Os puntos do carné
Franchi vén de mandarme a seguinte fotografía:

Agora a dúbida sería: ¿cantos puntos lle quitarían ó condutor por tal infracción de tráfico?
A verdade é que a pregunta é complexa, e eu sosteño que lle quitarían 3 puntos e o multarían por un máximo de 150 euros xa que o acompañante non leva casco homologado e non vai sentado a horcajadas (coas patas traseiras nos reposapés e as patas dianteiras nos asideiros correspondentes).
Pero reflexionando un pouco máis quedoume unha dúbida: ¿afectan os puntos ás licenzas de ciclomotor? E resulta que si, pois a expresión “carné por puntos” é o nome informal do “permiso por puntos” e non afecta só ós canés, aínda que non creo que lle fagan moito caso a tal, porque eu sigo a ver moitos coches sen carné en circulación, e eses conductores por normal xeral fan tantas infraccións que sería unha milagre que conservasen os puntos.




8 comentarios realizados
1. Suevo escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 12:35
Dependerá de se o can ten carnet ou non :DDDDD
Boísima foto marcus!
2. xOsse escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 12:57
Sería necesario clarar o concepto de acompañante ¿non? Eu penso que can non estaría dentro desa definición porque so se refire a persoas… ainda que o elefante do scenic sí leva o cinto posto.
3. goretoxo escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 13:03
cona! de onde sacahes esa foto??
esta tomada na Ronda Norte, aqui en Murcia…
jejeje
o que non pase aqui, non pasa en ningures.
4. Marcus escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 14:29
Goretoxo, eu flipei coa foto (mandouma un colega por e-mail, así que non coñezo a orixe) e non parece un retoque (falsear detalles coma os pelos do can sería complexo) polo que supoño que o moteiro será un friki de coidado, aínda que en Santa Cruz de Tenerife superaron a ousadía cunha cabra con casco.
xOsse, tes razón no detalle do acompañante, pero a verdade é que todos estamos seguros en que o conductor está a cometer unha infracción pero, ¿cal sería? ¿Conducción temeraria? ¿Non levar ó can nunha cesta homologada? E o asunto é que seguro que non o pillaron, porque ler a sentenza de tráfico tiña que ser tan gracioso como a clásica do adiantamento á unidade motorizada da Policía.
5. Galiciandreamer escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 16:14
Claro ahí está o tema. A coña do asunto é que as marcas de microcoches “sen carnet” publicítanse con campañas como “sin pérdida de puntos”, dunha maneira enganosa.
Saúdos.
6. Blas escrito o 30 de Novembro de 2006 ás 16:55
A foto é boísima. E o can un pasaxeiro estupendo porque vai agarrado e todo quietiño.
Un saúdo Marcus
7. lauren escrito o 1 de Decembro de 2006 ás 0:00
Ese individuo esta a cometer unha infracción penal e administrativa a vez,en contra a uns dos principios penales-procesales mais importantes ,(”Nadie puede ser condenado o sacionado dos veces por el mismo delito o infracción administrativa”,non bis in idem), no caso dos puntos SI O SANCIONARÍAN, é unha das pouquiñas excepcións, outra por exemplo pode ser cando un preso comete unha falta constitutiva a súa vez de infracción penal, neste caso o TS xustificao pola distinta natureza das sancions, no caso do carnet ainda non se pronunciaron, posiblemente anule a posibilidade do doble castigo.Administrativamente non teño nin idea dos puntos que lle quitarían, pero penalmente case que vai jodido,pode ser (tería que dicilo un xuiz), un delito contra o trafico por imprudencia temeraria en vehiculo a motor, con pena hasta dez anos de prision,e retirada do carnet de catro a oito anos.Bueno, corto o roio…Vale a pena o risco pq a foto mola,saudos
8. Rezznar escrito o 2 de Decembro de 2006 ás 15:54
jajajajaja que boa foto!!!