O PSOE realiza un vídeo sobre a anterior tregua de ETA
Trala aparición dun polémico vídeo do PP, o PSOE contraataca co seu propio vídeo:
El PSOE retrata la tregua de Aznar
“La otra tregua, cómo actuó el PP cuando estaba en el Gobierno”. Con este título, el PSOE, a través de su televisión, www.psoetv.es, ha elaborado un vídeo de 16 minutos sobre el discurrir de la tregua de 1998 cuando gobernaba Aznar, que podrá verse desde hoy. Se han concatenado testimonios de la época de los gobernantes del PP, con rótulos de hechos relacionados con ETA al tiempo que transcurría la tregua. “He autorizado contactos con el entorno del movimiento vasco… de liberación”, anuncia Aznar. “No existe ningún preso vinculado a la organización ETA fuera de la Península”. Y continúa Aznar: “Todos los presos que había en las Islas han sido trasladados a la Península”. Aparece un rótulo con el dato de que se acercó a la Península a 135 presos de ETA y 200 fueron excarcelados. Otro cartel señala que se registraron durante la tregua 1.000 actos de violencia callejera y se robaron ocho toneladas de explosivos. Después habla Rajoy: “El Gobierno ha hecho un gesto, el Gobierno tiene la voluntad y el deseo de que llegue la paz”. El entonces secretario de Estado de Comunicación, Miguel Ángel Rodríguez dice: “No debe haber vencedores y vencidos”. El presidente navarro, Miguel Sanz, dijo en esa tregua: “Hoy, en esa generosidad Navarra va a estar”.
O adianto do mesmo é o que segue:
E tras ver isto eu pregunto: ¿quen atura 16 minutos de reportaxe cando os argumentos principais xa saen no trailer? Porque non se trata dun vídeo artístico, de aí que dubido que a xente vaia en masa a ver o vídeo completo, e as televisións limitaranse a pór fragmentos do trailer, pois son os momentos máis destacables.
Uff, menudo serán nas televisións, que o van pasar pipa falando do vídeo, para ben e para mal, pois non esquezamos que o vídeo chega nun mal momento, aínda que dan a impresión de que o importante é que se fale do asunto.
ACTUALIZACIÓN: O vídeo íntegro é este:






4 comentarios realizados
1. Isra de malo será escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:54
Ese marcus!!
Vinche na telegaita polo tema do .gal.
Dádelle duro ó tema, por un dominio galego!
2. José Manuel Lage escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 11:19
Imos ver o que depara o video. Haberá opinións para tódolos gustos, o que é incontestable é que o PP está a facer do terrorismo un tema de debate político, o que non pasou nunca na historia recente da democracia española….. bueno …nunca non…. no ano 1995 e 1996 tamén Aznar fixo o mesmo …. e tamén Pedro J. e tamén Jiménez Losantos…. iso sí despois cando chegaron ó goberno excarcelaron presos… con Ortega Lara secuestrado…. en fin… unha pena ter que confrontar por este asunto… pero entendo que o PSOE coma partido non debe quedarse calado diante da actitude do PP. Cando eles sí negociaron con ETA e lle chamaban Movimiento Vasco de Liberación….hai que ter cara!
3. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 11:28
Isra, continuaremos a meter caña co PuntoGal para ver se é unha realidade para 2008, e así esta web pódese converter en Marcus.gal.
Lage, como ben dis, despois de perlas coma o do “movemento vasco de liberación” xa non poden andar a dicir que non se pode falar de “guerra” ou cousas polo estilo. O PP está a ter unha política demasiado inmobilista, pero non sei se un vídeo é o mellor xeito de rebatela. Coido que a xente ten a suficiente memoria como para lembrar o que facía o PP cando estaba no Goberno, pois non hai que esquecer que as eleccións xerais non as gañou o PSOE, senón que as perdeu o PP a pulso.
4. lauren escrito o 28 de Novembro de 2006 ás 13:28
Marcus,vista a cara que poñen certas persoaxes que coñezo perteñecentes as novas xeración do pp, non teño tan claro que se lembren do acontecido no 98, a memoría selectiva, as veces xogalles malas pasadas.Eu penso que TODOS, deberiamos calar a boquiña, deixar traballar o presidente do goberno, posto que é el que asume no seu cargo a dirección da política antiterrorista, consecuentemente tamén será el o que perda o seu prestixo ou pola contra quen se poña as medallas oportunas se consegue a Paz (incluso se escoitou un posible nomeamento o novel da paz),Non quero ser demasiado propagandistico pero creo que o maior obstaculo que ten Zp é o partido popular e a Avt, recordemos que ás victimas hai que respetalas, polo feito que ten adquirir esa situación, pero tamén estas teñen una visión polarizada (e comprensiblee) da realidade, é o presidente ten que gobernar pensando nos 40.millons de españois, e non deixar que as victimas dirixan o proceso, mais lamentable é se cabe, estalas nomeando continuamente no parlamento utilizandoas coma marionetas con único fin de derrotar o psoe e paradoxicamente que fracase o proceso de paz, e consecuentemente aumentala lista das victimas.