Cambio de hora
Esta noite os reloxos de toda España pasarán de marcar as 2:00 a marcar as 3:00, nunha operación que non fai máis que crear problemas por mor dun suposto aforro de enerxía, que no caso de Galicia é máis que discutible (lembremos que España ten o huso horario de Alemaña en vez de usar o de Portugal, polo que nos vemos claramente prexudicados).
Ora ben, ¿cambiará este blog de hora ás dúas da madrugada? Porque eu non sei se o servidor no que está aloxado cambia de hora automaticamente. ¿Cantas persoas se erguerán da cama unha hora máis tarde do debido e non se decatarán do cambio horario ata que sexa tarde?
Todas estas preguntas se repiten dun xeito ou outro cada 6 meses, converténdose en polémicas cíclicas que se deberían atallar dunha vez. Ou quitamos o cambio horario en toda Europa ou deixamos de discutir sobre o tema, pero repetir as mesmas cuestións unha e outra vez non nos levará moi lonxe.
Eu, pola miña banda, prometo que ás 2:30 horas vou pechar este blog para sempre ![]()




3 comentarios realizados
1. Xosé Otero escrito o 25 de Marzo de 2007 ás 3:50
Comentario realizado ás 3:50:37
2. paideleo escrito o 25 de Marzo de 2007 ás 11:50
Para sempre é muito tempo de máis.
3. ENDER escrito o 1 de Outubro de 2007 ás 21:34
COMO ESTAS