Mércores, 28 de Febreiro de 2007

Gravación caralluda

O éxito da gravación do me cagho nas estrellas é algo sen precedentes neste blogue, que agora podería verse superado por un par de gravacións supostamente realizadas en Negreira.
CaverjectTrátase duns señores que falan das bondades dunhas inxeccións intracavernosas (por non dicir que son para o carallo), e a súa conversa non ten desperdicio:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Incluso comentan a posibilidade de padecer priapismo tralo tratamento:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Eu non sei con que comentario quedar de todo o que soltan, pero se hai algo do que gusto da gravación é do feito de que se trata dalgo moi real. Ou sexa, que se algunha xente pensa que as mulleres falan moito nas perruquerías… ¡é que non foron ás barberías! As conversas como a que aquí reproduzo son algo habitual, aínda que se limiten habitualmente ó que irónicamente se dá en chamar sexo oral.

Martes, 27 de Febreiro de 2007

¿Qué foi das cartas?

Os servizos postais de Australia queren revitalizar o uso persoal do correo ordinario, apelando á súa humanidade:
Aperta postal

Reflexionando sobre o tema decateime de que non lembro cando foi a última vez que mandei unha carta en papel, cando eu era de escribir tódalas semanas. ¿Perdeuse definitivamente a tradición das cartas manuscritas? ¿Alguén de menos de 40 anos continúa con tal práctica?

Luns, 26 de Febreiro de 2007

Rebaixas

Faltan só uns poucos días para que rematen as rebaixas, e para ilustralo, vin na Rede unha campaña publicitaria da que gustei bastante:
Michos samurai

Tampouco está mal a imaxe en plan Karate Kid:
Micho facendo a grulla

Coido que esas imaxes ilustran bastante ben o primeiro día das rebaixas, nas que certas persoas parecen non ter cousa mellor que facer que pelexar por levar produtos a supostos prezos de ganga. Sónchevos cousas do consumismo.

Domingo, 25 de Febreiro de 2007

11 anos de Vieiros

Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos, resultan momentos moi interesantes para a reflexión. Facemos así contas do moito que se ten andado na Internet… e do que queda por andar…
Agora, en Vieiros están a preparar a remodelación da súa web para adaptarse ás novas tendenzas:
Versión de proba da nova web de Vieiros
A nova imaxe de Vieiros achégase á doutros medios, dándolle máis pulo ós gráficos e facendo máis doada a intervención dos usuarios, de xeito que poderiamos dicir que se trata dun cambio a mellor. Coido que aproveitarán a celebración do seu aniversario para lanzar a nova imaxe da web, así que, ¡parabéns por ámbolas dúas bandas!

Venres, 23 de Febreiro de 2007

Faladoiro

Onte, o blogueiro José Manuel Lage Tuñas, pasou polo debate de Correo TV para discutir con Balseiro, Lobeira e Navaza sobre temas da actualidade política (coma o caso do Ostiandiós) baixo a moderación de Susana López (a Mamen Mendizábal da televisión local do Grupo Correo Gallego). Como o blogue de Lage leva máis dunha semana sen actualizar, díxenlle que ía colgar o vídeo co programa na Rede para que puidera incluír algunha nova ;)

Velaquí o vídeo:

Xoves, 22 de Febreiro de 2007

Reprodutor desastroso

Un reprodutor de 40 gramos de peso cunha pantalla de 1,8 polgadas e cunha autonomía de 7 horas para música e 2,5 horas para vídeo non parece un mal produto, pero lanzar unha edición especial co gallo da vindeira película de Mr. Bean parece unha estratexia comercial desastrosa:
Blaze MP4 Player 2 Gb
¿Quen mercará un reprodutor co reclamo do home máis zoupón da televisión? Supoño que non repetirán este tipo de pifias, porque sería coma sacar cámaras fotográficas dixitais de Mr. Magoo…

Mércores, 21 de Febreiro de 2007

Vídeos curiosos

O blog de No puedo creer que lo hayan inventado, no que habitualmente aparecen chismes curiosos, sorprendeume nos pasados días cun par de vídeos moi simpáticos:
-Por unha banda, lembráronme os tempos de Barrio Sésamo cun machuco da Guerra das Galaxias e a canción Manamaná:

-E por outra banda, deron un paso cara á absoluta perversión sexual cun Anti-Kamasutra:

Veña, ¡que alguén se anime a probar as novas posturas amatorias!

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero