Xoves, 18 de Xaneiro de 2007

A filla de Blas na Galega

Paula de Boiro en La VozOnte fun a almorzar á Churrasquita e puxeron a nova dunha rapaza de 8 anos que tiñan un blogue, o que me sorprendeu (coidaba que ían falar do blog de María Amelia), pero que agora me parece algo imperdoable, xa que tiña que recoñecer de lonxe a esa cativa, xa que era a filla de Blas García, que estreou blogue o Día de Reis.
La Voz non dubida en afirmar que Paula García é a blogueira máis nova de Galicia, o que supoño que será certo, pois coido que hai poucas cativas de tal idade que estean afeitas non a utilizar ordenadores e navegar, senón a escribir relatos de certa lonxitude. Agardemos que Paula de Boiro conserve o seu interese na Rede coma unha ferramenta de comunicación que lle permita relacionarse mellor coas súas amigas, así como que faga moitas amizadas a través da Internet.
Non podo evitar a tentación de comentar que durante o vídeo do TX da Galega alguén tecleou blogespot en vez de blogspot na barra de enderezos do navegador, o que se ve que foi un despiste que puido confundir a algún usuario podería querer visitar a exemplar bitácora hospedada en pauladeboiro.blogspot.com. Podedes comprobalo a continuación:

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Galiciandreamer escrito o 19 de Xaneiro de 2007 ás 15:13

La culpa es de los padres, que…

a gravatar

2. marcus.es » Blog Day 2007 escrito o 31 de Agosto de 2007 ás 20:28

[...] Outro ano máis hai que celebrar o Blog Day recomendando 5 blogs alleos e non relacionados, ou sexa, espazos que non pertenzan ó blogroll nin a usuarios habituais, para promover a blogosfera e evitar a endogamia. Iso fai así que a tarefa sexa complicada e que as recomendacións non sexan todo o boas que deberían, pero eu lánzome a recomendar 5 cadernos dixitais: -Carallo World: é un espazo para a carallada, que coincide en moitos contidos co meu blogue, pero que se gañou a miña recomendación só pola publicación da seguinte tira: -O Blog de Paula García: non debería recomendar este blogue porque xa falei do mesmo cando saíu na Galega, pero a información canina das últimas semanas valéronlle a miña atención. Velaquí unha mostra dos cadeliños: -Monkeyzen: Blog moi preocupado polo deseño, que conta cunha boa sección sobre orixinais camisolas como as de Porcographic ou a de Nerdy Shirts inspirada en Street Fighter II -Smashing Magazine: blog en inglés no que amosan elementos do deseño gráficos dignos de mención. Amosan así recompilacións de iconas, seleccións de blogs con bo deseño ou amosan páxinas web de erro (404) moi orixinais. Alí atopei a seguinte imaxe de Neil Duerden (menuda paciencia teñen que ter algúns deseñadores): -Testosterona: debe de ser un dos blogs cun nome que mellor indica a súa temática, pois destaca por empregar calquera desculpa para por imaxes de mozas cachondísimas, pero de cando en vez nos sorprende con imaxes como a seguinte: ¿A que parecen fotografías tomas durante unha orxía sexual? Pois non é o que parece. [...]

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero