Sábado, 18 de Novembro de 2006

O vídeo do PP

Estes días non paran de falar na radio dun vídeo do PP en adianto da súa Conferencia Política sobre Seguridade:

El Partido Popular celebrará una Conferencia Política sobre Seguridad bajo el lema “Más Seguridad, Más Convivencia” que tendrá lugar en el Palacio Municipal de Congresos de Madrid durante los días 17 y 18 de Noviembre.

Para satisfacer a curiosidade da xente, aquí o publico:
Agora ben, hai que recoñecer que parece ser toda unha torpeza que ninguén de peso supervisara o vídeo para que non se colara imaxes do Prat ou mesmo da etapa do Goberno de Aznar, porque esas pifias incluso provocaron que Zapatero fixese burla do vídeo.
Eu, como son rariño, admito que o que máis me molestou do vídeo é que os tíos que o fixeron non tiñan nin idea de cómo se fai un reescalado de imaxe, pois cando se traballa con vídeo entrelazado hai que desentrelazar antes de cambiar o tamaño da imaxe para que non escarallen as imaxes en movemento. Pero claro, esas cousas supoño que só molestarán ós frikis ;)

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 18 de Novembro de 2006 ás 14:22

é escandaloso que un partido “nacional” que se supon gobernará e xa gobernou na españa faga istas cousas. Moi mal teñen que ir as cousas dentro do PP pra ter que recurrir aistas tácticas de goebles.
Boa parte de isas imaxes xa se ten dito que eran de época de “asnar” e tamén de cando rajoy era ministro do interior.
O PP debería saber que boa parte dos seus votantes son xubilados, amas de casa, funcionarios.. xente maior acostumbrada a non chistar ao que din dende o poder. Herdeiros da dictadura franquista. Precisamente por iso debería ser máis coitado con istas cousas. Isa xente dinlle si á guerra de iraq e eles din si. Dinlle foi eta e eles o corean
En fin, na españa algún día haberá democracia e políticos competentes. Cando irmán lobo? uuuuuuuuuuuuyyyyyyyyyyy…

a gravatar

2. lauren escrito o 18 de Novembro de 2006 ás 14:42

Eu…buf…estou sen palabras…
Aparte de compartir os teus pensares completamente…Penso que os redactores,editores,grabadores,productores,impresores,etc.etc…podrían traballar nos sipsoms, pa facer os episodios de “rasca y pica”, ou para colaborar nalgún capitulo coma no que mostraban debuxos chinos que producían epilepsia.

a gravatar

3. Marcus escrito o 18 de Novembro de 2006 ás 20:03

Eu supoño que os do PP fixeron o vídeo para proxectalo durante a Conferencia Política, e non contaban con que saise nos medios e a debuxaran ata o punto de identificar as imaxes conflictivas, porque despois de meter tanta caña rematan con Zapatero facendo burla deles… mal rollito…
Coido que a xente que leva a imaxe do PP debería ter máis tino, pero alá eles co que fan.

a gravatar

4. marcus.es » O PSOE realiza un vídeo sobre a anterior tregua de ETA escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:48

[...] Trala aparición dun polémico vídeo do PP, o PSOE contraataca co seu propio vídeo: El PSOE retrata la tregua de Aznar “La otra tregua, cómo actuó el PP cuando estaba en el Gobierno”. Con este título, el PSOE, a través de su televisión, http://www.psoetv.es, ha elaborado un vídeo de 16 minutos sobre el discurrir de la tregua de 1998 cuando gobernaba Aznar, que podrá verse desde hoy. Se han concatenado testimonios de la época de los gobernantes del PP, con rótulos de hechos relacionados con ETA al tiempo que transcurría la tregua. “He autorizado contactos con el entorno del movimiento vasco… de liberación”, anuncia Aznar. “No existe ningún preso vinculado a la organización ETA fuera de la Península”. Y continúa Aznar: “Todos los presos que había en las Islas han sido trasladados a la Península”. Aparece un rótulo con el dato de que se acercó a la Península a 135 presos de ETA y 200 fueron excarcelados. Otro cartel señala que se registraron durante la tregua 1.000 actos de violencia callejera y se robaron ocho toneladas de explosivos. Después habla Rajoy: “El Gobierno ha hecho un gesto, el Gobierno tiene la voluntad y el deseo de que llegue la paz”. El entonces secretario de Estado de Comunicación, Miguel Ángel Rodríguez dice: “No debe haber vencedores y vencidos”. El presidente navarro, Miguel Sanz, dijo en esa tregua: “Hoy, en esa generosidad Navarra va a estar”. [...]

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero