Mércores, 17 de Xaneiro de 2007

Edilberto Alonso lembra a Cela no cabodano do seu pasamento

Camilo José CelaO 17 de xaneiro de 2002, o trobador curtiense Edilberto Alonso conectouse á Rede para ver na web da Voz a nova do pasamento de Camilo José Cela, o que afectou á sensibilidade de Edilberto, inspirándolle unha canción, Las campanas de Iria Flavia dedicada ó autor de Mazurca para dos muertos.
Esta sería unha das primeiras composicións do noso benquerido Edilberto Alonso, que se introduciu na lírica provenzal cun planh (cántico trobadoresco a xeito de lamento, típico nos funerais).
Ademais, Edilberto Alonso tamén contactou con Camilo José Cela Conde para consultar se o tema da composición era do seu agrado (acadando o seu prace, e desexando éxito ó trobador galego máis popular da Internet). Aquelas datas tamén foron as que levaron a unha especial entrega do programa Encontros da TVG (dirixido por Pemón Bouzas) onde Chefi Vázquez presentou a Edilberto anunciando a parte lírica da canción, que finalmente se puido ver interpretada no interior dunha choza celta no documental Europeos: Destinos cruzados dirixido por Senén Bernárdez.
Para os que non puidemos ver tal impagable documento audiovisual, Edilberto agasállanos cunha versión renovada da canción (con referenzas a eventos coma o falecemento de Rosario Conde) que finalmente puido gravar:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

ACTUALIZACIÓN: Na canle cultural de Vieiros falan sobre o novo tema de Edilberto.

Martes, 16 de Xaneiro de 2007

Póntelo, pónselo

Os Skins son condóns para móbiles¿Quén o ía a dicir? Xa hai un tempo que se veñen a vender pola Rede, pero no CES deste ano amosaron ó grande público unha solución para protexer ós teléfonos móbiles de agresións externas como a auga, a neve, a lama, o sangue, a pintura… ou sexa, para que nos entendamos: ¡condóns para móbiles!
Os novos complementos para móbiles responden ó nome Skins, e incluso teñen unhas instruccións de uso que semellan moito ó dos profilácticos máis tradicionais:
Cómo pór os Skins no móbil

Véndense en caixas de 3 unidades a uns 5 euros o paquete, mentres que se promocionan cunhas imaxes bastante rechamantes:
Na piscinaCon lamaCoa pinturaCoa auga

Iso si, á xente de The Inquirer xa lles rompeu un dos condóns ó intentar poñelo nun Blackberry, ó que me lembra a unha clásica animación do Forrito Arjona:
Ver animación ▼

Luns, 15 de Xaneiro de 2007

Bush xoga con Iraq

A nova estratexia de Bush en Iraq pódese explicar de xeito doado grazas a unha tira cómica do sempre atinado Daryl Cagle:
George W. Bush xogando ás tragaperras co conflito de Iraq
Cagle publica máis tiras sobre o tema no que xa parece o chiste do ano… que dá máis pena que risa.

Domingo, 14 de Xaneiro de 2007

Mega Bloks

Onte viñeron a Melide uns curmáns pequenos a recoller o que lles deixaran os Reis para eles, e entre outras cousas, apareceron uns xoguetes que para min eran descoñecidos, da marca Mega Bloks.
Púxenme a investigar sobre o asunto e descubrín que se trata dunha empresa de xoguetes que xa tiña moitos anos, pero que co nome de Mega Bloks só leva dende 2002 e que agora xa é unha das 10 empresas de xoguetes máis importantes do mundo (¡manda truco!). Ó parecer, empezaron imitando descaradamente ós Lego (de feito baséanse en pezas con círculos de unión, coma tamén facían os Tente) e en 2003 deixaron flipados ó persoal cun anuncio do Honda Element:
Mega Bloks DragonsLogo en 2004 lanzaron a súa colección de bonecos de dragóns que xa conta coas series Fire & Ice e Metal Ages (tamén vin algún dragón de Plasma e na Rede hai referenzas a outras coleccións, pero non sei se chegaron a España) que parecen gustar moito a meus curmáns pequenos, que entre todos eles parecen ter xa a tódolos dragóns importantes.
Mega Bloks Perla NegraPero agora que Mega Bloks é un xigante do xoguete, xa se pode permitir facerse con licenzas como a de Piratas del Caribe, que están a funcionar de medo, e teño que admitir que non entendo o éxito, xa que os barcos piratas coidaba que estaban nun territorio dominado por Playmobil, e que unha película da Disney poida revolucionar o mercado de tal xeito sería coma se o Scalextric ou os Micro Machines perdesen as súas posicións por mor da película Cars.
Supoño que a publicidade fai milagres…

Sábado, 13 de Xaneiro de 2007

Sonríe si te vas a fosilizar

Os de Siniestro Total xa cantaban aquilo de “sonríe si te vas a fosilizar, que no piensen que lo has pasado mal“, e nos tempos de CSI e Bones parece que as técnicas forenses avanzaron tanto que nos permitirían identificar ós cadáveres de personaxes populares que coñecimos de nenos e que agora os cativos teñen bastante esquecidos coma os seguintes:
O Coiote que facía a vida imposible ó Correcaminos quedou nos osos
O coello da sorte conservou ós seus dentes incisivos ó pasar á outra vidaO gato Tom que perseguía ó rato Jerry morreu por non falta de alimento

E o máis doado de todos:
Sen un Coiote que lle dese de comer, o Correcaminos rematou finando

A verdade é que quedei flipado coa ocorrencia de facer deseños tridimensionais dos esqueletos dos personaxes de animación da Warner, porque o normal é facer tal con personaxes novos (para o seu procesado en 3D) pero tal realismo a partires de personaxes clásicos ten o seu mérito.
Supoño que cando menos todos os que vexan estas imaxes recoñecerán a meirande parte dos esqueletos (agás o do micho, que podería dar como resultados distintos personaxes de animación).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios