Nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico
O humorista gráfico Santi Orúe, colaborador de El Jueves e do TMEO, amósanos unha nova campaña da DGT:

O humorista gráfico Santi Orúe, colaborador de El Jueves e do TMEO, amósanos unha nova campaña da DGT:

Síntoo moito, pero a xente sensible non debería ver o seguinte vídeo que vin no blogue de Ghaiteira:
Pola súa banda, Vítor de Palas di que os veu “máis porcos pero non máis bastos“.
Eu só podo engadir que se YouTube permitise consultar os vídeos máis vistos en Galicia, nin a tele do PP nin a do BNG terían nada que facer comparándoos cunha “cona de 70 estalos”
ACTUALIZACIÓN: Acabo de atopar por aí perdida unha canción que este vídeo me fixo lembrar. O tema é de Pabellón Psiquiátrico, titúlase Le metí una mano e non ten desperdicio:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
ACTUALIZACIÓN (3-10-2009): Luisma avisou de que existe unha versión do vídeo subtitulada en inglés:
A serie de televisión 24 estrea unha precuela animada co patrocionio de Degree (Rexona, para entendernos).

Day Zero é o título destas aventuras de Jack Bauer, que máis que debuxos animados é un cómic animado.
Neste momento se poden ver os 2 primeiros capítulos, e gustei do detalle que ó intentar ver a 3ª entrega aparece unha conta atrás indicando o tempo que resta para a súa estrea na Rede.
Os episodios duran 2 minutos que serían 10 minutos na ficción, aínda que iso converte as historias en meras sucesións de momentos emocionantes que non sorprenden a ninguén.
Na mesma web tamén teñen a serie The Rookie:CTU, no que se poden seguir as aventuras dun novato da UAT, esta vez con actores reais.

Aparte da web oficial, os vídeos de ámbalas dúas series están en YouTube, polo que son doadas de seguir, aínda que polo momento só se poden ver en inglés. Supoño que ó remate das mesmas as dobrarán ó español e as porán nunha web de Rexona en España para tirar proveito do produto.
Acabo de ler en Noticiasdot que hai unha campaña nos EE.UU. contra a seguinte figura:


O texto da nova é o seguinte:
Feministas lanzan campaña online contra muñeco de Mary Jane (la novia de Spiderman)
Desde que el muñeco fue lanzado, hace ya algunas semanas, seguidoras de la saga iniciaron todo tipo de protestas en contra del diseño elegido.Poco tardaron estas mujeres en recibir el apoyo de grupos feministas que denunciaron la imagen machista de Mary Jane.
Más de 200 blogs de los EEUU se hicieron eco de la protesta que incluso llego a las páginas del New York Times y de las cadenas televisivas estadounidenses.
El diseño de la estatuilla es del artista Adam Hughes, ilustrador de distintas cubiertas de cómics, entre ellas de la Mujer Maravilla.
En una entrevista, Hughes salió en defensa de su diseño diciendo que “Mary Jane no estaba lavando la ropa, sencillamente descubrió la cesta de ropas sucias de Peter”.
El artista también afirmó que dio intencionadamente un diseño “años 50″ de la novia de Peter Parker, exactamente como era dibujada en los primeros comics del superhéroe. Una imagen que el califica de “sabrosona”.
La estatuilla puede comprarse en http://www.sideshowtoy.com/ a un precio de 125 dólares.
E estou que flipo, porque Adam Hughes sempre debuxou así ás mozas dos superheroes e ás superheroínas. Tampouco entendo por qué critican a imaxe de Mary Jane (que nos comics sempre foi unha loba, non como nas películas) e non din nada de Emma Frost:

¿Será que a Srta. Frost non está lavándolle a roupa a Cíclope?
Os comicios electorais celebrados en Melide o pasado domingo seguíronse en Tierras de Santiago no seguinte artigo:
El BNG celebra la ‘caída’ del PP en Melide
- La rúa Principal, donde se ubica la sede del partido, estaba llena de vecinos que felicitaron a Socorro Cea
- Los nacionalistas igualaron en número de concejales al Partido Popular y pactarán con el PSOE para gobernar
Socorro Cea desbordaba alegría el domingo por la noche. Cientos de vecinos se agolpaban a su alrededor. La líder nacionalista celebró junto con sus familiares, amigos, simpatizantes, compañeros de partido y ciudadanos el gran triunfo del BNG en Melide.Y es que los nacionalistas casi doblaron el número de concejales con respecto a la anterior legislatura. “Gañamos en tódalas parroquias menos nunha”, aseguró la que probablemente será la nueva alcaldesa de la villa. “Este é un día histórico para Melide, no que xa non gobernarán os mesmos ca antes. Hoxe demostrouse que este é un Concello de tódolos veciños, e non só dalgunhas familias”, añadió Socorro Cea visiblemente emocionada y mientras se abrazaba a unos y a otros en la rúa Principal.
Desde el interior de la sede del BNG local se podían oír los vítores con el nombre del partido por parte, sobre todo, de los más jóvenes. Entre el bullicio también se oía el sonido de las botellas de cerveza chocando unas contra otras a modo de brindis por la remontada del Bloque en estas elecciones municipales.
La emoción se podía ver en todas y cada una de las caras y, más que nadie, en la de una Socorro Cea que no paraba de recibir llamadas, abrazos y palmadas en la espalda de todo el mundo. Cea y sus compañeros de partido no paraban de abrazarse y de hacer gestos de victoria, como diciendo “lo hemos conseguido”.
Y es que “son xa moitos anos”, comentaba la líder nacional de Melide, los que llevaba esperando ese cambio del que tanto habló en sus mítines durante esta campaña. Este cambio se debe, según ella misma indicó, a que “os melidenses saben que un goberno do BNG é unha garantía de futuro para esta vila”. La gran fiesta nacionalista se alargó hasta altas horas de la madrugada, a pesar de la lluvia que cayó.
La candidata nacionalista podrá gobernar siempre y cuando pacte con el único representante del PSOE, Manuel Prado. Ésta será la opción más probable, ya que los miembros del Partido Popular melidense, con Ángeles Vázquez a la cabeza, no están dispuestos a buscar pactos.
Ángeles Vázquez: “Hemos perdido la mayoría absoluta por once votos”
Y mientras unos celebraban por todo lo alto sus resultados, los miembros del PP melidense permanecían callados y cabizbajos en la sede del grupo. Había pinchos para todos, pero a casi nadie le apetecía comer.
No por ello la líder de los populares, Ángeles Vázquez, dejaba que los ánimos decayesen. “Hemos sido la lista más votada de todo Melide. Nos hemos quedado a tan sólo once votos de la mayoría absoluta”, aseguró. “El PP ha conseguido 2.442 votos y el BNG, 2.158″, lo que declina la balanza hacia un probable cambio de gobierno, a pesar de haberlos superado en número de votos en las urnas.
Vázquez, a pesar de que los resultados la sitúan fuera de la alcaldía, se mantuvo en su postura de no llegar a un acuerdo con el único edil que queda en la Corporación, el ‘alcaldable’ del Partido Socialista. “Por nuestra parte, no va a haber un pacto para gobernar”, afirmó tajante la candidata popular.
Además, se mostró contenta por la campaña que han desarrollado durante estas dos semanas. “Estoy muy satisfecha por el grupo que tengo y por la confianza que han depositado en nosotros los vecinos de Melide”, añadió.
Eu continúo sen saber de onde sacan iso dos 11 votos que precisaba o PP para levar maioría absoluta cando a Lei D’Hont sitúa esa cantidade en 87. Iso non quita que o resultado estivese moi rifado, aínda que en Palas de Rei a cousa aínda foi máis xusta, ¡pois o PP gañou ó PSdeG por 3 votos!.
Confírmase así que cada voto conta, o que non debería desvirtuar os comicios, senón todo o contrario. Se a xente non se anima a participar con estes resultados, non se anima con nada.
O tema dos comicios locais en Melide parece que está a quentar os ánimos, e para que a xente non se poña a insultar ós veciños propoño que se desfogue dándolle leña ó candidato que máis rabia lle dea.

Elixe o teu candidato, e dalle duro:
Ángeles ▼
É mellor quitar a mala hostia de enriba dándolle ás teclas que quentando a lingua, ¿verdade?
ACTUALIZACIÓN: Vese que o xoguiño tamén fixo graza ós da Voz.
Para comezar teño que pedir perdón por non facer un seguimento en tempo real do acontecido en Melide durante o 27-M, pero tras ir votar tiven que levar ó meu irmán ó CHUS (finalmente parece que non está moi mal, pero sen analíticas non había xeito de descartar certas doenzas graves) e non regresamos a Melide ata última hora da noite, cando xa estaban escrutados o 100% dos votos melidentes, ou sexa, con todo o pescado vendido.
Como o tema deu moito que falar neste blog sentíame obrigado a falar máis do tema, e aínda que sexa algo tarde, achego aquí os resultados dos comicios:
| Municipais 2007 | Municipais 2003 |
PP: 6 BNG: 6 PSdeG: 1 |
PP: 7 BNG: 4 PSdeG: 2 |
Deste xeito, teriamos a seguinte composición do goberno municipal:

Pero ata aquí vemos uns resultados moi a groso modo, pois os detalles engaden información que pode convidar a reflexionar:
| Candidaturas | Votos | Concelleiros | |
|---|---|---|---|
| PP | 2.443 | 45,58% | 6 |
| BNG | 2.168 | 40,45% | 6 |
| PSdeG-PSOE | 499 | 9,31% | 1 |
| CIDEGA | 213 | 3,97% | |
Datos que contrastan enormemente coas cifras de 2003:
| Candidaturas | Votos | Concelleiros | |
|---|---|---|---|
| PP | 2.758 | 53,51% | 7 |
| BNG | 1.428 | 27,71% | 4 |
| PSdeG-PSOE | 913 | 17,71% | 2 |
Para min, o que máis destaca das dúas táboas anteriores é o cambio na particpación, pois en 2007 votaron 5.392 cidadáns (o 66,34%) fronte a unha participación de 5.190 persoas (o 65,75 %) que viña a ser a tónica habitual de participación no concello. Así, dame a impresión de que houbo unha maior forza social para achegar a xente ás urnas.
Pero se nos poñemos a mirar os resultados para min foi toda unha sorpresa pois, aínda que me parecía cantado que o PP perdería forza, o que non agardaba era que o BNG collese tanta, xa que sempre me deu a impresión de que en Melide a meirande parte da xente era de dereitas.
O que me deixou moitísimo máis flipado foi que o PSdeG perdese case a metade dos seus apoios, posto que contaba co efecto de arrastre que terían ZP+Touriño, cousa que definitivamente non se deu (e que debería chamar á reflexión os socialistas melidenses).
Temos que finalmente se concretará un goberno de coalición entre BNG e PSdeG, de xeito que é de agardar que remate como alcaldesa Soqui, e de tenente de alcalde Manolo, o que traería a marea do cambio a Melide, para o que antes tiveron que cambiar de cor política tódolos demais organismos superiores (a Deputación, a Xunta e o Goberno central). Este cambio vai supor unha revolución para a vila, posto que se anuncia un xeito distinto de facer as cousas e, como mínimo, levaranse a cabo da man doutras persoas, de aí que a moita xente lles cambie a vida (para ben ou para mal, segundo o caso).
Reflexionar se as cousas van a mellor ou a peor será algo a facer dentro de 4 anos, pero polo momento coido que o axeitado é darlle parabéns á xente da actual oposición no Concello, e desexarlle sorte á xente que deixa as súas labores no poder, agradecéndolles o servizo prestado.
Eu dende aquí tamén teño que agradecer a participación neste modesto blogue de moitos melidenses que tiveron a ben tomar este espazo como a súa casa para falar da política municipal, e convídoos a continuar a facer o propio na Rede, pois resulta moi constructivo manter vivo o debate cidadán coas ferramentas que non achegan as TIC. Unha aperta a todos vós, e seguímonos vendo polos Melides real e virtual.
NOTA: Dende esta entrada no blog pretendíase continuar unha entrada anterior que se veu totalmente saturada de comentarios que dificultan a súa lectura, agora recomendamos continuar o debate nunha entrada posterior.
