Martes, 9 de Xaneiro de 2007

A galega de Cancún

Ana María Ríos en Interviú
¡Manda carallo! En vez de falar de ETA, das rebaixas e dos temas de sempre, hoxe quedei abraiado ó ver que tódolos medios están a darlle unha importancia sen precedentes á portada da revista Interviú, na que aparece Ana María Ríos, a galega que quedara retida en Cancún por aparecer na súa equipaxe un detonador e varios cartuchos repercutidos que lle estropearon a súa lúa de mel.
Dende a Cadena SER din que a nova da portada de Interviú é o máis lida da súa web, a web de Informativos Telecinco atrévese a publicar imaxes interiores da revista (algo de dubidosa legalidade) e tamén me sorprende que a nova saia en Xornal.com atribuída á súa redacción cando está en español e cun descarado copy & paste da nova da SER (sería cousa das presas, pero coido que se poderían molestar en traducir o texto ó galego).
Iso si, paréceme que afirmacións coma “los quioscos de la localidad pontevedresa de Arcade han agotado “en tiempo récord” todos los ejemplares de la revista Interviú” non parecen ter moita credibilidade. ¿Cantos exemplares de Interviú chegan a Arcade? ¿Dez ou vinte? ¡Claro que se esgota así a revista! Vaia, en Melide tamén se rematan os exemplares da Voz cando sae algunha nova relativa á vila cando ten interese… ¡e chegan moitísimos máis exemplares que de Interviú!
De tódolos xeitos, continúo a flipar coa cantidade de publicidade gratuíta que lle están a dar á publicación do Grupo Zeta (¿ou debería dicir Grupo Teta?).

19 comentarios realizados

a gravatar

1. Suevo escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 1:40

Home, a verdade é que si que lle deron bola a mazo á noticia, pero tamén é certo que chama a atención a cousa, non?

Comprar, non creo que a compre pero unha visuada á inteviu na miña próxima visita ao barbeiro ei de botar

a gravatar

2. xOsse escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 2:13

iso si é porque é unha noticia bomba… lóxico que sea a mais lida. Alédome por ela, seguro que isto lle compensa o mal trago.

a gravatar

3. Marcus escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 2:38

Compensar, non sei se compensará. Todo depende de se a cousa remata na portada da Interviú ou logo pasa ós programas de cotilleo da tarde… porque igual temos un novo personaxe do mundo do corazón en Galicia. ¡Que teñan coidado os triunfitos!

a gravatar

4. Fede escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 8:25

Una forma de ganar pasta

a gravatar

5. engalego escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 14:08

Seica os de Interviú aumentaron a cantidade de exemplares que distribuiron en Galiza.

Fai falla unha revista do corazón de aquí!!!! Ou alomenos a edición galega da Hola: a Ola

a gravatar

6. Nemigo escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 15:17

ola,
marcus, home penso que algo lle deberías dar ao teu. Máis que nada por atopar unha escusa a adicarlle tempo no teu blog. Falar algo do retoque das fotos, que o de fragagá foi de escándalo pero nesta vese que tampouco deixaron sen aproveitar as posibilidades do retoque fotográfico
saúdos

a gravatar

7. A Randeeira escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 18:55

Perruqueira, fora da lei, modelo espida… isto da para unha película do Bollywood de Melide.

a gravatar

8. a piramide escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 20:38

Enténdese o dereito ao ruxe ruxe do pobo que a apoiou como tamén se entende o dereito dela a facer o que lle pete. Xa bastante tivo a pobre co seu para que agora teña que facer de penitente toda a súa vida. Iso si, dun ou dous realities non a desapunta ninguén.

a gravatar

9. Paco Penas escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 21:35

En dos meses, coa portada da revista e con catro saídas nos telexornais das nove, oito en Canarias, esta rapaza pódese meter na buchaca máis ou menos o mesmo que outros en vinte ou trinta anos de hipoteca.
¡ Chámalle burro ó cabalo!

a gravatar

10. Paco Penas escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 21:37

quería dicir o mesmo que pagamos outros en vinte ou trinta anos de hipoteca…:-)

a gravatar

11. el podcastero enmascarado escrito o 9 de Xaneiro de 2007 ás 21:57

Esto si que e sexy:
http://www.apple.com/iphone

Este comentario parece un Spam, jajajaaj viva a viNagra…

a gravatar

12. Marcus escrito o 10 de Xaneiro de 2007 ás 0:01

Jaja, grazas por publicar nos comentarios a nova do día. Se teño tempo xa mirarei de facer un resumo de características do teléfono multimedia de Apple para os que non se coscan do que fai Steve Jobs.

a gravatar

13. Á escrito o 10 de Xaneiro de 2007 ás 12:37

Guapísimo o iphone. Haberá que enterarse.

Por certo, por que carallo o novo Firefox (2.0.1) pódese instalar en Catalá e Euskera e en Galego non? Agora vai resultar que se fala máis euskera que galego.
A quen carallo hai que protestarlle?

E con respecto ao de Ana María, por min fai de puta madre, cantas máis tetas vexamos, mellor

a gravatar

14. Marcus escrito o 11 de Xaneiro de 2007 ás 2:58

Vaia, ó da versión en galego do Firefox é algo no que están a traballar voluntarios como Jacobo Tarrío e os usuarios de Mancomun.org, polo que non é cousa de protestar, senón de colaborar coa tradución ;)

a gravatar

15. Laura escrito o 11 de Xaneiro de 2007 ás 14:24

Un amigo meu comprou a revista e vin as fotos e que queres que che diga, o photoshop e a maquillaxe fai milagros. De todas formas eu apoioa, fixo de p.m. Se lle facían falta os cartos (ou non) e se tiña esa oportunidade de cumplir ese soño (según ela) fixo de maravilla. As fotos tp son tan escandalosas…

a gravatar

16. Á escrito o 11 de Xaneiro de 2007 ás 19:17

Pois vale. Eu dicía protestar aos de Firefox.

a gravatar

17. marcus.es » Pepera lepera escrito o 12 de Xaneiro de 2007 ás 1:36

[...] Para os que non tiveran dabondo coa galega Ana María Ríos, agora María Dolores Jiménez, tenente de alcalde de Lepe, parece querer acaparar a atención da prensa estatal por imaxes coma esta: O asunto probablemente non tería transcendido se non fose porque a moza da corporación municipal milita no PP e o seu destape incluso agradou ó PSOE (e a media vila, pois se esgotaron os exemplares da revista Lepe Urbana, na que se publicaron as fotografías dos espidos): La teniente de alcalde de Lepe posa desnuda para un concurso de una revista local [...]

a gravatar

18. lauren escrito o 12 de Xaneiro de 2007 ás 23:30

Que desvergozada¡¡¡tiñana que botar do pobo, eles volcaronse nela axudandoa, e agora ela agradeceo asi…Xa non sei se será mentira todo o que lle pasou en Cancun…Esta muller tiña que sair no MUNDO ou no ABC ven vestidiña, coma moito, comentando o seu caso, eu estou co pobo de ARcade.Wuarrinnndonga do carrallo.
Asina.
Francisco Franco e asociación veciñal de ARcade.

a gravatar

19. marcus.es » A serea de Canicouva escrito o 28 de Xaneiro de 2007 ás 0:22

[...] Esta semana apenas puiden actualizar o blogue porque tiven moito traballo en Correo TV, polo que o novo tema de Edilberto Alonso non tivo a atención que merecía. O novo trobador curtiense favorito dedicou unha canción á galega de Cancún, Ana María Ríos, que deu en chamar La Sirena de Canicouva: [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios