Xoves, 22 de Febreiro de 2007

Reprodutor desastroso

Un reprodutor de 40 gramos de peso cunha pantalla de 1,8 polgadas e cunha autonomía de 7 horas para música e 2,5 horas para vídeo non parece un mal produto, pero lanzar unha edición especial co gallo da vindeira película de Mr. Bean parece unha estratexia comercial desastrosa:
Blaze MP4 Player 2 Gb
¿Quen mercará un reprodutor co reclamo do home máis zoupón da televisión? Supoño que non repetirán este tipo de pifias, porque sería coma sacar cámaras fotográficas dixitais de Mr. Magoo…

Mércores, 21 de Febreiro de 2007

Vídeos curiosos

O blog de No puedo creer que lo hayan inventado, no que habitualmente aparecen chismes curiosos, sorprendeume nos pasados días cun par de vídeos moi simpáticos:
-Por unha banda, lembráronme os tempos de Barrio Sésamo cun machuco da Guerra das Galaxias e a canción Manamaná:

-E por outra banda, deron un paso cara á absoluta perversión sexual cun Anti-Kamasutra:

Veña, ¡que alguén se anime a probar as novas posturas amatorias!

¡Santos GPS!

A publicidade é un sector que non deixa de sorprenderme polo seu humor e orixinalidade, aínda que hai sutuacións nas que se sitúan no gume do que podería ser aceptable socialmente, como a última campaña de GPSOZ In-Car Navigation, que emprega figuras divinas no salpicadeiro dun coche para “guiarse dende as alturas“, o que me pareceu unha idea moi orixinal. Xa sabedes, na estrada, ou te guías por designios divinos, ou confías nun GPS:
Cristo coma guía no coche

Aparte de a Cristo, nos anuncios de GPSOZ tamén sae o deus favorito de Homer Simpson, Ganesha (coido que o usaba coma disfraz nun episodio e noutra ocasión lle ofrecía cacahuetes para facer burla de Apu):
Ganesha diche por onde ir

Ah, e os budistas coma Lisa Simpson ou Richard Gere tampouco se libran:
Buda no salpicadeiro do coche

o Cristo Colega de DogmaEu paso bastante dos sistemas de localización por satélite (sempre me movo polos mesmos sitios) e das imaxes relixiosas, aínda que iso non quita que calquera día merque un Cristo Colega (figura presentada na película Dogma de Kevin Smith na que pretendían modernizar a imaxe da Igrexa coa mesma). Se finalmente merco unha desas figuras, coido que xa teño pensado o lugar no que a colocarei ;)

Martes, 20 de Febreiro de 2007

Youtubers musicais

Actualmente coñécese por youtuber a unha persoa que acada certa sona internacional por mor dun vídeo pendurado na Internet (habitualmente en YouTube) e así tivemos moitos exemplos coma o do mozo que cantaba a canción Numa Numa Dance, os ghichos que botaban caramelos Mentos nas botellas de Coca-Cola Light ou o actor que daba a súa particular versión da historia do baile, e para aproveitar tal éxito, os Barenaked Ladies os convidaron a participar no seu último vídeo musical, que sen dúbida se convertera nun novo éxito en YouTube:

¿Aparecerán clons españois deste vídeo musical? Porque ver no mesmo vídeo ó rapaz do piso de 30 metros e á Terremoto de Alcorcón roubando a silla do escano de ZP podería ser moi friki…

Harry Potter medra

Daniel Radcliffe, o actor que encarna a Harry Potter na pantalla grande, ten xa 17 anos e parece querer arriscar a súa carreira artística interpretando un papel na obra Equus (na que se supón que hai unha escea de sexo a cabalo) e que deu lugar a imaxes coma esta:
Daniel e o cabalo
Por sorte, e para que o rapaz non pareza que lle vai iso da zoofilia, tamén publicaron outras fotografías:
Daniel e unha moza
Queda claro así que o Potter está a medrar, aínda que nun vídeo que atopei na Rede non era precisamente Harry o que medraba:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios