Mapea o meu nome
José Luis Orihuela e Enrique Dans lanzan un meme nos seus blogs que me parece interesante seguir, pois se trata de suxerir ós seus amigos o uso do servizo de localización Map My Name, que serve para situar ós internautas no mapa:

Supostamente este experimento serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación. Eu atoparíalle utilidades máis prácticas, como a de identificar a veciños con intereses comúns para quedar a tomar algo (se é para friquear ou para ligar xa sería un tema aparte), pero se prefiren realizar o experimento a xeito de investigación… ¡alá eles! ![]()




2 comentarios realizados
1. Suevo escrito o 1 de Maio de 2007 ás 19:40
Mola a iniciativa Marcus, voume apuntar
2. marcus.es » Son un galego global escrito o 4 de Maio de 2007 ás 16:02
[...] O outro día comentábamos o proxecto de MapMyName, pero agora teño que incidir no feito de que xa ten unha réplica galega, Galicia Global, que co seu apartado de Galegos Globais quere censar ós internautas galegos para facilitar a súa comunicación. A campaña, que marca o noso lugar no mundo, dura do 1 ó 17 de maio, sendo esta última data o Día das Letras Galegas e o Día da Internet (¡coincidencia!). Para a ocasión habería que artellar algunha cousa, pero supoño que como se trata dun día festivo todo quedará en montar algunha comellada entre amigos ou deitarse no sofá a ver a televisión por Marcus | escrito en Internet Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | [...]