurso Oínte Zapping do Ano 2007 (OZA 07) con moita participación e diversión, que consistía en 5 probas nas que nos tiñamos que bater os concursantes en eliminatorias:
- Unha partida ós chinos (¿alguén chama chineses a este xogo?)
- Abotoamento de camisa coa man esquerda (os zurdos deben empregar a dereita)
- Lanzamento de lonxitude de oso de aceituna
- Carreira de inflamento de globos ata que esbouren
- Competición de velocidade en tragar unha rebanada de pan de molde
O campionato foi duro, e os históricos do programa fomos caendo pouco a pouco (¡faltaba Rochy!), ata que quedaron dúas competidoras moi duras de roer: Begoña e Alberta (si, ¡Miss Salento!). Estas finalistas se bateron nun Trivial Zapping con preguntas curiosas sobre o programa de radio, gañando Begoña por goleada (algo normal, xa que Alberta non é unha oínte habitual de Zapping, principalmente por ser unha recén chegada).
Concurso aparte, o encontro no directo foi moi gratificante por poder ver en persoa a xente que só coñeces pola voz, os SMS ou os comentarios nos blogs. Por unha banda estivo moi ben que se achegaran algúns oíntes de zonas fóra da cobertura de Radio Coruña e Radio Nordés (auténticos incondicionais que seguen agora o programa grazas ó podcast), e tamén para poder verlle a cara a xente coma Brigantium e o mesmísimo Coiote, que supoño que calquera día será Invitado Ñe, pois tralo concurso estivo comentando que coleccionaba cousas do Coiote da Warner e que mesmo ten o taxi todo tuneado con imaxes do popular animaliño televisivo. ¡Enorme!

Habida cuenta de que la interpretación y la música siempre han estado presentes en la trayectoria de Luis Tosar, el actor vuelve a los escenarios para presentar su nuevo proyecto, The Ellas, la banda de rock con la que este verano estará en toda Galicia, incluyendo Compostela y sus fiestas del Apóstol.
Dicía o mestre Kapuscinski que, para ser bo xornalista, hai que ser boa persoa, que os cínicos non valen para este oficio. Se un día poñen a TVG e sae Jesús Manuel Pampín Sánchez (Melide, 1958) informando de que o ceo caerá sobre as nosas cabezas, mellor ir buscando un casco, porque será verdade; as boas persoas non menten.

