Sábado, 21 de Abril de 2007

Tiran máis dunhas tetas que dous botes de desodorante

Os de AXE saben utilizar os reclamos sexuais na súa publicidade (como xa se ten visto neste blogue) e agora sorprenden no Brasil cunha campaña na que fan uso de moitos dos éxitos/tópicos da Internet, pois comezan cunha moza espíndose ó ritmo da música nun vídeo de YouTube:

Fondo de escritorio de AXENo vídeo convidan ó espectador a chamar ó número telefónico +55 11 30132935 dende o que se simula unha conversa telefónica na que se comenta que en Axe.com.br se poden ver fotografías a atractiva loura do vídeo, e se visitamos tal web nos vemos redirixidos a unha réplica da páxina do millón de dólares (Million Axe Homepage), agás que nesta ocasión nos serve de canle para facernos con varios fondos de escritorio (1, 2, 3, 4 e 5) e mesmo un protector de pantalla.
Estamos ante un caso de publicidade que pretende aproveitarse dos contidos víricos na Rede, e sospeito que neste caso o conto saíulles ben.

Xoves, 19 de Abril de 2007

Edilberto en Gomaespuma

Gomaespuma¡Impresionante! Os tolos do dúo Motocarro non queren que Edilberto Alonso permaneza no economato, polo que lle dedicaron preto de 20 minutos o pasado venres 13:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

A verdade é que me sorprendeu moito que os de Corchopán falasen de Edilberto, pois coido que o fenómeno do curtiense máis popular da Rede non chegaba a fóra de Galicia. Alédame ver que non é así.

Luns, 16 de Abril de 2007

Exercicio do carallo

Agora que chega a operación bikini ós ximnasios de todo o mundo, no Xapón quixeron comprobar cal sería a reacción dunha moza ó ver cómo se exercita o membro viril dunha persoa sen complexos:
Temos así un claro exemplo de que non é o mesmo facer a polla de exercicio que exercicio coa polla :P

Se vos fai graza o vídeo, en YouTube hai unha ducia do mesmo estilo (estes nipóns andan máis quentes que a cabra da Lexión).

Domingo, 15 de Abril de 2007

Ansias por mercar

De todos es sabido” que hai moita xente que case vive para ir de compras, polo que cando vexo a campaña publicitaria de Market Mall na que están a incitar ó consumo suxerindo que se busque unha razón para ir de tendas non podo facer máis que botar unhas risas (aínda que admito que me dá certo repelús ver as imaxes):
Viño na roupa
Desfiar un xersei
Iso lévame a pensar: ¿Canta xente precisa dunha escusa para mercar algo? ¿Por qué hai que agardar a que unha cousa se escaralle para mercar unha nova (¿falsa conciencia?)? ¿Non vai sendo hora de admitir que somos uns consumistas do carallo?

Sábado, 14 de Abril de 2007

Chan encerado

Os chans encerados non só son bonitos, senón que resultan un tanto perigosos, de aí que acontezan situación coma esta:
Máquina de encerar Somela
O anuncio da máquina de encerar de Somela é moi orixinal, pero aparte da ridícula situación do michiño, a min non para de lembrarme unha popular escena do gato Garfield (si, cando se queixa da limpeza dos cristais da casa, tras espetarse contra unha fiestra).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios