Martes, 27 de Febreiro de 2007

¿Qué foi das cartas?

Os servizos postais de Australia queren revitalizar o uso persoal do correo ordinario, apelando á súa humanidade:
Aperta postal

Reflexionando sobre o tema decateime de que non lembro cando foi a última vez que mandei unha carta en papel, cando eu era de escribir tódalas semanas. ¿Perdeuse definitivamente a tradición das cartas manuscritas? ¿Alguén de menos de 40 anos continúa con tal práctica?

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Vanessa de Santiso escrito o 27 de Febreiro de 2007 ás 14:31

Canta razón tes!
Eu fun durante moito tempo fanática das cartas escritas de verdade. Durante un tempo escribía e recibía unha carta cada dous días, e a sensación de recibir un sobre pechado, todo para ti…. non ten comparanza, nin coa inmediatez do correo electrónico nin coa proximidade do teléfono.
Aglégrome de que fixeses esta reflexión, e parabéns polo teu blog.

a gravatar

2. Alucinado escrito o 28 de Febreiro de 2007 ás 19:02

Non, se aí tes razón. Non só polo feito de que xa non se escribe en papel se non que, en xeral, os rapaces non escriben nada na súa maioría (agás “kdmos en tl stio Xra bbr asta envorrachrns”), e así lles vai.

a gravatar

3. Galiciandreamer escrito o 1 de Marzo de 2007 ás 16:39

Eu todavía conservo a tradición das cartas escritas. Ademáis van sempre cheas de recortes, agasallos, chocolate…

Iso non se pode mandar nun mail. Saúdos.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios