Martes, 26 de Decembro de 2006

5 cousas

Leva uns días circulando pola blogosfera un meme no que a xente se dedica a contar 5 cousas que normalmente non comenta no blog, e Catuxa xa me liou para seguir o conto:

  • Nacín en Santiago de Compostela, onde vivín ata os 6 anos. Crieime en Melide e estudiei (e vivo actualmente) na Coruña. Tamén veraneaba de cativo en Rianxo, polo que autodefinirme coma coruñés ou melidense non resulta moi axeitado. Coido que con galego a definición sería máis atinada
  • Odio os touros: cando era pequeno e sentaba diante do televisor co bocadillo de Nocilla e en vez de Barrio Sésamo emitían touros quedaba sempre indignado (especialmente porque non avisaban do cambio de programación)
  • Odio o fútbol: polo mesmo moito que o anterior, engadindo que é un deporte que monopoliza a sección de deportes dos informativos e as tardes/noites dos domingos
  • O meu primeiro ordenador foi un ZX Spectrum +2 (o gris con cassette), que me regalaron cando me operaron da vesícula biliar en febreiro de 1987, ano que casualmente sería o do xurdimento dos ordenadores de 8 bits en España (en grande medida porque ERBE baixara os prezos dos xogos de unhas 2.500 pesetas a 875).
  • A partires do Mortadelo e os Superhumores pasei a Spider-Man e logo a Batman e Superman (na etapa de Crisis en Tierras Infinitas), e dende aqueles tempos continúo a ler comics ata xuntar unha colección que ocupa toda unha parede do meu dormitorio en Melide (a miña nai mandou que me fixeran un moble para gardar tanta cousiña como tiña). Para min a colección non é moi grande, pero para o que non sexa friki

Tamén podería falar do cine que me gusta, os dos programas de televisión e radio, pero iso xa son temas que trato moi por aquí, así que é doado coñecer os meus gustos (aínda que teño pendente facer unha listaxe coas miñas películas en DVD favoritas).
Aproveito a ocasión para invitar ós que teñan o seu blogue que continúen este meme e, ós que non o teñan, que fagan o propio nos comentarios.

Se non respectan á túa música favorita, cambia de altofalantes

En Dinamarca veñen de lanzar unha campaña para os altofalantes de alta fidelidade de Klubben co argumento de que non distorsionan a túa música favorita:
JacksonKissMadonnaZZ Top
¿Algo vai mal cos teus artistas favoritos? ¡Pois cambia de equipo de música!“. As imaxes son impactantes e a mensaxe é clara. Iso si, continuará a haber xente que pense que o que importa nuns altofalantes son os vatios de potencia, mentres que a forma e o material lles parecen elementos estéticos :(

Domingo, 24 de Decembro de 2006

Edilberto Alonso homenaxea ó seu pai cunha canción

Hoxe é o 37º cabodano de Edilberto Alonso Crespo, pai do noso trovador curtiense favorito, que decidiu lembrar ó seu proxenitor condando a súa biografía, de xeito que deixa constancia da súa evolución persoal (medrando de criado a amo).
To My Daddy - Edilberto Alonso
Esta nova canción, que chega dende Irlanda, non esquece detalles que identificarán persoas que non están tan lonxe, como a Ponte do Sapo en Vilasantar, ou o vello camiño de Curtis a Arzúa. Estar na lonxanía non afasta a Edilberto da súa terra, nin dos seus recordos.
Velaquí tendes a homenaxe de Edilberto Alonso a seu pai:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Edilberto pediume que puxese xunto á canción, a tradución do que di ó final da mesma, para os que non saiban inglés:

Daddy oh my poor Dady i still missed you ( Papae oh meu papae todavia te boto de menos )
Daddy oh my poor daddy I love you more than anything ( Papae oh meu pobre papae queroche mais que a nada no mundo )

Agradecemos dende aquí a Edilberto o remitirnos esta súa nova canción (tamén incluída no Edilberto Player), que agardamos que reciban con agarimo tódolos habitantes de Curtis, e que lles faga lembrar os vellos tempos con morriña e un pouco da ledicia que tanto se agradece nestas datas tan sinaladas.

A simplicidade dos Mac

Si, maqueiros, en moitas cousas tedes razón. En verdade é certo que un Mac xa vén listo para o seu uso, como se pode ver neste vello vídeo:
Aínda así, eso mesmo tamén se podería aplicar á cutre Intel DOT.Station que en España se coñece comunmente por Paquito e que só custa uns 100 euros. Non quero dicir que os iMac sexan tan cutres, senón que hai opcións máis económicas que Apple e HP, que poderían servir a moitos usuarios (un dos motivos polo que non vexo claro o proxecto de Negroponte para darlle portátiles de 140 dólares ós nenos do Terceiro Mundo, xa que é posible aquirir ordenadores de verdade por tal prezo en eBay).
Así pois, tras recoñecer o ben que o fan os de Apple cos seus equipos o que habería que pedir é que os fabricantes de PC se puxesen as pilas para non tolear ós seus usuarios. ¿Por qué ten que ser máis complicado comezar a usar un ordenador de sobremesa que un portátil? Aí queda iso.

Grindhouse: sesión dobre con Tarantino e Rodríguez

Tras colaborar en Abierto hasta el amanecer, Quentin Tarantino e Robert Rodríguez volven a facer unha película a medias, baixo o título de Grindhouse, pero que, en realidade, se trata dunha sesión dobre con dúas películas diferentes:
Portadas de Grindhouse
-Planet Terror (de Rodríguez)
-Death Proof (de Tarantino)

O trailer oficial é impresionante:

Aínda que o trailer anterior era máis friki:

Se xa había moitas películas interesantes para 2007, agora hai outra máis, e podedes ver os carteis promocionais da mesma en Volatilis. ¿A que ten boa pinta? Dentro do xénero, claro… para empezar ¡xa resucitan as sesións dobres!

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios