Martes, 24 de Abril de 2007

Espertar con música

Xa sexa coa radio ou co móbil, empregar música para acordar a diario é algo moi habitual, pero o fabricante de espertadores Philco ten un orixinal xeito de ilustrar o asunto:
Acorde com música
Tendo en conta no móbil teño posto como alarma o tema musica de Rasca e Pica… flipo ó pensar que a miña versión do anuncio sería que os populares personaxes dos Simpson estivesen a facerse putadas mentres durmo. A verdade é que sería moi violento erguerse mentres se escoita como un rato fai esbourar a un gato cun cartucho de dinamita, ¿non?

Deixar de fumar

Pulmóns de vidroÓ igual que nas campañas da DGT, para deixar de fumar sempre se empregan mensaxes duras e directas ós fumadores, pero de cando en vez se decide innovar, e AOK, a principal aseguradora xermana, quere axudar á xente a deixar ó vicio, para o que fixeron unha web con consellos e trucos para afastarse do tabaco que se promocionou colocando uns pulmóns de vidro (a xeito de cinceiros) en lugares públicos, o que parece que funcionou moi ben, xa que a web anima a converterse en ex-fumador acadou milleiros de visitas. ¡Que cunda o exemplo!

Luns, 23 de Abril de 2007

Los TroPPecientos

Grazas a Suevo e a Elianinha descubrín un vídeo que puxeron en La Sexta parodiando ó trailer de 300:

A masacre en Virginia Tech pode tomarse a broma

Os humoristas gráficos saben atopar o xeito de concienciarnos sobre problemas sociais, coma o que reflicte a masacre na universidade de Virginia Tech nos pasados días, e Daryl Cagle vén de publicar unha escolma das tiras de prensa que mellor souberon tratar o asunto, e das que eu tamén replico algunha:

  • Christo Komarnitski (Bulgaria) é un dos moitos ilustradores que denuncia a dobre moral da cidadanía conforme ás proximidade dos acontecementos:
    Tira de Christo Komar sobre a masacre en VT
  • Dick Locher (The Chicago Tribune) emprega ós personaxes de Charles Schulz para dar a súa visión sobre o uso das armas de fogo:
    Carliños e as armas
  • E por suposto, o propio Daryl Cagle tamén se preocupa do tema denunciando a falta de previsión da sociedade norteamericana así como a súa falta de carácter fronte os medios de comunicación, que inflúen de xeito excesivo en cómo ven a vida:
    Stop Me
    Nenos disfrazados

Domingo, 22 de Abril de 2007

Día do libro

No día do libro regala tebeosDende Freak’s City queren animar á xente a celebrar o Día do Libro (o vindeiro luns) agasallando comics, para o que fan unha listaxe de recomendacións:

  • Watchmen
  • Marvels
  • Mouse
  • 300
  • Bone
  • Contrato con Dios
  • Ex-Machina
  • Superman: Identidad Secreta
  • V de Vendetta
  • Ronin

As recomendacións parecen boas, pero eu reduciríaas bastante, pois Bone coido que é algo difícil de agasallar (é unha colección regular) e algunhas cousas coma 300 só teñen unha certa relevancia na actualidade. Digamos que que preferiría cinguirme a Watchmen, Marvels e pouco máis, aínda que tamén engadiría o Born Again de Daredevil, que coido que é unha das mellores historias de superheroes que se contaron nunca. O Dark Knight tamén podería ser unha boa suxestión, aínda que postos a elixir, os primeiros número dun dos coleccionables de Batman nos que se incluían as historias de Batman: Año Uno tampouco sería unha mala escolla (pero quedaría algo cutre, xa que se poden mercar mooooi baratos).
Fóra do mundo dos superheroes, tamén recomendaría algunha recompilación de tiras cómicas de Frank Cho (Liberty Meadows ou University2) e mesmo o Bok Redux, con moito material de Jesús Martínez del Vas. Vaia, que non atopa nada interesante o que non quere ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios