Sábado, 27 de Xaneiro de 2007

A serea de Canicouva


Esta semana apenas puiden actualizar o blogue porque tiven moito traballo en Correo TV, polo que o novo tema de Edilberto Alonso non tivo a atención que merecía.
O novo trobador curtiense favorito dedicou unha canción á galega de Cancún, Ana María Ríos, que deu en chamar La Sirena de Canicouva:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

A letra do tema é a seguinte:

La sirena de Canicouva

Aturuxo : Ardelle o eixo – Ei carballeira !!

Siga adelante …y aproveche la vida
Siga adelante …..digan lo que digan

Señora Ana Maria
Que convirtio las penas en alegria
Siga adelante que es corta la vida
Señora Ana Maria

Dejeme que le diga !!!!
Que es la sirena mas linda de bahia
Dejeme que le diga
Qu su mirada ilumino la ria
Esa mirada que convirtio la noche oscura
En un soleado dia
Señora Ana Maria
Ana Maria Rios y Marcos Dasilva
Se enamoraron en un solo dia
A-A-A- Ana Maria
Seguir adelante con vuestra alegria.

© 2007 Edilberto Alonso

Ademais, Edilberto comentoume que está moi agradecido á Perruquería Celeste Barcia de Vilaboa e á Perruquería Chelo Blanco de Arcade por facilitar a localización de Pamela Ríos Bemposta (irmá de Ana María) que foi a primeira persoa en escoitar o novo tema de Alonso, que incluso apareceu o pasado xoves no Telexornal do serán da Galega:

Parece que a nova canción está a dar moito que falar, e en Google xa hai un cento de referenzas á mesma. Será difícil superar o éxito de Galicia será nación, pero esta nova canción vai por bo camiño.

Mércores, 24 de Xaneiro de 2007

Exposición de Mavi

Todos coñecemos as camisetas de Antón Lezcano, ¿pero qué sabemos da súa familia? Si, vale, que a súa irmá lle dá clase a Roli… ¿pero sabiades que tamén pinta? Eu non o sabía… e por desgraza non poderei pasar pola inauguración da súa exposición pictórica (é o que pasa por currar lonxe da Coruña).

Invitación á exposición de Mavi Lezcano

Martes, 23 de Xaneiro de 2007

Xurxo e os Tonechos

O pasado domingo realizouse o sorteo de Nadal do Centro Comercial Aberto de Melide, e meu irmán foi o mestre de cerimonias contando o evento coa presenza dos Tonechos e coa actuación de Manuel de Andrade e Patricia Méndez Asorey.
Xurxo facendo de Master Ceremony

Iso si, teño que dicir que Xurxo estaba moi nervoso, e non foi o gracioso que é de costume. Unha mágoa, pero supoño que ó ter ós Tonechos diante o tiña máis difícil.

Xurxo lendo con Tucho

Ah, e hoxe levei toda unha sorpresa ó ver a seguinte nova en Tierras de Santiago:

Álvaro López gana tres mil euros del CCA Melide

  • Álvaro López, Fernando Montero y Carmen Seoane, los agraciados en el sorteo de Navidad del Centro Comercial Abierto
  • La gala se celebró en la Sala 600 y contó con una gran fiesta para todos los asistentes

La suerte llegó el domingo a la Sala 600 de mano del Centro Comercial Aberto de Melide. Cientos de personas acudieron a este establecimiento para presenciar el macro sorteo de regalos de esta asociación de comerciantes.

Serían tres las personas agraciadas con otros tantos premios. Con este sorteo el CCA de Melide quiso premiar la fidelidad de aquellos clientes que eligieron los establecimientos asociados a esta agrupación para realizar sus compras de Navidad.

El primero de los galardones era un cheque valorado en tres mil euros, que correspondió a Álvaro López Fernández. Este importe tendrá que gastarlo en al menos veinte de los establecimientos adheridos al CCA, en un solo día. El agraciado realizará el recorrido por las diversas tiendas en un coche que aporta también esta asociación de comerciantes.

El segundo premio correspondió a Fernando Montero Vázquez y consiste en un crucero por el Mediterráneo para dos personas. El tercero, que consiguió Carmen Seoane Lamas, fue un ciclomotor Piaggio zip 50.

El sorteo, que se desarrolló en la Sala 600 de Melide, tuvo como colofón una gran fiesta para las cientos de personas que acudieron a este acto. También participaron en los festejos tres conocidos melidenses: el humorista Xurxo Otero, el cantante Manuel de Andrade, y la joven artista Patricia Méndez Asorey. La extracción de las papeletas premiadas de las setenta y una urnas correspondientes al número de establecimientos del Centro Comercial Aberto de Melide corrió a cargo de los actores Víctor Fábregas y Roberto Vilar, más conocidos como Los Tonechos.

No quisieron faltar a este acto la alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez, ni la concejala de Cultura e Deportes, Chus López. Todos disfrutaron de una inolvidable velada en la que no faltaron las risas, el buen humor ni los nervios. La música completó una noche llena de emociones.

Iso si, xa poderían ter amañado o concurso para que me tocase a min algo… ó final, o de ter un parente nun sorteo non vai servir para nada. ¡Mecachis!

Luns, 22 de Xaneiro de 2007

Apoia ó PuntoGal

Asamblea fundacional da Asociación PuntoGal

A páxina web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.

Banner do PuntoGal

Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón ‘Anotarse‘, que se atopa dento da sección de ‘Apoios Individuais’, aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.
En poucos días xa se acadaron varias ducias de apoios individuais, pero temos que acadar que se sume máis xente que ó Xabarín Club ;)
Eu xa asinei, ¿a qué agardas ti?

Xoves, 18 de Xaneiro de 2007

A filla de Blas na Galega

Paula de Boiro en La VozOnte fun a almorzar á Churrasquita e puxeron a nova dunha rapaza de 8 anos que tiñan un blogue, o que me sorprendeu (coidaba que ían falar do blog de María Amelia), pero que agora me parece algo imperdoable, xa que tiña que recoñecer de lonxe a esa cativa, xa que era a filla de Blas García, que estreou blogue o Día de Reis.
La Voz non dubida en afirmar que Paula García é a blogueira máis nova de Galicia, o que supoño que será certo, pois coido que hai poucas cativas de tal idade que estean afeitas non a utilizar ordenadores e navegar, senón a escribir relatos de certa lonxitude. Agardemos que Paula de Boiro conserve o seu interese na Rede coma unha ferramenta de comunicación que lle permita relacionarse mellor coas súas amigas, así como que faga moitas amizadas a través da Internet.
Non podo evitar a tentación de comentar que durante o vídeo do TX da Galega alguén tecleou blogespot en vez de blogspot na barra de enderezos do navegador, o que se ve que foi un despiste que puido confundir a algún usuario podería querer visitar a exemplar bitácora hospedada en pauladeboiro.blogspot.com. Podedes comprobalo a continuación:

Mércores, 17 de Xaneiro de 2007

Edilberto Alonso lembra a Cela no cabodano do seu pasamento

Camilo José CelaO 17 de xaneiro de 2002, o trobador curtiense Edilberto Alonso conectouse á Rede para ver na web da Voz a nova do pasamento de Camilo José Cela, o que afectou á sensibilidade de Edilberto, inspirándolle unha canción, Las campanas de Iria Flavia dedicada ó autor de Mazurca para dos muertos.
Esta sería unha das primeiras composicións do noso benquerido Edilberto Alonso, que se introduciu na lírica provenzal cun planh (cántico trobadoresco a xeito de lamento, típico nos funerais).
Ademais, Edilberto Alonso tamén contactou con Camilo José Cela Conde para consultar se o tema da composición era do seu agrado (acadando o seu prace, e desexando éxito ó trobador galego máis popular da Internet). Aquelas datas tamén foron as que levaron a unha especial entrega do programa Encontros da TVG (dirixido por Pemón Bouzas) onde Chefi Vázquez presentou a Edilberto anunciando a parte lírica da canción, que finalmente se puido ver interpretada no interior dunha choza celta no documental Europeos: Destinos cruzados dirixido por Senén Bernárdez.
Para os que non puidemos ver tal impagable documento audiovisual, Edilberto agasállanos cunha versión renovada da canción (con referenzas a eventos coma o falecemento de Rosario Conde) que finalmente puido gravar:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

ACTUALIZACIÓN: Na canle cultural de Vieiros falan sobre o novo tema de Edilberto.

Martes, 16 de Xaneiro de 2007

Póntelo, pónselo

Os Skins son condóns para móbiles¿Quén o ía a dicir? Xa hai un tempo que se veñen a vender pola Rede, pero no CES deste ano amosaron ó grande público unha solución para protexer ós teléfonos móbiles de agresións externas como a auga, a neve, a lama, o sangue, a pintura… ou sexa, para que nos entendamos: ¡condóns para móbiles!
Os novos complementos para móbiles responden ó nome Skins, e incluso teñen unhas instruccións de uso que semellan moito ó dos profilácticos máis tradicionais:
Cómo pór os Skins no móbil

Véndense en caixas de 3 unidades a uns 5 euros o paquete, mentres que se promocionan cunhas imaxes bastante rechamantes:
Na piscinaCon lamaCoa pinturaCoa auga

Iso si, á xente de The Inquirer xa lles rompeu un dos condóns ó intentar poñelo nun Blackberry, ó que me lembra a unha clásica animación do Forrito Arjona:
Ver animación ▼

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero