¿Quen escribe certos blogues?
Hai tempo na blogosfera se criticaba o feito de que moitos personaxes coñecidos contaban con negros para facer os seus blogues (o exemplo de Pepe Blanco era popular), e na tira de Dilbert de hoxe fan burla do tema:

Non puiden evitar replicar aquí a tira, porque me fixo botar unhas risas. Aparte dos casos dos políticos, ¿coñecedes algún outro blogue de autoría bastarda?






3 comentarios realizados
1. Odemo escrito o 26 de Abril de 2007 ás 17:20
Eu som o negro do blog de “O Demo me leve”, e paga umha puta merda.
2. Nemigo escrito o 27 de Abril de 2007 ás 19:42
http://javimoya.com/blog
ise incluso ten a desvergonza de pedir aos “lectores” que lle menden material
3. Marcus escrito o 27 de Abril de 2007 ás 22:50
O de Javi Moya supoño que será algo semellante ó que pasa con Escolar.net, que non todo o material é do autor orixinal. Non creo que estea feito a mala idea, ¿verdade?