Sábado, 28 de Abril de 2007

Lage no Faladoiro

O pasado xoves José Manuel Lage Tuñas voltou a pasar polo Faladoiro de Correo TV, esta vez para debater con Carlos Aymerich (BNG), Alejandro Gómez Alonso (PPdeG) e Carlos Luis Rodríguez (El Correo Gallego). O programa resultou bastante interesante, como podedes comprobar a continuación:

Este tipo de participacións no Faladoiro serven para ver a xente coa que un non se atopa frecuentemente (aparte de na tele, a última vez que vira a Lage fora no Enredad@s) e o venres tamén me sorprendeu Susana López (a presentadora do debate) coa presenza de Manolo González (presidente da Asociación PuntoGal) falando sobre a situación actual do galego. A ver se para a vindeira semana atopo un intre para pendurar na Rede tal interesante tertulia.

5 comentarios realizados

a gravatar

2. José Manuel Lage escrito o 29 de Abril de 2007 ás 12:06

Marcus, a última vez que nos vimos foi en Faladoiro tamén en Correo Tv o pasado febreiro

a gravatar

3. José Manuel Lage escrito o 29 de Abril de 2007 ás 12:07

Marcus, moitas grazas por incorporar o debate á rede. unha aperta

a gravatar

4. marcus.es » O galego a debate escrito o 1 de Maio de 2007 ás 11:15

[...] A pasada fin de semana comentaba que no Faladoiro de Correo TV se debateu sobre o estado da lingua galega o pasado xoves, e hoxe penduro na Rede o correspondente vídeo: [...]

a gravatar

5. An escrito o 1 de Maio de 2007 ás 22:18

É unha magoa que agora non poda ver todo o programa, en canto o que penso do estado do Galego é que todo depende de nós, onte mesmo discutin con unha parella de amigos que sendo galego falantes, falabanlle en castelan por que segundo eles dese xeito estaria mellor preparado, eu disenlle que non era certo por que o castelan que eles lle ensinaban non era correcto e por ende non aprendia nen unha cousa nen a outra. Bo xorne e perdoa os erros ortograficos

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios