Tendas electrónicas de gadgets varios
O venres saín un momentiño en Zapping (e incluso se me apagou misteriosamente o móbil ó comezo, por ter pouca batería) e aproveitei que falta pouco para a Noite de Reis para recomendar tendas onde porder mercar agasallos tecnolóxicos. Podedes escoitar o programa íntegro aquí:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Vou facer unha escolma con algunhas cousas das que podedes tomar nota para o futuro, xa que normalmente teñen cacharriños que non hai nas tendas de aquí, e así é doado sorprender á xente. Comezamos:
Ziclotech:
- Papel hixiénico Sudoku
- Helicóptero teledirixido cunha precisión de voo que o flipas
- Xogo Casca Chupitos, moi entretidos para as festas/botellóns
- Coche teledirixido Hummer, que é capaz de subir polas paredes
- O seu produto estrela deste ano son os cadelos-bolso:

A tenda é realmente alucinante. Cando fas un pedido chámante por teléfono ó momento para concretar o enderezo de envío e en menos de 48 horas tes o produto na casa.
Firebox:
- Panza cerveceira
- MoPods para pendurar no móbil
- Phobile para converter un móbil nun teléfono cutre-doméstico
- Regaletes:
- Futbolín de escritorio
- Billar de escritorio
- Bonecos Geyperman recomendados para gais segundo comentarion Txury e Antón
Tecnoregalos:
- Máquina de peidos por control remoto
- Bola do mundo por levitación magnética
- Saco de boxeo hinchable
- Sistema de decoración luminosa Laserpod
- Visto en pantalla:
Hammacher:
Como se pode ver, hai moito onde elixir. Deste xeito é doado ter un par de referencias onde atopar cousas sorprendentes, que permitan quedar ben con frikis á hora de facerlles un agasallo.




2 comentarios realizados
1. Carlos escrito o 7 de Marzo de 2007 ás 12:36
Hola,
Quizá te interese añadir a tu lista de páginas de regalos tecnológicos novedosos nuestra nueva página http://www.planetapluton.com, creo que tenemos una selección de productos muy chula y además somos una empresa gallega!
Saludos
Carlos
2. Marcus escrito o 7 de Marzo de 2007 ás 13:57
Carlos, teneis la Cooper Cooler, por lo que os mereceis un artículo entero para los próximos días. Gracias por comentar la existencia de vuestra tienda virtual.