¿Qué superheroe serías ti?
De ser un superheroe, ¿cal elixirías? Seguro que tes un favorito pero, ¿cal serías en realidade? Un test on-line coñecido coma Which Superhero are you? dache a resposta, aínda que eu non concordo cos meus resultados:
You are Superman
|
You are mild-mannered, good, strong and you love to help others. ![]() |
Digamos que eu sempre gustei máis de Batman ou Green Lantern (que foi o que lle tocou a Michael Arlington de Techcrunch) que de Superman, e tampouco me identifico co seu espírito puritano e co rollo ese do modo de vida americano.
¿Cales son os vosos resultados? ¿Algún simpático? Supoño que non dará cousas raras, xa que imaxino que personaxes frikis coma L-Ron ou G’nort non estarán na base de datos do cuestionario.





11 comentarios realizados
1. W. Sobchak escrito o 31 de Decembro de 2006 ás 12:05
Se na base de datos nom esta Superlopez nom é um test nada cientifico…
2. Marcus escrito o 31 de Decembro de 2006 ás 12:53
Sobchak, non só falta Superlópez, senón que tampouco está Batmiúdo
3. Laura escrito o 31 de Decembro de 2006 ás 15:02
Pois eu son Catwoman seica, interesante…
4. Manuls escrito o 31 de Decembro de 2006 ás 16:07
A min saiume Green Lantern, de segundo Falsh e terceiro Spiderman. Eu quería ser este último
5. Galiciandreamer escrito o 31 de Decembro de 2006 ás 16:30
Pfff sáeme Hulk. Nada, nada, eu Spiderman de toda a vida
(moi bos os agasallos frikis, moitas grazas)
Feliz ano!
6. Fer escrito o 1 de Xaneiro de 2007 ás 14:29
Se nom sae o Dr. Strange eu nom fago o teste…
(Bom, vale.. Lanterna Verde…)
7. Marcus escrito o 1 de Xaneiro de 2007 ás 16:01
Vaia, pois ó final vai ser que moitas persoas gustan dos cacharriños e así Green Lantern acaba impóndose.
Supoño que tampouco ninguén se considerou alcohólico como para aparecer reflectido coma Iron Man…
8. Travis Bickle escrito o 2 de Xaneiro de 2007 ás 16:28
A min saiume Green Lantern de primeiro e Hulk de segundo , non podo estar mais contento.
9. manuel porto vazquez escrito o 14 de Xaneiro de 2007 ás 18:28
Como te va meu,
Son un bloggero, que ten o seu blog en http://www.manuelporto.blogspot.com e gustariame formar parte da tua familia facendome un enlace o meu blog. Eu si te parece ben voy a enlazar o teu blog no meu.
O meu blog vai de politica, deportes, tecnoloxia e grupos marxinais.
Unha aperta
Manuel porto
10. Marcus escrito o 14 de Xaneiro de 2007 ás 19:42
Manuel, non coñecía o teu blog, pero sempre está ben coñecer a máis galegos na Rede. Un saúdo e benvido ó meu blogroll.
11. :: caminhos cruzados » E tu, quê super-herói (americano) és? escrito o 3 de Agosto de 2007 ás 22:05
[...] Vós também podeis fazer o vosso teste aqui. Não esqueçais comentar-me o resultado! . . . . . VIA: Marcus. Fluxo RSS de ‘Caminhos Cruzados’ / http://caminhos.gzpt.org [...]