Martes, 16 de Xaneiro de 2007

Póntelo, pónselo

Os Skins son condóns para móbiles¿Quén o ía a dicir? Xa hai un tempo que se veñen a vender pola Rede, pero no CES deste ano amosaron ó grande público unha solución para protexer ós teléfonos móbiles de agresións externas como a auga, a neve, a lama, o sangue, a pintura… ou sexa, para que nos entendamos: ¡condóns para móbiles!
Os novos complementos para móbiles responden ó nome Skins, e incluso teñen unhas instruccións de uso que semellan moito ó dos profilácticos máis tradicionais:
Cómo pór os Skins no móbil

Véndense en caixas de 3 unidades a uns 5 euros o paquete, mentres que se promocionan cunhas imaxes bastante rechamantes:
Na piscinaCon lamaCoa pinturaCoa auga

Iso si, á xente de The Inquirer xa lles rompeu un dos condóns ó intentar poñelo nun Blackberry, ó que me lembra a unha clásica animación do Forrito Arjona:
Ver animación ▼

2 comentarios realizados

a gravatar

1. lauren escrito o 21 de Xaneiro de 2007 ás 14:10

Por certo,unha duda podo usar o condón para cando practique sexo telefónico ca miña moza?gracias.
Marcus, estrañoume moito que non comentaras a noticia do Gran Hermano Vip en Londres (creo que foi alí) pola polemica xurdida dos insultos racistas a unha concursante…bueno, unha perta.

a gravatar

2. Marcus escrito o 21 de Xaneiro de 2007 ás 19:10

Lauren, do Gran Hermano Vip londinense… nin me enterei :(

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios