Luns, 30 de Abril de 2007

Titulando fotos

Hoxe atopei na Rede unhas fotos que me inspiraron títulos para as mesmas, ou simples comentarios, que non podo evitar compartir neste espazo:

¿Te gusta conducir?
Conducir
Si, o anuncio de BMW é moi distinto de esta imaxe, pero as miñas conexións sinápticas son moi excéntricas, e asociaron unha idea coa outra ;)

La Otra
La Otra
A segunda canle autonómica da Comunidade de Madrid podería empregar imaxes coma esta nas súas campañas publicitarias.

¿Censura?
Censura
A liberdade de expresión ten moitas caras e así, tanto se pode limitar este dereito dende o punto de vista do emisor coma do receptor. Así, moitos países están a pór cancelas ó campo, e así cercenan a liberdade de información dun xeito que é difícil considerar admisible, de aí que imaxes coma esta resultan moi ilustrativas para comprender o que pode supor algo tan aparentemente inofensivo coma afastar algúns contidos de certos países.

Mapea o meu nome

José Luis Orihuela e Enrique Dans lanzan un meme nos seus blogs que me parece interesante seguir, pois se trata de suxerir ós seus amigos o uso do servizo de localización Map My Name, que serve para situar ós internautas no mapa:

Supostamente este experimento serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación. Eu atoparíalle utilidades máis prácticas, como a de identificar a veciños con intereses comúns para quedar a tomar algo (se é para friquear ou para ligar xa sería un tema aparte), pero se prefiren realizar o experimento a xeito de investigación… ¡alá eles! ;)

Domingo, 29 de Abril de 2007

Os meus curmáns saben ler

Acaba de chamar por teléfono a miña tía Fina para avisar de que o meu primo irmán José Ángel sae cos seus cativos na edición local de La Voz visitando a Feira do Libro en Compostela:

José Ángel nas Feira do LibroEl libro celebra su feria en un momento de crisis
Un año más los libros, con su presencia en la feria que organizan anualmente los libreros compostelanos, anuncian que se acercan tiempos de fiesta para la Alameda. Aunque para el sector, sumido en una cierta crisis y en pleno proceso de adaptación, no son tiempos de celebración, no falta a la vigésima sexta edición con veinte casetas y actividades para discapacitados.

Se máis pais fixesen o mesmo que o meu curmán posiblemente a crise do sector libreiro non sería tan acusada.

En perigo de extinción

Veño de ver un orixinal anuncio de Pfizer Animal Health en Italia (si, a mesma empresa que tamén fabrica Viagra, aínda que nesta ocasión di que “coidan dos animais coma se fosen especies protexidas“):
Porco Panda
E agora teño unha dúbida. ¿Aceptariamos ó Porco Panda coma animal en perigo de extinción? ¿Chegaríalle a cada Porco Panda o seu San Martiño? Ai, se Babe vise isto…

Sábado, 28 de Abril de 2007

Lage no Faladoiro

O pasado xoves José Manuel Lage Tuñas voltou a pasar polo Faladoiro de Correo TV, esta vez para debater con Carlos Aymerich (BNG), Alejandro Gómez Alonso (PPdeG) e Carlos Luis Rodríguez (El Correo Gallego). O programa resultou bastante interesante, como podedes comprobar a continuación:

Este tipo de participacións no Faladoiro serven para ver a xente coa que un non se atopa frecuentemente (aparte de na tele, a última vez que vira a Lage fora no Enredad@s) e o venres tamén me sorprendeu Susana López (a presentadora do debate) coa presenza de Manolo González (presidente da Asociación PuntoGal) falando sobre a situación actual do galego. A ver se para a vindeira semana atopo un intre para pendurar na Rede tal interesante tertulia.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios