Mércores, 28 de Marzo de 2007

O Doutor Who inspira novos chismes

Dr. Who Phone FlashersHai uns meses falei dos MoPods que vendían en Firebox.com, e agora lanzan unha versión dos simpáticos dispositivos que avisan cando te chega unha chamada ó móbil inspirándose na serie do Doutor Who, polo que agora teño unha grande incógnita: ¿pillarei a cabina telefónica ou o dalek?
A decisión é complicada, porque o feito de que o Doutor viaxase polo tempo e o espazo nunha cabina telefónica británica dos anos 50 só porque lle gustaba a estética ten o seu aquel… pero uns robots patéticos que se supuñan ameazantes cando non deixaban de parecer un pedestal con rodas… ¡iso é superfriki! Ademais, os daleks non tiñan moita facilidade de palabra (normalmente repetían expresións tipo “exterminar” ou “dalek“, polo que supoño que só poderían ter unha conversa axeitada con Pikachu) polo que iso de que fosen os inimigos máis recurrentes da serie de televisión británica máis carismática da historia (dentro do xénero de ciencia ficción) resulta abraiante. Pero admito que prefiro uns malvados robots ridículos que o mero feito de que o inimigo do Doutor fose unha versión de si mesmo doutra dimensión que só se diferenciase por levar perilla ou mostacho.

Pero os de Firebox.com paran cos xoguetiños estes, senón que tamén van lanzar nos vindeiros meses un concentrador USB para o ordenador con forma de Tardis (a cabina telefónica do Doutor) que reacciona á conexión de novos dispositivos acendendo a luz na súa parte superior e reproducindo o son que facía na serie cando se activaba:

Con estes exemplos podemos ratificar que o Doutor Who continúa a estar na última en cuestións tecnolóxicas, polo que a modernización da súa cabina como se vía nas películas de Bill e Ted poida que non fose necesaria ;)

Martes, 27 de Marzo de 2007

¿Anuncios dentro de anuncios?

¡Acabo de flipalo! En Adlatina falan dunha revolucionaria campaña de DHL en televisión na que se ven camións de reparto da empresa internacional de paquetería en distintos anuncios para rematar cun anuncio propio. Supoño que artellar toda esa conxura de anunciantes será dificilísimo, e sospeito que beneficia tanto a DHL coma ó resto de empresas, xa que resultan moi rechamantes. Mirade e opinade:

Luns, 26 de Marzo de 2007

A música que escoitamos

Cando imos pola rúa escoitando música, normalmente poñemos xestos e expresións que reflicten o tipo de música que levamos posta. Incluso engadiría que a música cambia o xeito no que percibimos a realidade (coma se podía comprobar nunha escea de Tesis na que Fele Martínez se achegaba a Ana Torrent e ámbolos dous estaban oíndo música moi diferente).
Agora, para facer algo de humor co tema, dende o blog de El Singular de Tecnología, descubro unha curta coa que veño de botar unhas risas:

A curtametraxe, segundo a descripción que ten en MyToons (tamén se pode ver o clip en YouTube, onde mencionan os nomes dos autores), trátase dun traballo de clase dun centro de animación dixital de Denver elaborado por 13 estudiantes que fixeron uns 80 fotogramas a man cada un. Graficamente seguro que non gaña ningún premio, pero o resultado quedou bastante pavero.

Domingo, 25 de Marzo de 2007

Pulpo Paradise

PolboMoita xente que fai o Camiño de Santiago quédase co detalle da Pulpería de Ezequiel en Melide, como ben recollen moitas guías do Camiño, pero eu flipo habitualmente coa cantidade de páxinas web que fan referenza día a día ó Cerne de Galicia.
Así, resulta habitual ver fotografías tomadas polos peregrinos ou curiosas alusións ó “octopus tu de party, pero cando se trata de anglofalantes que decoñecen o sabor do polbo e rematan describíndoo coma delicioso (cando a meirande parte dos estranxeiros tenden a pensar que o polbo é unha criatura noxenta) dá que pensar. ¿Será que os peregrinos son turistas con mentres máis abertas que o resto?
Eu, pola miña banda, non podo evitar a tentación de replicar aquí o texto do blog dunha tal wandererwoman que define a Melide coma o Pulpo Paradise:

I wake late again and see that Mr Delight as I have named the didgeredoo playing basque has gone. Everyone else however sleeps on. I think it is because we are nearing the end of the journey and it has been long, I also feel increasingly emotional and this is tiring. Too tiring to analyse. We have a hearty breakfast because today the road  will be longer than the last few days ..19 k`s. We are aiming for Melide …an inland town famed for is pulperias ..or cafes with big copper pots of boiled octopus which is served on wooden plates with olive oil, red pepper and marine salt. It is a steady walk through an increasing number of small villages and it is like much of my experience of the landscape in Gallicia , very lovely. Hills and dales are covered in great swathes of yellow broom and purple heath and a deeper purple red flower which accents the others. There is also a light mauve delicate plant that occasionally surprises the eye. Coming in through the industrial estate is beautiful because of these plants and the accompanying birds. Melide too, accessed across a four arch medieval bridge has a cobbled charm. 

The Albergue is like many, situated on the other side of town requiring a long walk through pretty high walled streets.  It is hard to find but nicer than the previous night and we settle in to a corridor room of eight. It fills with truculent french men. I notice that many people at this stage of the walk seem angry and preoccupied. Perhaps they are like that always or because they are just doing the last 100 k`s of the walk as many are, they have not yet had time for the power of the walk to make any impression on them. I find them arrogant and unpleasant.     

We go to the most famous of the pulperias and there are long tables of feasting Spanish families and old woman stirring these great copper pots of octopus. It is Sunday so the Spanish are dressed in their best after church and the place is extremely busy. The flat dishes of sizzling paprika covered octopus are served in oil lwith bread and red wine and the taste is sensational. I know I will forever be a pulpo devotee and feel a warm contentment this Sunday afternoon in the north of Spain.

Ami and I catch the eye of a Galleigo carpenter ( as it transpires). He is eating with his wife and daughter and ami begins a conversation with him and then we join the family. He gets very drunk, his wife is very patient and his intentions / attentions become very dishonourable. It is damn hard not knowing the language and ami also had difficulties as they spoke galleago only. Eventually I have to leave as the gestures have become universal and I am  very over the whole escapade…we have retired to another bar in the town. On the walk back to the Albergue I go  into two small stone churches in the heart of the town and there,  read that they were churches of the inquisition. They are  bleak spaces without the usual opulent unruliness of  the churches central to every village and I feel the ghostly swish of thin men in black clothes hastening forward to denounce someone. The buildings are also unnaturally cold and chastening in their implications.   

A anécdota da polbeiría me resulta especialmente curiosa, pois parece que souberon retratar correctamenta o espírito do local :P

Cambio de hora

Cambio de horaEsta noite os reloxos de toda España pasarán de marcar as 2:00 a marcar as 3:00, nunha operación que non fai máis que crear problemas por mor dun suposto aforro de enerxía, que no caso de Galicia é máis que discutible (lembremos que España ten o huso horario de Alemaña en vez de usar o de Portugal, polo que nos vemos claramente prexudicados).
Ora ben, ¿cambiará este blog de hora ás dúas da madrugada? Porque eu non sei se o servidor no que está aloxado cambia de hora automaticamente. ¿Cantas persoas se erguerán da cama unha hora máis tarde do debido e non se decatarán do cambio horario ata que sexa tarde?
Todas estas preguntas se repiten dun xeito ou outro cada 6 meses, converténdose en polémicas cíclicas que se deberían atallar dunha vez. Ou quitamos o cambio horario en toda Europa ou deixamos de discutir sobre o tema, pero repetir as mesmas cuestións unha e outra vez non nos levará moi lonxe.
Eu, pola miña banda, prometo que ás 2:30 horas vou pechar este blog para sempre ;)

Sábado, 24 de Marzo de 2007

Primavera maribolhera

Este sábado pola tarde a Fundación Luis Seoane acolle unha performance das Maribolheras Precárias que promete ser a repanocha:
Primavera Maribolhera
Visto o cartel supoño que Pía de Tolomei (que agardo que non sexa alérxica ó polen) será a encargada de animar o cotarro, polo que as risas e o bo rollo están asegurados.

Venres, 23 de Marzo de 2007

Vacas rabudas

A xente de Nestlé está a promocionar un novo produto ó que chaman Coffee-mate, e que promocionan como alternativa ó leito, de aí a furiosa reacción dalgunhas vacas:
Vaca rabuda
Vacas ó ataque
Vacas serrando
¡Tede coidado se vedes algunha vaca polo Blogomillo!

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero