Vaya Semanita
Estes días parece que non está a facer moita graza iso de que fagan humor coa tregua de ETA, pero eu a Vaya Semanita perdóolle todo:
Aínda que tamén saben facer rir falando de sexo ó estilo Íker Jiménez:
Os funcionarios non se salvan da queima:
E incluso chegan a imaxinar un xeito de sacar proveito empresarial das noites de farra:
Unha mágoa que en Galicia ata secuestran ós Galenecos de Galitoon. O único de humor que hai por aquí é o de Comando Zapping, e non dan a talla (entre outras cousas, porque os contidos non teñen ningún elemento de actualidade).




5 comentarios realizados
1. Suevo escrito o 29 de Novembro de 2006 ás 22:49
Marcus, pois non sabia nada dos “galenecos” pero parecenme moi boa idea, unha magoa que foran secuestrados
2. Marcus escrito o 29 de Novembro de 2006 ás 23:06
O dos Galenecos leva moito tempo aparcado, só que vén de saír á luz pública grazas a El País. Supoño que sería unha medida de presión para que dende certos cargos políticos non teñan bloqueados algúns contidos, pois Benigno Sánchez acaba de declarar que dimitiría antes de tolerar actos de censura, aínda que supoño que depende do que entendamos por censura. Parecen as típicas declaracións de acción->reacción, polo que igual temos sorte e 2007 nos sorprende cos guiñois galegos. Unha mágoa que Paco Vázquez (alias Rober DiNiro) estea fóra de Galicia nestes tempos, porque seguro que daría moito xogo.
3. Suevo escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 13:19
jaja Rober DiNiro que bueno
4. colazo escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 18:03
non me parece moi sinxela a cousa dos “galenecos” nun medio de comunicación público, e sobor de todo se se centra no político.
5. Marcus escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 19:31
Colazo, antes do Guiñol de Canal+/Cuatro xa había El Paridor Nacional en TVE1, no que se queimaban moitísimo co partido no Goberno (¡menudas risas co Narcís Serra!) sen problema, e non se lles botaban enriba. É cousa de ser tolerantes e non facer política dende un programa de humor.
A verdade é que facer humor cos políticos galegos é algo doado, e que xa se efectúa dende as tiras de prensa e o programa de radio Corre Carmela que chove polo que o salto á pequena pantalla debería ser evidente, e demoralo ata que exista outra televisión autonómica (como TeleVoz) sería agardar moito, pois non parece que sexan unha realidade ata despois de 2010.