Gravación caralluda
O éxito da gravación do me cagho nas estrellas é algo sen precedentes neste blogue, que agora podería verse superado por un par de gravacións supostamente realizadas en Negreira.
Trátase duns señores que falan das bondades dunhas inxeccións intracavernosas (por non dicir que son para o carallo), e a súa conversa non ten desperdicio:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Incluso comentan a posibilidade de padecer priapismo tralo tratamento:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Eu non sei con que comentario quedar de todo o que soltan, pero se hai algo do que gusto da gravación é do feito de que se trata dalgo moi real. Ou sexa, que se algunha xente pensa que as mulleres falan moito nas perruquerías… ¡é que non foron ás barberías! As conversas como a que aquí reproduzo son algo habitual, aínda que se limiten habitualmente ó que irónicamente se dá en chamar sexo oral.




9 comentarios realizados
1. Suevo escrito o 28 de Febreiro de 2007 ás 23:47
Bueno, polo menos os tipos serven ben de comerciais pero calquera se pincha na punta do nabo, agggg que mal rollo!
2. el podcastero enmascarado escrito o 1 de Marzo de 2007 ás 4:00
Eso, que o saquen en toallitas húmidas.
Menuda campaña viral, debe ser da misma axencia que o anuncio do Fertimón.
¿Antón boa colleita tes?
3. engalego.esp.st escrito o 2 de Marzo de 2007 ás 10:56
O mellor o de:
…ela marcha anque sea pola persiana pa fora. Ela non quere cuartos Luis..
Total
4. Sara escrito o 5 de Marzo de 2007 ás 4:01
oe, teño q pedirche un favor, sabes en que programa d zapping puxeron por primeira vez o himno de telefonica?
é q cos seus comentarios ten mooooooooooita máis gracia.
Bico.
5. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2007 ás 11:05
Sary, temo que non levo un rexistro documental dos contidos de Zapping, polo que non podo dar tal información
6. Suevo escrito o 5 de Marzo de 2007 ás 13:58
Marcus, unha cousiña: de onde sacaches o reproductor de sons que utilizas no teu blogue? Ia piratearcho pero precisa de moitos argumentos, é teu ou anda disponibel por aí?
7. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2007 ás 20:00
Suevo, o reprodutor vén cun plugin de WordPress.
8. Mijel de Aniceto escrito o 11 de Marzo de 2007 ás 15:40
Sin comentarios.
Creo que os tonechos deberían ir tomando nota.
9. Mijel de Aniceto escrito o 11 de Marzo de 2007 ás 15:41
“cuidado é… como hidraula”