Altofalantes en bonecos de veludo
Os tempos no que as cadeas de música tiñan uns enormes altofalantes en caixas de madeira para dar un son de alta calidade parecen quedar atrás, e agora se mira máis a potencia e o deseño destes dispositivos, aínda que poden chegar a un nivel case absurdo, como a súa integración en bonecos de veludo.
Os xaponeses veñen de lanzar un bonecos de Stitch e Winnie the Pooh que integran uns altofalantes nos pés dos personaxes e que se poden conectar ó portátil ou ó noso reprodutor multimedia preferido, alimentándose tanto a través de corrente ou mesmo dun porto USB.

Véndenos a 4.725 ines (30,24 euros) e admito que o de Sitch me parece chulo, pero unha cousa é gustar dun boneco e outra ben diferente é que guste do mesmo coma altofalante. ¿Están tolos estes nipóns?

O Winnie sempre me lembra a anécdota de meu irmán sobre o nome que lle puxeron os cativos ó peixe que tiñan na súa clase (Hijo de Pooh).

O pasado domingo estiven por Toys’R'Us e Carrefour mirando xoguetes, e atopei a un compañeiro que me levou ata unha estantería para ver o que considerou a meirande frikada do ano: Mi primer tren AVE. A cousa non só é curiosa, senón que incluso era cutre, pois custaba uns 24 euros e parecía que toda a maqueta estaba feita de cartón ou algo igual de chungo, polo que cando esta semana vin 

aquí vai unha 





