Sábado, 24 de Marzo de 2007

Primavera maribolhera

Este sábado pola tarde a Fundación Luis Seoane acolle unha performance das Maribolheras Precárias que promete ser a repanocha:
Primavera Maribolhera
Visto o cartel supoño que Pía de Tolomei (que agardo que non sexa alérxica ó polen) será a encargada de animar o cotarro, polo que as risas e o bo rollo están asegurados.

Venres, 23 de Marzo de 2007

Vacas rabudas

A xente de Nestlé está a promocionar un novo produto ó que chaman Coffee-mate, e que promocionan como alternativa ó leito, de aí a furiosa reacción dalgunhas vacas:
Vaca rabuda
Vacas ó ataque
Vacas serrando
¡Tede coidado se vedes algunha vaca polo Blogomillo!

Mércores, 21 de Marzo de 2007

A polémica do día: Elsa Pataky

Elsa Pataky na InterviúNon acabo de entender a polémica do día de onte nos medios de comunicación, pois o feito de que a Interviú publicase unhas fotografías de Elsa Pataky amosando os peitos non me parece dunha especial relevancia.

Vale que o feito de que agora a actriz ameace con denunciar á revista (que se defende nun comunicado feito público) pode dar que falar, o feito é que non vexo que a cousa sexa para tanto.

¿Por qué digo tal? Pois simplemente porque a Pataky xa amosaba moito máis en películas coma Romasanta:
Elsa Pataky en Romasanta

Portada da revista Elle con Elsa PatakyIncluso engadiría que a revista Elle seguro que agradece a publicidade da suposta polémica, pois o número na que se ve a Pataky de costas na portada vai vender aínda que sexa só polo morbo.

De tódolos xeitos, aínda que nas televisións o tema dos peitos de Elsa Pataky non parase en todo o día, nas emisoras de radio a cousa parecía ben distinta, xa que discutían sobre temas tan irrelevantes como as declaracións de José María Aznar en Australia (nas que defendía a intervención armada en Iraq) ou falaban de asuntos tan serios como a discriminación dos homosexuais en Polonia. De tódolos xeitos, coido que é de agradecer que o corpo da Pataky faga deixar de lado asuntos coma o de De Juana ou a nova tendencia de remexer nas tumbas de personaxes do mundo do espectáculo.

fotografías de Elsa Pataky na InterviúPara rematar só engadiría que as imaxes que están a publicar de Elsa Pataky teñen certa definición e calidade, ou sexa, que non parecen estar feitas dende un teléfono móbil nin desde unha cámara a medio quilómetro de distancia.
Vaia, que non me sorprendería que todo fose unha montaxe que beneficiaría tanto ás revistas Elle e Interviú como á propia actriz involucrada (que está a acadar moita máis atención da que merece).

ACTUALIZACIÓN: Recomendo ler o que di Nacho Escolar ó respecto no seu blog.

Martes, 20 de Marzo de 2007

Hello, iPhone

A idea de Apple de fusionar o iPod cun teléfono móbil non é moi orixinal, e a promocionan como algo realmente revolucionario, pero hai que recoñecer que saben venderse, cando menos no seu primeiro anuncio televisivo:

Está moi currado pois aparecen personaxes de moitas películas dando unha imaxe do que foron os teléfonos ó longo das últimas décadas. ¿Alguén recoñece a tódolos actores? Eu distingo a Humphrey Bogard, Marlon Brando, Jerry Lewis, Marilyn Monroe, Clark Gable, Peter Sellers, Steve McQueen, Richard Dreyfuss, Burt Reynolds, Betty Mármore, Robert Redford, Michael J. Fox, Harrison Ford, John Cusack, Audrey Tatou, Kevin Spacey, William H. Macy, Dustin Hoffman, Will Ferrell, Sarah Jessica Parker, Billy Crystal, Cameron Díaz, Samuel L. Jackson, John Travolta, Robert De Niro, Ben Stiler, Michael Douglas, Mr. Incrible, e, especialmente, Jeff Bridges facendo de El Nota (¿chamábase O Nacho na TVG?) en El Gran Lebowski.
A verdade é que son moi excéptico con iPhone de Apple, pois coido que as prestacións multimedia dos móbiles xa están presentes no mercado dende hai boa, e vexo difícil que alguén pague uns 600 euros por unha mestura do seu móbil co iPod, cando os terminais telefónicos actuais (deses que custan 0 euros ó darse de alta) xa aceptan tarxetas MicroSD, teñen radio e fan a de dios. Supoño que o iPhone quedará para os incondicionais da compañía de Steve Jobs que estean sobrados de cartos, aínda que poderían marcar un novo rumbo sector da telefonía móbil. Haberá que agardar a xuño para que o móbil deixe de ser vaporware e se converta nunha realidade que se poida analizar obxectivamente.

Luns, 19 de Marzo de 2007

Lávame

¿Quen non escribiu nunca co dedo nos cristais dun coche cheo de roña iso de “lávame“? Pois esa frase pode resultar moito máis impactante no corpo dunha muller, como se ve no último anuncio de Axe:
Anuncio de Axe
Por provocar que non quede (e de seguro que non van faltar voluntarios para lavar á rapariga).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios