Domingo, 18 de Marzo de 2007

¿Heroes é un plaxio?

Este domingo publicaron na Voz a seguinte nova:

Demandan a la NBC por haber copiado el argumento de la serie «Héroes»

Dos artistas demandaron a la cadena NBC Universal y los creadores de la serie de televisión de éxito Héroes en un tribunal de distrito de Estados Unidos la pasada semana, alegando que el programa copiaba ilegalmente su idea. El espacio se emite en las cadenas de la Forta en España y en las plataformas de pago.
Los artistas de Nueva York Clifton Mallery y su esposa, Amnau Karam Eele, presentaron la querella en Manhattan y alegan que los creadores de Héroes basaron su argumento -que versa sobre un artista que puede pintar el futuro- en un relato corto, una serie de pinturas y un cortometraje que ambos exhibieron en los años 2004 y 2005. Un portavoz de la NBC dijo que la compañía cree que esta querella no tiene fundamento: «Pretendemos defendernos enérgicamente y esperamos ganar».

Los vieron en una muestra

Los artistas dijeron en la querella que dos personas que se identificaron como escritores de la serie de la NBC Crossing Jordan , también desarrollada por el creador y productor ejecutivo de Héroes , Tim Kring, acudieron a su exposición en abril del 2005 en el Hunter College en Nueva York. Se cree que ambos se llevaron obras de la pareja, según la querella. La pareja dice que su trabajo se centraba en un artista que pinta el futuro y, en concreto, la destrucción de dos edificios emblemáticos de la ciudad de Nueva York. Sostienen que esto es «sorprendentemente similar» al personaje de Isaac Méndez en Héroes , cuyas pinturas sobre el futuro reflejan una explosión en Nueva York.

Portada do número 1 de Rising StarsE a verdade é que flipei un pouco, porque se a serie de televisión Heroes bebe dalgunha fonte, parece clarísimo que se trataría do cómic Rising Stars de J. Michael Straczynski, que se publicou nos EE.UU. entre os anos 1999 e 2003, ou sexa, con anterioridade ás obras dos artistas neoiorquinos que presentan a demanda.
Incluso engadirei que o cómic xa inspirara claramente a serie televisiva Los 4.400, pois nas obras que estamos a citar aparece como elemento común que cada personaxe presenta un superpoder diferente.

O caso que nos ocupa me lembra ó de Matrix, película que conceptualmente agrupaba moitísimos elementos da cultura ciberpunk polo que moita xente sostiña que se trataba dunha cadea de plaxios, mentres que os autores recoñecían abertamente as súas fontes de inspiración. Así, que lese os libros de William Gibson ou vese películas de animación xaponesa coma Ghost In The Shell, podería afirmar que Matrix tiña moi pouco de orixinal, pero hai que recoñecer que souberon facer unha película que se converteu nunha das obras audiovisuais de máis relevancia (pola súa influenza noutras obras posteriores). O mesmo poderiamos dicir da serie de televisión Heroes, que aínda que non sexa a cousa máis orixinal do mundo, si parece ser o primeiro caso no que mesturando certos elementos que parecen só aptos para frikis conseguen chegar ó grande público ata converterse na serie de máis éxito da presente tempada nos EE.UU., polo que as demandas que pretenden sacar tallada do asunto non deberían sorprender a ninguén.

Portada do número 1 de Midnight NationEu reitero que considero que a principal fonte de inspiración da miña serie de televisión favorita na actualidade é a maxiserie Rising Stars, polo que non me sorprendería que nun futuro alguén adaptase a miña obra favorita de Straczynski á televisión: Midnight Nation. Ou sexa, que o que non lese aínda os 12 números debuxados por Gary Frank debería ir correndo á librería especializada máis próxima para mirar se pode facerse cuns exemplares que non esquecerá.

Xoves, 15 de Marzo de 2007

Festa de primavera

Antón vén de avisarme dunha festa de primavera para mañá:
Festa de primavera
¡Que o pasen ben tódolos asistentes!

Son inspirador

Os auriculares de Sennheiser parecen ser moi inspiradores:
Cascos Sennheiser
Iso si, o uso de acendedores nas gasolineiras parece algo arriscado, pero sempre me fai lembrar o carteliño ese no que poñen que non se debe ter o móbil acendido cando se reposta nas estacións de servizo. ¿Coñecerase algún caso de incendio producido por un móbil? ¿Non deberían preocuparse máis polas baterías dos ordenadores portátiles? :P

Luns, 12 de Marzo de 2007

Nariz

O seguinte anuncio emprega o lema “pode que non te decataras de que as mulleres tamén teñen nariz“:
Anuncio de Old Spice
Sen dúbida, un concepto moi intelixente, aínda que non sei se será efectivo (¿tras ver o corpo dunha rapaza a quen lle entran gañas de mercar produtos de hixene masculina?).

Veciños

Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de Google, amosándo os seguintes veciños deste blogue:
TouchGraph de marcus.es
Como se pode comprobar, o gráfico pode servir de xeito doado para saber moito deste espazo, xa que o relaciona con Zapping, Código Cero, varios blogues galegos e melidendes… ou sexa, todo un perfil que en breves segundos define o que sería a miña veciñanza virtual.
Estiven a probar o sistema con outros enderezos de Internet e os resultados son bastante atinados, polo que vos convidaría a probalo para comprobar cales son as webs que teñen relación coas vosas webs habituais.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios