¿Anuncios dentro de anuncios?
¡Acabo de flipalo! En Adlatina falan dunha revolucionaria campaña de DHL en televisión na que se ven camións de reparto da empresa internacional de paquetería en distintos anuncios para rematar cun anuncio propio. Supoño que artellar toda esa conxura de anunciantes será dificilísimo, e sospeito que beneficia tanto a DHL coma ó resto de empresas, xa que resultan moi rechamantes. Mirade e opinade:




1 comentarios realizados
1. Laura escrito o 27 de Marzo de 2007 ás 9:10
Vaia forma máis orixinal de facer publicidade, si señor! Eu que son das que flipa cun bon anuncio non vai ser menos con este. Ben se ve que aínda non está todo inventado…