Sábado, 26 de Maio de 2007

¡Coidado cos freos!

Bendis Brakes lanzou unha campaña de promoción para alerta da forza dos seus novos freos (¡escachei coa risa!):
Anuncio de Bendis Brakes

Venres, 25 de Maio de 2007

Municipais07: tempo de votar

O vindeiro domingo chegan as Eleccións Municipais, e dende aquí quero lembrarlle á xente que vaia votar:

Eu estarei atento ós resultados de Melide, pero loxicamente non comentarei nada ata o domingo pola noite, xa que o sábado é xornada de reflexión e hai que respectalo, aínda que é unha tradición que non entendo (os carteis continúan nas paredes e durante o propio día das eleccións hai xente pedindo o voto ata nos colexios electorais).
Meditade moito o voto e, cando menos, ide a votar (aínda que sexa en branco).

Transforma o teu escritorio

Xa está na Internet un póster promocional da película dos Transformers que se pode ver en Taiwán, e eu aproveiteino para facer un fondo de escritorio que quero compartir dende aquí, por se hai máis frikis por aí adiante que desexen ter a Optimus Prime decorando o seu ordenador:
Os Transformers no teu Escritorio
E para quecer os motores tamén podedes ver o trailer en español da peli:

Un móbil con ghotas

Cell Phone FlaskO mercado logra crear certa demanda de produtos de xeito que, aínda que hai unha década apenas houbese xente con móbil, hoxe ten un terminal todo dios e a xente o renova periodicamente pese a non ser preciso. Aparecen tamén moitos adictos á tecnoloxía ós que lles vai mal se non teñen o último produto á venda. Pero agora chega un móbil innovador que adorarán tecnófilos e tecnófobos. Non falo do iPhone de Apple, do último de Motorola ou do que sae no anuncio de Vodafone, refírome ó Cell Phone Flask, que pese a non conectar con redes GSM nin UMTS (3G), non ter GPS, non ter cámara e nin sequere acender podería ter moi boa acollida os venres e sábados pola noite porque ten unha capacidade duns 114 mililitros.
Véndeno na Internet a 12,95 dólares (9,63 euros) e dá totalmente o pego coma terminal de telefonía o que o converta na auténtica petaca 2.0. Un sistema orixinal de colar alcool nun garito sen que se decaten os camareiros, para poder cargar así os refrescos con fluídos que non proveñan dun garrafón ;)

Xoves, 24 de Maio de 2007

Mañá é o Día do Orgullo friki

Póster do Día do Orgullo Friki 2007Un 25 de maio de hai 30 anos estreouse nos cines norteamericanos unha película que parecía chamada a ser un fracaso, Star Wars, pero que se convertiu no símbolo de toda unha xeración de fieis seguidores dunha mitoloxía de ciencia ficción que se autodeterminou friki.
Os frikis non somos só seguidores de Star Wars e da ciencia ficción, senón que moitos seguimos historias de fantasía, comics de superheroes, videoxogos ou xogos de rol (aínda que eu fuxo destes últimos), pero dende o ano pasado unímonos nesta data especial para reivindicar a nosa dignidade, o noso orgullo de ser así. Queremos poder ler comics pese a non ser nenos, queremos poder levar camisolas con personaxes dos nosos personaxes favoritos, queremos ver series de televisión clásicas (e que non nos digan que son curtes), queremos, en definitiva, defender o noso Orgullo Friki. Por iso, independentemente de se somos ou non seguidores da saga de George Lucas, eliximos esta data especial para celebrar o Día Internacional do Orgullo Friki, e para os que se queiran documentar un pouco sobre o tema recomendarei dende aquí que visiten algunha web coma OrgulloFriki.com.

Os de Ozú tamén foros espabilados este ano, e quixeron apropiarse da celebración desta data, polo que levan meses cunha campaña que se concreta nun portal dende o que lanzan distintas iniciativas como as seguintes:

Heroe o villano
Unha web dende a que che convidan a tomar parte coma heroe ou malvado.

Blog friki
Un blog friki.

Festa Friki
E mesmo unha festa friki en Madrid.

Festa paralela
Ah, e os que non poidan ir a Madrid sempre poderán seguir a festa en Second Life.

Pero eu, sinceramente coido que esa festa vai ser unha trapallada, simplemente polo feito de que non naceu de frikis de verdade (¡e mirade que non hai comunidades frikis na Rede!) e nos moitos mundillos frikis que hai só se escoita falar do Día do Orgullo Friki pola prensa. Ou sexa, que aínda queda moito para que sexa unha celebración seria, especialmente cando en cada zona xa nos montamos os nosos propios días especiais (sen ir máis lonxo, mañá mesmo haberá moitas excursións frikis para ir ver a nova película dos Piratas do Caribe). Sen ir máis lonxe, na Coruña o normal é celebrar as frikadas durante Viñetas desde o Atlántico e, especialmente, se coincide con algunha película de culto (¡ai!, aínda lembro cando se estreou o Episodio I en plena feira coruñesa do cómic).
Discrepancias e polémicas aparte… ¡Feliz Día do Orgullo Friki! (¿era preciso que dixese que son friki?)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios