Venres, 27 de Abril de 2007

As mulleres máis atractivas do ano (sonche algo frikis)

A edición norteamericana da revista FHM vén de publicar a súa listaxe coas 100 raparigas máis atractivas de 2007, quedando en primeiro lugar a fantástica Jessica Alba:
Jessica Alba en FHM
Flipper aparte, hai que recoñecer que Jessica Alba é unha actriz moi friki, pois se fixo popular na serie de televisión Dark Angel e consagrouse para o grande público cos Catro Fantásticos e Sin City. Debo entender así que entre os lectores de FHM hai moito friki de dios. Incluso me atrevería a dicir que é unha afirmación irrefutable se de entre a listaxe devandita atopamos a moitas outras mulleres que a primeira vista non pegan moito nas publicacións masculinas:
As máis frikis entre as máis cachondas
Vaia, é que o feito de que se colasen dúas actrices da serie Smallville nos postos 20 e 47 (nótase que Lois Lane tira máis que Lana Lang) xa é un indicador de peso, que sumado ó feito de que Morgan Webb (presentadora dun programa de televisión sobre videoxogos) xa crea un combinado explosivo que culmina coa presenza de Kristana Loken (a mala de Terminator 3 que agora protagoniza a serie baseada nun cómic, Painkiller Jane) e Ali Larter (unha das protagonistas de Heroes). ¡E só comento as mozas máis frikis! Porque hai moitas outras que tamén teñen relación con películas e series de televisión dignas de mención.
¿Queda claro agora que o friki vende? Se ó final vai resultar que os frikis somos un mercado tan atractivo coma o gai, e os patrocinadores pelexaranse por colocar as súas promocións en comics e videoxogos. ¿Imposible? Eu non apostaría nada…

Xoves, 26 de Abril de 2007

¿Quen escribe certos blogues?

Hai tempo na blogosfera se criticaba o feito de que moitos personaxes coñecidos contaban con negros para facer os seus blogues (o exemplo de Pepe Blanco era popular), e na tira de Dilbert de hoxe fan burla do tema:
Tina en Dilbert
Non puiden evitar replicar aquí a tira, porque me fixo botar unhas risas. Aparte dos casos dos políticos, ¿coñecedes algún outro blogue de autoría bastarda?

Cómo debemos ver unha adopción

Coa adopción recibes máis do que podes darA adopción de nenos é algo que normalmente vemos dun xeito errado. Así, hai dúas perspectivas a ter en conta: por unha banda está o cativo sen pais e por outra están os pais que queren ter fillos e non poden. Como estamos nunha sociedade acomodada, tendemos a pensar que as parellas sen fillos teñen dereito a adoptar, pero a realidade é ben diferente, ou sexa, que os necesitados son os rapaciños que non teñen un fogar, e por iso a Indian Association for Promotion of Adoption and Child Welfare chama na súa última campaña publicitaria a adoptar nenos que precisan de cariño coa promesa de que “recibirás máis do que poses dar“.
Un claro exemplo de que o punto de vista é un elemento moi importante á hora de comprender situacións sociais e familiares.

Mércores, 25 de Abril de 2007

Matrix XP

A película de Matrix fixo historia e deu lugar a moitas parodias, como a que protagonizaban os Teleñecos, e agora, grazas a Volatilis redescubro Matrix XP (xa me esquecera do vídeo, pero fíxome graza volver a velo):
En YouTube tamén hai tomas falsas do vídeo que resultan moi simpáticas. Parece mentira que bromear co que pasaría se Matrix funcionase baixo Windows XP dese tanto xogo. ¿Pasará algo semellante co Windows Vista? A verdade é que conceptualmente sería algo semellante ó que pasa co XP, agás que na nova situación o sistema pediría permiso ó usuario en numerosas situacións antes de comezar a película :P

Martes, 24 de Abril de 2007

O movemento se demostra andando

Agora que se está a celebrar o 90 aniversario do TBO non podemos deixar de lembrar os inventos do profesor Franz de Copenhague que sospeito que inspiraron a última campaña publicitaria da marca de roupa deportiva Freddy que emprega coma lema “make a move make it happen” e amosa distintos xeitos de aproveitar o movemento:
Patada

Un curioso sistema de facer zume:
Zume

E mesmo unha máquina digna de saír no TBO:
Máquina en plan TBO

Ademais, esta última máquina se pode ver nun vídeo:

Aínda que a versión masculina do mesmo é un pouco máis movidiña e espectacular:

Con anuncios así coido que prefiro pasar dos programas de televisión ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios