Martes, 26 de Decembro de 2006

5 cousas

Leva uns días circulando pola blogosfera un meme no que a xente se dedica a contar 5 cousas que normalmente non comenta no blog, e Catuxa xa me liou para seguir o conto:

  • Nacín en Santiago de Compostela, onde vivín ata os 6 anos. Crieime en Melide e estudiei (e vivo actualmente) na Coruña. Tamén veraneaba de cativo en Rianxo, polo que autodefinirme coma coruñés ou melidense non resulta moi axeitado. Coido que con galego a definición sería máis atinada
  • Odio os touros: cando era pequeno e sentaba diante do televisor co bocadillo de Nocilla e en vez de Barrio Sésamo emitían touros quedaba sempre indignado (especialmente porque non avisaban do cambio de programación)
  • Odio o fútbol: polo mesmo moito que o anterior, engadindo que é un deporte que monopoliza a sección de deportes dos informativos e as tardes/noites dos domingos
  • O meu primeiro ordenador foi un ZX Spectrum +2 (o gris con cassette), que me regalaron cando me operaron da vesícula biliar en febreiro de 1987, ano que casualmente sería o do xurdimento dos ordenadores de 8 bits en España (en grande medida porque ERBE baixara os prezos dos xogos de unhas 2.500 pesetas a 875).
  • A partires do Mortadelo e os Superhumores pasei a Spider-Man e logo a Batman e Superman (na etapa de Crisis en Tierras Infinitas), e dende aqueles tempos continúo a ler comics ata xuntar unha colección que ocupa toda unha parede do meu dormitorio en Melide (a miña nai mandou que me fixeran un moble para gardar tanta cousiña como tiña). Para min a colección non é moi grande, pero para o que non sexa friki

Tamén podería falar do cine que me gusta, os dos programas de televisión e radio, pero iso xa son temas que trato moi por aquí, así que é doado coñecer os meus gustos (aínda que teño pendente facer unha listaxe coas miñas películas en DVD favoritas).
Aproveito a ocasión para invitar ós que teñan o seu blogue que continúen este meme e, ós que non o teñan, que fagan o propio nos comentarios.

7 comentarios realizados

a gravatar

1. el podcastero enmascarado escrito o 26 de Decembro de 2006 ás 20:29

Veña! veña… queremos os trapos sucios.

-De neno vivin nunha factoría baleeira. E comía carne de balea con bastante frecuencia. Ñam Ñam!!

-Vivin o Casón (en Cee), o Mar Egeo (na Coruña) e o Prestige (da igual donde estiveras). Lembro algún mais, coma o barco que perdeu parte da carga (caramelos) e durante meses os nenos escapaban no recreo a coller chuches pola ribeira de Cee.

-O meu primeiro ordenador foi un Spectrum+ (1984-93, regaleino e morreu). Logo un Amiga 1200 (1993, ainda o conservo, e alucino con el). Logo un Mac/PC (1995-03, regaleino e inda vive). Logo un iMac G4 (2003-actualidade). Logo virá outro iMac (futuro predecible)

-Acabei EGB sabendo programar en BASIC e Assembler (codigo máquina do z80). Por desgracia, sigo sabendo iso, non evolucionei muito mais. ¡Que volva o basic Sinclair!

-Repetin primeiro de EGB, moitos anos mais tarde entereime que había unha cousa chamada dislexia. Pero claro os profesores no 1981 non sabian de tal cousa.

a gravatar

2. a piramide escrito o 26 de Decembro de 2006 ás 23:48

Á Pirámide prácelle continuar con isto das 5 cousas, e sendo como é un “colectiblog” as cousas “non oficiais” a contar tamén serán colectivas. Permítenos, Marcus, que o fagamos aquí por mor de non deixar demasiadas pistas diante da nosa casa.
1- A pirámide somos un grupo de traballador@s da Xunta en Compostela.
2- Aínda que o grupo está formado por unhas 9 ou 10 persoas, actualmente só dúas están a publicar habitualmente no blog.
3- O 90% da Pirámide traballou nas súa orixes en certo departamento da Xunta que ascendeu de categoría co bipartito pero que segue a ser “colista” para desgraza do noso país.
4- Certo membr@ do grupo presume de mangarlle a bola do rato do ordenador a un xefe de servizo relacionado coa familia Fraga. Non existen probas concluíntes da autoría pero a reacción do xefe foi digna de colgar no Tubo.
5- Ninguén de nós pasa de xefe de negociado (que ven sendo máis pouco cá moito) o que nos quita capacidade adquisitiva (hainos que non chegan nin a “mileuristas”) pero nos engade máis capacidade crítica que non chegamos a usar tanto como deberiamos.

a gravatar

3. Marcus escrito o 27 de Decembro de 2006 ás 1:52

Ai, ai, que risa, xentiña da Pirámide, porque o das bolas do rato lémbrame ós tempos da Facultade, cando había moita xente que mangaba as bolas pesadas dos ratos da FIC para mellorar os seus ratos domésticos. Dende que os ratos son ópticos a cousa cambiou para mellor.
E o de non chegar a mileurista coido que non é só unha condición de moitos dos blogueiros galegos… senón dos galegos en xeral. Unha mágoa…
Iso si, encantado de saber algo máis desa Pirámide tan interesante que de seguro rematará por converterse nun deses misterios de Íker Jiménez (ou de Carmen Chao) ;)

a gravatar

4. Intramuros » 5 Cousas escrito o 27 de Decembro de 2006 ás 18:30

[...] Adheriendome al meme propagado en el blog de Marcus, me dispongo a escribir 5 cosas sobre mi que no había comentado en el blog. Siguiendo el “espiritu intramuros”, descubriré cinco realidades (sub)culturalmente incorrectas de mi persona: [...]

a gravatar

5. Trvis Bickle escrito o 29 de Decembro de 2006 ás 16:24

Como pasa o tempo, no 2007 ti e meu irmán cumplides 20 anos de comics e videoxogos (¿uniraste o seu intento de atopar o mellor destes 20 anos?).

a gravatar

6. Marcus escrito o 29 de Decembro de 2006 ás 16:54

Travis, pois vas ter razón. Terei que mirar de facer unha especie de Top 10 do que máis gustei no mundo do cómic nestes 20 anos… se cadra o fago nesta fin de semana. Grazas pola proposta (e coido que vou coincidir pouco con Javi).

a gravatar

7. Intramuros escrito o 29 de Decembro de 2006 ás 18:47

Pues si haceis el top “Ultimos Veinte Años” yo me apunto, pero habrá que poner categorías o rangos de edad, porque, por ejemplo, yo de pequeño flipaba con Indiana Jones, pero ahora no lo pongo en un top ni de coña (bueno, de coña si).

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero