Domingo, 31 de Decembro de 2006

¿Qué superheroe serías ti?

De ser un superheroe, ¿cal elixirías? Seguro que tes un favorito pero, ¿cal serías en realidade? Un test on-line coñecido coma Which Superhero are you? dache a resposta, aínda que eu non concordo cos meus resultados:

You are Superman

Superman
65%
Hulk
60%
Spider-Man
55%
Robin
42%
Supergirl
40%
Catwoman
40%
Green Lantern
35%
Batman
35%
Iron Man
30%
The Flash
30%
Wonder Woman
15%
You are mild-mannered, good,
strong and you love to help others.

Digamos que eu sempre gustei máis de Batman ou Green Lantern (que foi o que lle tocou a Michael Arlington de Techcrunch) que de Superman, e tampouco me identifico co seu espírito puritano e co rollo ese do modo de vida americano.

¿Cales son os vosos resultados? ¿Algún simpático? Supoño que non dará cousas raras, xa que imaxino que personaxes frikis coma L-Ron ou G’nort non estarán na base de datos do cuestionario.

Sábado, 30 de Decembro de 2006

Aforcar a Saddam

Nos pasados días dende GSN.com publicaron unha versión do xogo do aforcado con Ṣaddām Ḥusayn Abd al-Maŷīd al-Takrītī (Saddam Hussein) como vítima:
Ver xogo ▼

Agora os internautas xa non se poden adiantar ó que fixeron os iraquianos axustizando ó seu anterior ditador:

ACTUALIZACIÓN: Parece que a xente de GSN eliminou o xogo da súa web (¿exceso de éxito?).

Tendas electrónicas de gadgets varios

O venres saín un momentiño en Zapping (e incluso se me apagou misteriosamente o móbil ó comezo, por ter pouca batería) e aproveitei que falta pouco para a Noite de Reis para recomendar tendas onde porder mercar agasallos tecnolóxicos. Podedes escoitar o programa íntegro aquí:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Vou facer unha escolma con algunhas cousas das que podedes tomar nota para o futuro, xa que normalmente teñen cacharriños que non hai nas tendas de aquí, e así é doado sorprender á xente. Comezamos:

Como se pode ver, hai moito onde elixir. Deste xeito é doado ter un par de referencias onde atopar cousas sorprendentes, que permitan quedar ben con frikis á hora de facerlles un agasallo.

Venres, 29 de Decembro de 2006

Sillas ergonómicas

Acaban de publicar en CrunchGear un artigo sobre as sillas ergonómicas e mirei os modelos de sillas dos que falan no texto para ver se recoñecía algunha ¡et voilà! Esta mesma tarde amoráronme unhas sillas coma esta:
Silla Mirra de Herman Miller
Co engadido de que tiñan reposacabezas.
De tódolos xeitos, sorprendeume que, tras falarme do marabillosas que eran as sillas engadiran o comentario de que custaban uns mil euros e segundo o artigo antes mencionado, as sillas modelo Mirra de Herman Miller teñen un prezo que vai dende os 550 dólares… mentres que en España efectivamente parece que custan uns mil euros. ¿Cómo se pode xustificar tal diferenza de prezo? Porque no caso dos dispositivos electrónicos (coma os ordenadores) entendo que existen aranceis que incrementan o prezo en Europa con respecto dos EE.UU. pero, ¿cos mobles? ¿Non é un tanto absurdo?
Iso si, confirmo que a silla é impresionante, e estaría á altura dunha ponte de mando de calquera película de ciencia ficción. Unha mágoa que o prezo deste tipo de produtos non estea ó alcance da meirande parte das empresas, porque as costas e pescozos dos traballadores o agradecerían…

Mércores, 27 de Decembro de 2006

Leonor milinkitada

Como xa sospeitaba Pacha, os de Milinkito xa lanzaron a súa selección de retoques fotográficos baseados na fotografía de Leonor que a Casa Real mandou como felicitación de Nadal este ano. Entereime grazas a Chuza! e hai algunha imaxe en concreto da que gustei moito:
AraleBonecaCachondaLeonor de PlaymobilLeonor e JFKLeonor co Fary
Gustei do retoque de Arale (aínda que non estea ben feito) e a meirande parte son bastante paveros, aínda que o do Fary ¡sáese do mapa!

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios