11 anos de Vieiros
Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos, resultan momentos moi interesantes para a reflexión. Facemos así contas do moito que se ten andado na Internet… e do que queda por andar…
Agora, en Vieiros están a preparar a remodelación da súa web para adaptarse ás novas tendenzas:

A nova imaxe de Vieiros achégase á doutros medios, dándolle máis pulo ós gráficos e facendo máis doada a intervención dos usuarios, de xeito que poderiamos dicir que se trata dun cambio a mellor. Coido que aproveitarán a celebración do seu aniversario para lanzar a nova imaxe da web, así que, ¡parabéns por ámbolas dúas bandas!






4 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 26 de Febreiro de 2007 ás 1:29
é penoso. Non vieiros, ollo.
Empregar implorer, agora si podes dicir que es friki
2. Marcus escrito o 26 de Febreiro de 2007 ás 18:29
Nemigo, eu uso Firefox, pero tirei a captura co IE7 porque me fai graza, ó ser o navegador novo (o mesmo facía no seu día co Phoenix).
3. Nemigo escrito o 28 de Febreiro de 2007 ás 22:42
ah, iso avísase. Xa me parecía a min que tanto defender XP non chegaría ata o implorer
4. Marcus escrito o 28 de Febreiro de 2007 ás 22:53
Nemigo, a min o novo Explorer gústame porque se parece ó Firefox
A verdade é que mellorou moito, pero aínda non me convence como para volver ao rego. Coido que a Fundación Mozilla está a facer un bo traballo e paga a pena recoñecerllo.