Apoia ó PuntoGal

A páxina web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.
Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón ‘Anotarse‘, que se atopa dento da sección de ‘Apoios Individuais’, aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.
En poucos días xa se acadaron varias ducias de apoios individuais, pero temos que acadar que se sume máis xente que ó Xabarín Club ![]()
Eu xa asinei, ¿a qué agardas ti?







5 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 23 de Xaneiro de 2007 ás 0:43
eu son partidaro do .gz
agora ben, se sae .gal
Serei dos primeiros en pedir rexistrar o dominio: psoe.gal
2. Nemigo escrito o 23 de Xaneiro de 2007 ás 0:44
ah, é espero que o psoe me quite o dominio e o reclame como de seu
3. Fariña escrito o 23 de Xaneiro de 2007 ás 17:18
O .gz será pra zaragoza, ou para Gaza, para Galicia .gal
4. Marcus escrito o 24 de Xaneiro de 2007 ás 0:42
O do .gal non é para Galicia, senón para a cultura galega. Trátase dun dominio esponsorizado, non dun dominio territorial (conseguir un dominio territorial é pouco menos que imposible). Se conseguirmos que o .gal sexa unha realidade xa será moito (e confírmome con rexistrar marcus.gal).
5. marcus.es » Non estou morto escrito o 11 de Febreiro de 2007 ás 20:49
[...] E tralas explicacións anteriores, teño que admitir o meu abraio ó consultar a listaxe do blogomillo que manteñen dende Blogaliza, xa que este espazo está na quinta posición: ¿Será por difundir os éxitos de Edilberto Alonso? ¿Por apoiar ó PuntoGal? ¿Ou será simplemente porque os amigos que un fai día a día neste mundo virtual teñen a ben ligar este blogue dende os seus? Gusto de pensar este último, así que, grazas a todos por continuar aí. por Marcus | escrito en General Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | [...]