Xoves, 26 de Abril de 2007

Cómo debemos ver unha adopción

Coa adopción recibes máis do que podes darA adopción de nenos é algo que normalmente vemos dun xeito errado. Así, hai dúas perspectivas a ter en conta: por unha banda está o cativo sen pais e por outra están os pais que queren ter fillos e non poden. Como estamos nunha sociedade acomodada, tendemos a pensar que as parellas sen fillos teñen dereito a adoptar, pero a realidade é ben diferente, ou sexa, que os necesitados son os rapaciños que non teñen un fogar, e por iso a Indian Association for Promotion of Adoption and Child Welfare chama na súa última campaña publicitaria a adoptar nenos que precisan de cariño coa promesa de que “recibirás máis do que poses dar“.
Un claro exemplo de que o punto de vista é un elemento moi importante á hora de comprender situacións sociais e familiares.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. X escrito o 26 de Abril de 2007 ás 16:57

Esa debe ser a perspectiva correcta, por iso a adopción debe responder prioritariamente ás necesidades dos nenos e non ás dos pais.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios